Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU981B
Bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2017 e 2018 cunha duración máxima de dez (10) meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras.
A data prevista de incorporación dos bolseiros aos seus destinos é o 1 de maio de 2017 e estará condicionada á dispoñibilidade nas oficinas das consellerías de turismo en destino; en todo caso, manterase a duración total de dez (10) meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.
As persoas beneficiarias deberán acreditar o dominio oral e escrito da lingua oficial do país de destino:
- Acreditarase cun certificado B2 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para os destinos de Londres, Berlín, Os Ánxeles e París.
- Acreditarase cun certificado B1 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para o destino de São Paulo.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Calidade e Proxectos Europeos
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547406
Fax: 981546647
Email: proxectos.turismo@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
18/01/2017 00:00 - 17/02/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes dun grao universitario ou titulación homologada equivalente (calquera). As titulacións deben estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, deberán estar validados ou recoñecidos oficialmente polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
3. Idiomas:
a) Os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
b) Dominio oral e escrito da lingua oficial do país de destino:
Acreditarase cun certificado B2 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para os destinos de Londres, Berlín, Os Ánxeles e París.
Acreditarase cun certificado B1 ou superior do Marco común europeo de referencia para as linguas para o destino de São Paulo.
4. En ningún caso poderán ser beneficiarios desta bolsa aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios desta en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios das bolsas e que renunciasen a elas durante o seu desenvolvemento.
Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
a) Copia do DNI ou NIE do/da solicitante só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta por medio do acceso telemático ao Sistema de verificación de datos de identidade.
b) Copia do pasaporte no caso de nacionais da Unión Europea residentes fóra de España e que non posúan NIE.
c) Fotocopia compulsada do título, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta no servizo de interoperabilidade correspondente ou, se for o caso, da certificación do pagamento dos dereitos da súa expedición e certificación academica completa. No caso de presentar un título estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.
d) Certificación academica persoal de carácter oficial do título universitario con que se presenta á bolsa. Deberase presentar certificado compulsado expedido pola universidade en que conste a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003 (ata 10 puntos).
e) Copia compulsada dos documentos acreditativos dos meritos alegados.
f) Curriculum vitae:
As persoas solicitantes das bolsas achegarán CV cubrindo o anexo VII das bases reguladoras. En ningún caso se achegará documentación relativa a meritos non susceptibles de valoración.
g) Copia compulsada do título do Celga 4 ou certificación equivalente de lingua galega. Se este documento foi expedido pola Xunta de Galicia, achegarase copia só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta no servizo de interoperabilidade correspondente.
h) Copia compulsada dos títulos acreditativos do nivel de idiomas segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas.
i) A experiencia laboral acreditarase a traves de copia compulsada dos contratos de traballo e informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou ben a traves do certificado expedido polo organismo onde se realizaron as prácticas.
Se a solicitude non se cubre en todos os seus termos ou non se acompaña a documentación que se menciona neste artigo, requirirase o interesado a traves dun anuncio na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://www.turgalicia.gal/canle-institucional), para que nun prazo de dez (10) días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixer, considerarase que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse o solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar ás persoas interesadas a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente, só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
No caso de que algún dos documentos que presente de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños e límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante os anos 2017 e 2018, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano