Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI406B
Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Esta orde ten por obxecto convocar, para a anualidade 2018, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B), que poderán consistir en:
a) Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
b) Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.
As bases reguladoras das axudas do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas previstas nesta convocatoria están aprobadas pola Orde do 19 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 182, do 23 de setembro).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble. Non obstante, no caso de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias só poderán ser beneficiarias as persoas que sexan membros da dita comunidade e en función da súa porcentaxe de participación nas obras.
No suposto de que unha vivenda ou edificio pertenza pro indiviso a varias persoas, e as actuacións sexan promovidas por estas, só poderá ter a condición de beneficiaria destas axudas unha soa delas.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As persoas beneficiarias, ademais das obrigas recollidas no artigo 16 da Orde do 19 de setembro de 2016, deberán subministrar ao IGVS, previo requirimento para o efecto, de conformidade co artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas no título I da citada lei.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981/981541982/981957529
Fax: 981541927
Prazo de presentación: PECHADO
07/02/2018 00:00 - 15/10/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de outubro de 2018 e, respecto ás axudas económicas directas de subsidiación, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
- Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas propietarias de locais, agás os casos en que se pretenda a súa conversión en vivenda.
- Para acceder aos préstamos cualificados, os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non poderán ser superiores a 6,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (en diante, IPREM).
- Para acceder ás axudas económicas directas, os ingresos da unidade de convivencia non poderán ser superiores a 5,5 veces o IPREM.
- Para os efectos previstos nos números 3 e 4, o cómputo de ingresos da unidade de convivencia efectuarase na forma prevista no artigo 9 da Orde do 19 de setembro de 2016.
- Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias.
b) Acta de constitución da comunidade de persoas propietarias, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
c) Certificado de quen exerza as funcións de secretario/a en que se recolla o acordo de solicitar as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados, a relación de vivendas partícipes nas actuacións de rehabilitación, así como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente á comunidade de persoas propietarias, conforme o modelo que se xunta a esta orde como anexo II, no caso de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
d) Autorización das restantes persoas propietarias para a realización da actuación obxecto de rehabilitación, no suposto de que a vivenda ou edificio pertenza pro indiviso a varias persoas e as actuacións sexan promovidas por estas.
e) Anexo III de comprobación de datos das persoas partícipes no orzamento protexible das obras e das persoas membros das súas unidades de convivencia e declaracións responsables, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
f) Anexo IV de comprobación de datos das persoas membros das unidades de convivencia da persoa solicitante e declaracións responsables, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias.
g) Proxecto de execución das obras que se pretenden realizar, elaborado por técnico competente ou, de ser o caso, a memoria correspondente.
h) Licenza municipal ou comunicación previa ao concello, segundo proceda, e, de ser o caso, autorizacións sectoriais preceptivas.
i) Informe de avaliación de edificios, cuxo contido debe axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, no caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
j) Documento que acredite a propiedade ou a posesión do inmoble que se pretende rehabilitar, no caso de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias.
k) Autorización da persoa propietaria do inmoble para realizar as actuacións de rehabilitación, no suposto de solicitudes presentadas por persoas posuidoras.
l) Licenza de primeira ocupación, certificado de fin de obra ou calquera outro documento que acredite que a edificación ten unha antigüidade mínima de dez anos, no caso de obras consistentes no remate en edificios ou vivendas cuxos paramentos de fachada e/ou cubertas non estivesen finalizadas.
m) Certificado municipal en que conste que a edificación ou a vivenda foi habitada durante un mínimo de cinco anos, no caso de obras consistentes no remate en edificios ou vivendas cuxos paramentos de fachada e/ou cubertas non estivesen finalizadas.
n) Certificación médica que acredite o embarazo da propietaria ou posuidora do inmoble e/ou dalgunha muller membro da unidade de convivencia no momento de presentar a solicitude de axudas financeiras, de ser o caso.
ñ) Certificado acreditativo da existencia dalgún proceso de adopción en trámite por parte da persoa propietaria ou posuidora do inmoble e/ou dalgunha persoa membro da unidade de convivencia no momento de presentar a solicitude de axudas financeiras, de ser o caso.
o) Certificado de discapacidade da persoa propietaria ou posuidora do inmoble e/ou das persoas membros da unidade de convivencia en que concorra a dita circunstancia, de ser o caso, e para o suposto de non ter sido expedido pola Xunta de Galicia.
p) Declaración responsable das persoas propietarias ou posuidoras do inmoble e/ou das persoas membros das súas unidades de convivencia dos ingresos obtidos, á cal deberá xuntar, de ser o caso, o certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas en que estivese de alta no devandito exercicio, certificado de pensións, prestacións periódicas, certificado do INEM e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario, para o suposto de que algunha desas persoas non estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou, de ser o caso, número de identificación fiscal (en diante, NIF) da persoa ou entidade solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
b) DNI ou NIE das persoas partícipes no orzamento protexible das obras, no suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias.
c) DNI ou NIE das persoas membros das unidades de convivencia das persoas propietarias ou posuidoras dos inmobles ou, de ser o caso, das persoas partícipes no orzamento protexible das obras.
d) Certificado da renda expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT) correspondente ao último período impositivo co prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
e) Certificado do nivel de renda expedido pola AEAT da persoa solicitante, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
f) Certificados acreditativos de non ter débedas coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
g) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas que compoñen as súas unidades de convivencia.
h) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades de persoas propietarias e participen no orzamento protexible das obras, así como das persoas membros da unidade de convivencia en que concorra a dita circunstancia.
2. No suposto de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3. No caso de que as persoas indicadas se opoñan á consulta prevista no número 1, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos anexos I, III e IV e achegar os devanditos documentos.
A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta orde, que está dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á Dirección Xeral do IGVS.
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presenten a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No modelo de solicitude, a persoa ou entidade interesada realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración de que a persoa ou entidade solicitante non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou obtida pola persoa ou entidade solicitante para a mesma finalidade.
c) Declaración de que todos os datos da solicitude son correctos.
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a documentación complementaria electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que presentasen a documentación complementaria presencialmente, requiriráselles para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas físicas deberán presentar a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
As persoas ou as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
No caso de que os documentos a presentar superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, se seguirán para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas ou das entidades interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á carpeta do cidadán da persoa ou da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas non estean obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos das persoas partícipes no orzamento protexible das obras e das persoas membros das súas unidades de convivencia e declaracións responsables (Anexo III)
- Certificado da comunidade de persoas propietarias (Anexo II)
- Comprobación de datos das persoas membros das unidades de convivencia da persoa solicitante e declaracións responsables, no suposto de actuacións non promovidas por comunidades de persoas propietarias (Anexo IV)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación da axuda de subsidiación dos xuros do préstamo cualificado (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 se setembro de 2016 pola que se aproba o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas deste programa (DOG nº 182 do 23 de setembro de 2016).
-
Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se procede á convocatoria pública, para a anualidade 2018, das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2018)
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción
Prazo aberto: 02/06/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59