Guía de procedementos e servizos

TU981B

Bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 11/08/2018 00:00 - 10/09/2018 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión de oito bolsas de formación práctica especializada en mercados emisores, en réxime de concorrencia competitiva nas seguintes cidades: Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, São Paulo, Bruxelas, Cantón e Milán.

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2018 e 2019 cunha duración máxima de 10 meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras.

A data prevista de incorporación dos/das bolseiros/as aos seus destinos é o 1 de outubro de 2018 e está condicionada á dispoñibilidade nas oficinas das consellerías de turismo en destino; en todo caso, manterase á duración total de 10 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

Bolseiros/as mediante a realización de prácticas formativas de especialización en mercados turísticos emisores nas cidades de Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, São Paulo, Bruxelas, Cantón e Milán, con suxeición ao plan de formación que se lles entregará ao comezo das súas prácticas e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Competitividade

Área de Calidade e Proxectos Europeos

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547406

Fax: 981546647

Email: proxectos.turismo@xunta.es

Área de Calidade e Proxectos Europeos

Prazo de presentación: PECHADO

11/08/2018 00:00 - 10/09/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

1. Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2. Titulación: estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente.

Poderán participar no proceso de selección aqueles candidatos que no momento de presentación das solicitudes teñan superadas todas as materias do grao e estean pendentes da presentación e defensa do traballo de fin de grao. Estes candidatos deberán acreditar estar en posesión do título universitario no momento de aceptación da bolsa. O título achegado non poderá ser anterior ao 31 de decembro de 2014.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, deberan estar validados ou recoñecidos oficialmente polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

3. Linguas:

a) Galego: os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

b) Outras linguas:

b.1) Para as bolsas de Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, Milán, e São Paulo deberase acreditar o coñecemento da lingua oficial do país.

b.2) Para a bolsa de Bruxelas deberase acreditar o coñecemento das linguas francesa ou inglesa.

b.3) Para a bolsa de Cantón deberase acreditar o coñecemento das linguas chinesa ou inglesa.

O nivel de coñecemento acreditarase mediante o título da escola oficial de idiomas ou outras institucións oficiais dentro do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) e será o seguinte:

– Nivel B2 na lingua oficial do país para as bolsas de Londres, Berlín, Os Ánxeles e París.

– Nivel B2 en francés ou inglés para a bolsa de Bruxelas.

– Nivel B2 en chinés ou inglés para a bolsa de Cantón.

– Nivel B1 na lingua oficial do país para as bolsas de São Paulo e Milán.

4. En ningún caso poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios das bolsas e que renunciasen a elas con posterioridade á súa aceptación.

Para poder ser beneficiario/a das bolsas é necesario presentar a seguinte documentación:

1. Solicitude do anexo III. Neste anexo inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.

b) Declaración responsable de non estar incursa/o en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Declaración de non atoparse incursa/o en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Declaración responsable das axudas de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para o mesmo período.

2. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Copia do pasaporte no caso de nacionais da Unión Europea residentes fóra de España e que non posúan NIE.

b) Certificación do pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios. No caso de presentar un título estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

c) Certificación académica persoal de carácter oficial do título universitario con que se presenta á selección. Deberase presentar certificado expedido pola universidade en que conste a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003 (ata 10 puntos).

d) Os candidatos que no momento de presentar as solicitudes estean na situación descrita no parágrafo segundo do artigo 5.2 das bases deberán presentar unha certificación expedida pola autoridade académica competente onde se faga constar que teñen superadas todas as materias da titulación e que están pendentes da presentación e defensa do traballo de fin de grao.

e) Copia dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.

f) Relación de méritos puntuables conforme o anexo VII das bases reguladoras. En ningún caso se achegará documentación relativa a méritos non susceptibles de valoración.

g) Copia do título do Celga 4 ou certificación equivalente de lingua galega no caso de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

h) Copia dos títulos acreditativos do nivel de idiomas segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas.

i) Copia dos contratos de traballo ou copia do certificado expedido polo organismo onde se realizaron as prácticas.

j) Informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A documentación complementaria tamén se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar por vía electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños e límites establecidos pola aplicación, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

6. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Título oficial universitario.

c) Título oficial non universitario.

d) Título do Celga 4 expedido pola Xunta de Galicia.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Se a solicitude non se cubrise en todos os seus termos ou non se acompañase a documentación que se menciona neste artigo, requirirase a persoa interesada para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse a persoa solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento

Presentación de solicitudes.

- As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 2 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante os anos 2018 e 2019, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

    • Extracto da Resolución do 2 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante os anos 2018 e 2019, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED321A

Certificación persoal na manipulación de gases fluorados

Tramitar en liña

Aberto todo o ano