Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI406B
Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Esta resolución ten por obxecto convocar, para a anualidade 2019, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B), que poderán consistir en:
a) Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
b) Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.
Bases reguladoras.
As bases reguladoras das axudas do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas previstas nesta convocatoria están aprobadas pola Orde do 19 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 182, do 23 de setembro).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble. Non obstante, no caso de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias, só poderán ser beneficiarias as persoas que sexan membros da dita comunidade e en función da súa porcentaxe de participación nas obras.
No suposto de que unha vivenda ou edificio pertenza pro indiviso a varias persoas e as actuacións sexan promovidas por estas, só poderá ter a condición de beneficiaria destas axudas unha soa delas.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As persoas beneficiarias, ademais das obrigas recollidas no artigo 16 da Orde do 19 de setembro de 2016, deberán subministrar ao IGVS, logo de requirimento para o efecto, de conformidade co artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para ao cumprimento das obrigas previstas no título I da citada lei.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981/981541982/981957529
Fax: 981541927
Prazo de presentación: PECHADO
06/02/2019 00:00 - 15/10/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de outubro de 2019 e, respecto ás axudas económicas directas de subsidiación, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
- Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas propietarias de locais, agás os casos en que se pretenda a súa conversión en vivenda.
- Para acceder aos préstamos cualificados, os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non poderán ser superiores a 6,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (en diante, IPREM).
- Para acceder ás axudas económicas directas, os ingresos da unidade de convivencia non poderán ser superiores a 5,5 veces o IPREM.
- Para os efectos previstos nos números 3 e 4, o cómputo de ingresos da unidade de convivencia efectuarase na forma prevista no artigo 9 da Orde do 19 de setembro de 2016.
- Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, que está dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á Dirección Xeral do IGVS.
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presenten a súa solicitude presencialmente, serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentar, en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No modelo de solicitude a persoa ou entidade interesada realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de que a persoa ou entidade solicitante non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou obtida pola persoa ou entidade solicitante para a mesma finalidade.
c) Declaración de que todos os datos da solicitude son correctos.
Documentación complementaria.
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias.
b) Acta de constitución da comunidade de persoas propietarias, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
c) Certificado de quen exerza as funcións de secretario/a no cal se recolla o acordo de solicitar as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados, a relación de vivendas partícipes nas actuacións de rehabilitación, así como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias, conforme o modelo que se xunta a esta resolución como anexo II, no caso de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
d) Autorización das restantes persoas propietarias para a realización da actuación obxecto de rehabilitación, no suposto de que a vivenda ou edificio pertenza pro indiviso a varias persoas e as actuacións sexan promovidas por estas.
e) Anexo III de comprobación de datos das persoas partícipes no orzamento protexible das obras e das persoas membros das súas unidades de convivencia e declaracións responsables, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
f) Anexo IV de comprobación de datos das persoas membros das unidades de convivencia da persoa solicitante e declaracións responsables, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias.
g) Proxecto de execución das obras que se pretenden realizar, elaborado por técnico competente ou, de ser o caso, a memoria correspondente.
h) Licenza municipal ou comunicación previa ao concello, segundo proceda, e, de ser o caso, autorizacións sectoriais preceptivas.
i) Documento que acredite a propiedade ou a posesión do inmoble que se pretende rehabilitar, no caso de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias.
j) Autorización da persoa propietaria do inmoble para realizar as actuacións de rehabilitación, no suposto de solicitudes presentadas por persoas posuidoras.
k) Licenza de primeira ocupación, certificado de fin de obra ou calquera outro documento que acredite que a edificación ten unha antigüidade mínima de dez anos, no caso de obras consistentes no remate en edificios ou vivendas cuxos paramentos de fachada e/ou cubertas non estivesen finalizadas.
l) Certificado municipal en que conste que a edificación ou a vivenda foi habitada durante un mínimo de cinco anos, no caso de obras consistentes no remate en edificios ou vivendas cuxos paramentos de fachada e/ou cubertas non estivesen finalizados.
m) Certificación médica que acredite o embarazo da propietaria ou posuidora do inmoble e/ou dalgunha muller membro da unidade de convivencia no momento de presentar a solicitude de axudas financeiras, de ser o caso.
n) Certificado acreditativo da existencia dalgún proceso de adopción en trámite por parte da persoa propietaria ou posuidora do inmoble e/ou dalgunha persoa membro da unidade de convivencia no momento de presentar a solicitude de axudas financeiras, de ser o caso.
ñ) Certificado de discapacidade da persoa propietaria ou posuidora do inmoble e/ou das persoas membros da unidade de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia, de ser o caso e para o suposto de non ter sido expedido pola Xunta de Galicia.
o) Declaración responsable das persoas propietarias ou posuidoras do inmoble e/ou das persoas membros das súas unidades de convivencia dos ingresos obtidos, á cal se deberá xuntar, de ser o caso, o certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas en que estivese de alta no dito exercicio, certificado de pensións, prestacións periódicas, certificado do Inem e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario, para o suposto de que algunha desas persoas non estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente, sempre que non se modificasen as súas circunstancias. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
No suposto de que exista a imposibilidade material de obter o documento, a Dirección Técnica de Fomento do IGVS poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a súa acreditación por outros medios dos contidos a que se refire o documento.
Forma de presentación da documentación complementaria:
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a documentación complementaria electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que presentasen a documentación complementaria presencialmente, serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas físicas deberán presentar a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
As persoas ou as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
No caso de que os documentos que haxa que presentar superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, seguiranse para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou, de ser o caso, número de identificación fiscal (en diante, NIF) da persoa ou entidade solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
b) DNI ou NIE das persoas partícipes no orzamento protexible das obras, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
c) DNI ou NIE das persoas membros das unidades de convivencia das persoas propietarias ou posuidoras dos inmobles ou, de ser o caso, das persoas partícipes no orzamento protexible das obras.
d) Certificado da renda expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT) correspondente ao último período impositivo co prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
e) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT da persoa solicitante, no suposto de actuaciones non promovidas por comunidades de personas propietarias, ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
f) Certificados acreditativos de non ter débedas coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
g) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
h) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas membros da unidade de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo nos recadros correspondentes habilitados nos anexos I, III e IV e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos das persoas partícipes no orzamento protexible das obras e das persoas membros das súas unidades de convivencia e declaracións responsables (Anexo III)
- Solicitude (Anexo I)
- Comprobación de datos das persoas membros das unidades de convivencia da persoa solicitante e declaracións responsables, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias (Anexo IV)
- Certificado da comunidade de persoas propietarias (Anexo II)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación da axuda de subsidiación dos xuros do préstamo cualificado (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 11 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2019 (DOG nº 168 do 20 de agosto de 2020).
-
Orde do 19 se setembro de 2016 pola que se aproba o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas deste programa (DOG nº 182 do 23 de setembro de 2016).
-
Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se realiza a convocatoria pública, para a anualidade 2019, das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se realiza a convocatoria pública, para a anualidade 2019, das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2019).
-
Resolución do 23 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se procedeu á convocatoria pública, para a anualidade 2019, das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (DOG nº 23 de 7 de xaneiro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Subvencións do programa de infravivenda.
Prazo aberto: 27/01/2025 00:00 - 03/06/2025 23:59