Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI408I
Subvencións do programa de infravivenda no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Por medio desta orde procédese á convocatoria destas subvencións para a anualidade 2016.
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes, situados no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, para que poidan axudar, con carácter urxente, as unidades de convivencia que habiten, en condición de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade. Así mesmo, estas subvencións tamén terán por obxecto permitir aos concellos rehabilitar edificacións ou vivendas do seu patrimonio municipal para destinalos a solucionar os problemas de residencia das unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta orde.
As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia non competitiva, de conformidade co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria que será publicada no Diario Oficial de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Ademais das recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, serán obrigas dos concellos beneficiarios as seguintes:
1. Executar as actuacións subvencionadas nas condicións e prazos indicados que consten na resolución de concesión.
2. Someterse ás comprobacións e inspección que o IGVS considere pertinentes ao longo do proceso de execución das actuacións.
3. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
4. Os concellos beneficiarios destas subvencións deberán acreditar documentalmente ao IGVS a efectividade dos pagamentos realizados nos prazos establecidos no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.
5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
6. Destinar a vivenda rehabilitada a solucionar os problemas de infravivenda durante un prazo non inferior a 5 anos, contados desde a finalización das obras, para o caso de que a edificación ou vivenda fose de propiedade municipal.
7. Deberán dar a axeitada publicidade de que as actuacións están subvencionadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través do IGVS.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Prazo de presentación: PECHADO
28/05/2016 00:00 - 30/11/2016 23:59
Comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e terminará cando se esgote a partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o 30 de novembro de 2016.
- Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Copia do DNI ou NIE do/da alcalde/sa ou persoa en quen delegue, para o suposto de non ter autorizado a súa consulta.
b) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, aceptando os termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se xunta á solicitude.
c) Para o suposto de que a vivenda sexa de titularidade privada, anexo II de autorización das persoas propietarias do inmoble, membros da unidade de convivencia, para que o concello execute as obras de rehabilitación, así como compromiso de dedicar a vivenda a domicilio habitual e permanente da unidade de convivencia durante o prazo non inferior a 3 anos, contados desde a finalización das obras.
d) Certificado da secretaría municipal en que se acredite que se cumpriu a obrigación recollida no artigo 7.2 desta orde.
e) Memoria relativa á infravivenda obxecto das actuacións. Esta memoria deberá conter a seguinte documentación:
Informe social sobre as circunstancias persoais, así como das económico-sociais de cada un dos membros da unidade de convivencia.
Informe asinado polo/a correspondente tecnico/a municipal relativo á localización da infravivenda no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, das súas características e do seu estado de deterioración. Este informe deberá ir acompañado dunha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou vivenda e dunha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.
Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución.
Informe do/a tecnico/a municipal de que as actuacións propostas cumpren coa lexislación vixente.
Informe municipal sobre o financiamento da actuación que xustifique a súa viabilidade.
Certificado do correspondente órgano do concello de que o nivel de renda da unidade de convivencia das persoas beneficiarias entra dentro dos criterios establecidos nesta orde.
Certificado da secretaría municipal en que se acredite que a edificación ou vivenda obxecto de rehabilitación e de titularidade municipal. Para o caso de que a edificación ou vivenda pertenza a algún dos membros da unidade de convivencia, deberase achegar documentación fidedigna que así o acredite.
A solicitude de concesión realizarase conforme o modelo que se incorpora como anexo I a esta orde, debidamente cuberta. Deberá dirixirse á área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo onde estea situada a edificación ou vivenda.
A solicitude unicamente poderá presentarse por vía electrónica, a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.es/chave365 ).
A documentación complementaria deberase presentar por vía electrónica, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro.
A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, o/a alcalde/sa ou a persoa en que este/a delegue.
O/a alcalde/sa ou persoa en quen delegue, para acreditar a súa identidade, poderá asinar a autorización ao IGVS para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que a desenvolve. Para o suposto de non ter autorizado a súa consulta, deberase xuntar a copia do seu correspondente DNI ou NIE.
No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:
a) Declaración das axudas solicitadas ou obtidas de calquera entidade pública ou privada ou, de ser o caso, declaración de que non se solicitaron ou obtiveron outras axudas para a mesma finalidade. No caso de que se solicitaran ou obtiveran outras axudas para a mesma finalidade, deberase indicar cales.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para a mesma finalidade.
c) Declaración de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas.
d) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.
e) Declaración de que todos os datos consignados na solicitude, así como os documentos que se acheguen son certos.
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de subvención por edificación ou vivenda a rehabilitar.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das entidades interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
- Solicitude
- Anexo II
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo III
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 4 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de infravivenda no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 100 do 27 de maio de 2016).
-
Corrección de erros. Orde do 4 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de infravivenda no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 109 do 9 de xuño de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.
Prazo aberto: 11/03/2025 00:00 - 10/04/2025 23:59
Creación de novos servizos de lectura.
Aberto todo o ano
Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago.
Prazo aberto: 19/02/2025 09:00 - 21/07/2025 14:00
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano