Guía de procedementos e servizos

VI431F

Programa Aluga: axuda ás persoas inquilinas afectadas por execucións hipotecarias.

Procedemento dirixido a: Cidadáns Empresas e profesionais

Pechado
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta resolución é convocar para o ano 2018, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas para o financiamento parcial da renda dos contratos de arrendamento formalizados no marco do Programa Aluga, dirixidas ao colectivo de persoas afectadas por execucións hipotecarias.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas integrantes de unidades familiares ou de convivencia afectadas por execucións hipotecarias e que reúnan os requisitos e as condicións sinalados no artigo 43.2 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184801

Fax: 981184860

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Fax: 982294624

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386271

Fax: 988386235

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De conformidade co establecido no artigo 45.3 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, as solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberanse presentar antes do día 10 do mes da data de efectos do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga. No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude deberase presentar antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do contrato ou, de ser o caso, da súa prórroga.

  • Xunto coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

    • a) Anexo II, de comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia, distintos da persoa solicitante.

Se as persoas integrantes da unidade de convivencia non presentan a declaración do imposto da renda das persoas físicas (en diante, IRPF), deberase achegar a declaración responsable de todos os ingresos da unidade familiar ou de convivencia, debidamente xustificada e referida ao último período impositivo co prazo de presentación vencido.

No caso de ingresos obtidos no estranxeiro, deberase achegar a copia da declaración similar presentada no estranxeiro, autenticada pola agregadoría laboral correspondente ou pola delegación consular en España e, de ser o caso, o certificado de correspondencia a euros do importe declarado.

  • b) Para o caso dunha solicitude de subvención por prórroga do contrato de arrendamento, deberanse achegar os xustificantes de pagamento dos últimos doce meses dos recibos de auga, electricidade e/ou gas.

  • c) Certificado acreditativo de discapacidade para o suposto de que o documento non deba ser expedido pola Xunta de Galicia, no caso de que a persoa solicitante, ou calquera das persoas que figuran no anexo II, faga constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante, así como das persoas que integran a unidade de convivencia que figuran no anexo II.

  • b) Certificado de empadroamento da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade de convivencia que figuran no anexo II.

  • c) Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a unidade de convivencia e que figuran no anexo II.

  • d) Certificado da renda (IRPF) da persoa solicitante, así como de todos os membros da unidade familiar ou de convivencia que figuran no anexo II, referida ao último período impositivo co prazo de presentación vencido.

  • e) Certificado do nivel de renda da persoa solicitante, así como de todos os membros da unidade familiar ou de convivencia que figuran no anexo II expedido pola AEAT correspondente ao último período impositivo co prazo de presentación vencido.

  • f) Certificado acreditativo de discapacidade para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, no caso de que a persoa solicitante, ou calquera das persoas que figuran no anexo II, faga constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.

2. No caso de que a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa representante ou os demais membros da unidade familiar se opoñan expresamente a estas consultas, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado na solicitude e no anexo II, respectivamente, e achegar os documentos correspondentes.

3. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A solicitude de concesión será realizada pola persoa titular do contrato de arrendamento mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, debidamente cuberto. Deberase dirixir á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.

  • As solicitudes presentarase preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • No modelo de solicitude, a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións:

a) Declaración de non ter solicitado ou obtido ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales.

b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida.

c) Declaración de que todos os datos da solicitude son certos.

d) Declaración responsable do cumprimento dos requisitos previstos no artigo 43.2 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, e na Orde do 16 de maio de 2013, que son:

– Ser titular dun contrato de arrendamento formalizado no marco do Programa Aluga.

– Ocupar a vivenda como domicilio habitual e permanente da unidade familiar ou de convivencia.

– Non ter relación de parentesco en primeiro ou segundo grao, por consanguinidade ou afinidade, coa persoa arrendadora ou, se é o caso, non ser socio ou partícipe da persoa xurídica que actúa como arrendadora.

– Ter uns ingresos anuais ponderados que non exceden 2,5 veces o IPREM.

– Non ser titular doutra vivenda, salvo as excepcións previstas na normativa vixente.

– Estar ao día no pagamento da renda mensual do alugamento e, no caso de solicitude de subvención por prórroga do contrato de arrendamento, non ter pendente de pagamento ningún recibo das subministracións básicas da vivenda, auga, electricidade e/ou gas.

– Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da citada lei, e coas previstas no Decreto 84/2010, do 27 de maio.

– Estar ao día nas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e non ser debedora por resolución de procedemento de reintegro de subvencións.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderá presentar en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Non obstante, as persoas interesadas tamén os poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Resolveranse no mesmo mes da súa presentación, agás nos supostos de solicitudes de subvención por prórroga do contrato de arrendamento, que se poderán resolver no mes seguinte ao da súa presentación, segundo o establecido no artigo 45.8 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 103 do 2 de xuño de 2010).

    • Corrección de errores.-Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 114 do 17 de xuño de 2010).

    • Orde do 16 de maio de 2013 pola que se determinan como colectivo de atención preferente con axudas excepcionais as persoas afectadas por execucións hipotecarias no marco do Programa Aluga (DOG nº 103 do 31 de maio de 2013).

    • Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2014).

    • Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas afectadas por execucións hipotecarias das vivendas arrendadas, no marco do Programa Aluga, no exercicio 2018 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2018)

    • Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI408O

Cualificación provisional para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59

VI408P

Cualificación definitiva para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59