Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI408N - Subvencións do programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI da Ribeira Sacra.
Obxecto
1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas no ámbito da ARI da Ribeira Sacra.(código de procedemento VI408N).
2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.
Bases reguladoras .
Resolución do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra (códigos de procedemento VI408L, VI408M e VI408N) (DOG nº 130 do 2 de xullo de 2020).
Actuacións subvencionables .
De conformidade co ordinal décimo primeiro das bases reguladoras serán subvencionables as actuacións que, contando con cualificación definitiva, tiveran por obxecto as obras seguintes:
a) As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecidos no citado artigo.
b) As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.
c) A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, a fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.
d) As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción, en substitución doutros previamente demolidos. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.
2. As actuacións deberán estar entre as comprendidas no catálogo de actuacións que figura como anexo II da Resolución pola que se aproban as bases reguladoras deste programa.
A quen vai dirixido?
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias das axudas desta convocatoria :
a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
b) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.
c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.
Obrigas das persoas e das entidades beneficiarias .
As persoas e as entidades beneficiarias terán as obrigas recollidas no ordinal trixésimo cuarto das bases reguladoras deste programa.
Requisitos
1. Para seren beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos puntos anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
2. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.
3. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogara algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.
4. No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprirse por parte de todos os seus membros.
5. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou de agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o importe dela, como o custo das obras, deba repercutir nas persoas propietarias e, se é o caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Secretaría Xeral do Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981
Órgano responsable
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra (códigos de procedemento VI408L, VI408M e VI408N) (DOG nº 130 do 2 de xullo de 2020).
Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (DOG nº 54 do 22 de marzo de 2021)
Extracto da Resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (DOG nº 54 do 22 de marzo de 2021)
Resolución do 5 de agosto de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do Programa da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para o ano 2021.(DOG nº 153 do 11 de agosto de 2021).
Ámbito Estatal
Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
23/03/2021 00:00 - 30/09/2021 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) e rematará o día 30 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Documentación para a presentación
Solicitudes e documentación complementaria .
1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo XI a esta resolución (código de procedemento VI408N). Deberá dirixirse á área provincial do Instituto Galego da Vivenda Solo (IGVS) onde estea situada a vivenda ou o edificio obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación.
2. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou da entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos.
b) Anexo XII (código de procedemento VI408N), de certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de quen representa a agrupación de persoas propietarias, no que se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural da ARI da Ribeira Sacra, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias, a agrupación de comunidades de persoas propietarias ou a agrupación de persoas propietarias.
c) Anexo XIII (código de procedemento VI408N), debidamente cuberto, no que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e dos locais do edificio, partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención.
d) Anexo XIV (código de procedemento VI408N), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante, no caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
e) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas cales concorra esa circunstancia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.
f) No caso de edificios ou vivendas declarados Ben de Interese Cultural (BIC), catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención, de ser o caso.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), de obrigas coa Seguridade Social e/ou coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, así como da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.
f) Certificación catastral de titularidade correspondentes á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.
g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas na que se van a levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso pola persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.
2. No caso de actuacións realizadas en vivendas unifamiliares ou de actuacións en interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva consultaranse ademais os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, de ser o caso.
b) Certificado da renda sobre as persoas físicas (IRPF) e nivel de renda da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
c) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS, da persoa solicitante así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
d) Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
e) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.
f) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas que concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lle é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.
g) Certificado de empadroamento da persoa propietaria promotora da actuación, para os efectos do cálculo da porcentaxe máxima do 75% do custo subvencionable da actuación.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta dos datos ou documentos elaborados polas administracións públicas, deberán facer constar a súa oposición expresa no recadro habilitado para os efectos nos anexos I, III e IV e, de ser o caso, achegar os documentos correspondentes.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas e ás entidades interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa ou entidade interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Anexos asociados
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo XI)
- Relación de persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación e renovación e interesadas na subvención (Anexo XIII)
- Declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante (Anexo XIV)
- Certificado da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias (Anexo XII)
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"