Guía de procedementos e servizos

TU984G

Autorización de apertura e clasificación turística de campamentos de turismo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Presidencia da Xunta de Galicia

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

1. Este decreto ten por obxecto a ordenación do aloxamento turístico na modalidade de campamento de turismo ou cámping a que se refire o artigo 66 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste decreto os aloxamentos a que se refire o artigo 53, números 2 e 3 da Lei 7/2011, do 27 de outubro; os campamento xuvenís, albergues, centros e colonias de vacacións escolares, as áreas provisionais de acampada por eventos culturais, recreativos ou deportivos, así como toda clase de acampadas non turísticas que estean reguladas polas súas normas específicas.

Empresarios. Persoas físicas ou xurídicas

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184674/ 981184681

Fax: 981184678

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294220/ 982294227

Fax: 982889053

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Ourense

Avenida da Habana nº 81

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386036/ 988386035

Fax: 988214976

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Pontevedra

María Victoria Moreno 43 – 6º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805553

Fax: 986805575

Axencia Turismo de Galicia

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Prazo de presentación: ABERTO

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. Todos os campamentos de turismo, con independencia da súa categoría, deben cumprir os requisitos de instalacións, equipamentos e servizos que se establecen neste capítulo, coas excepcións previstas no artigo 36 deste decreto.

2. Con carácter xeral, deberán cumprir as obrigas que deriven das disposicións vixentes en materia de accesos, accesibilidade, construción e edificación, instalación e funcionamento de maquinaria, protección e prevención contra incendios forestais, inundacións, contaminación acústica e calquera outra normativa que lles sexa de aplicación, e deberán procurar a integración co medio natural.

3. É requisito previo para o inicio e desenvolvemento da actividade de campamento de turismo, en calquera das categorías previstas legalmente, a obtención da autorización de apertura e clasificación turística outorgada pola Axencia Turismo de Galicia.

  • Autorización de apertura e/ou clasificación e calquera tipo de cambio ou reforma substancial respecto das condicións nas que fose outorgada a autorización e/ou a clasificación dos campamentos de turismo. ( 31.19.03)
  • Venda de libros oficiais de Levanza Obrigatoria que non teñan tarifa específica. ( 33.01.00)
  • Dilixenciado de libros. ( 30.01.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

A solicitude de autorización de apertura deberá conter, polo menos, a seguinte documentación e información:

a) No caso de actuar a través do representante, deberase xuntar a documentación acreditativa da suficiencia do poder con que se actúa.

Se a titularidade do establecemento corresponde a unha persoa xurídica, escritura de constitución da sociedade e poderes da persoa solicitante para o caso de que non se deduza claramente da escritura social.

b) Documentación acreditativa da dispoñibilidade dos terreos sobre os cales se proxecta o campamento de turismo e, se for o caso, das instalacións estables.

c) Certificado expedido por un laboratorio público ou privado, que estea acreditado ou certificado, de que a auga no punto de entrega ao consumidor é apta para o consumo, cando se prevexa o uso de auga distinta á procedente da rede de abastecemento municipal.

d) Documento que acredite a subscrición dun seguro de responsabilidade civil nos termos previstos neste decreto.

e) Proxecto técnico asinado por persoa facultativa competente, con planos e memoria, que será o mesmo proxecto que o presentado ante o concello para a obtención da licenza ou título administrativo habilitante, e no cal se identificarán expresamente as zonas e parcelas.

f) Relación das parcelas numeradas con indicación das súas características, capacidade e superficies respectivas.

g) Título administrativo habilitante do concello e autorizacións sectoriais que, se for o caso, sexan perceptivas.

h) Plan de emerxencia e evacuación.

i) Documento acreditativo do pagamento das taxas correspondentes.

 

Presentación das solicitudes.

1. As solicitudes, comunicacións e declaracións responsables reguladas neste decreto presentaranse preferiblemente pola vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, e para as persoas que representen unha persoa interesada obrigada á presentación electrónica.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, solicitaráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, solicitaráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente ante calquera Administración. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

 Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 159/2019, do 21 de novembro, polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).

    • Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216 do 11 de novembro de 2011).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CO300C

Subvencións para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/02/2025 00:00 - 26/03/2025 23:59

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano