Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU501D
Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño Santiago.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais
Presidencia da Xunta de Galicia
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora paisaxística, a procura da harmonía, a orde e o respecto, e a coherencia do Camiño de Santiago e a súa paisaxe cos valores culturais ligados ás sociedades que ao longo do tempo construíron este espazo (código de procedemento TU501D).
As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu percorrido. Exclúense desta orde os núcleos urbanos consolidados.
2. En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna:
Actuacións de valorización, mantemento, conservación, consolidación ou restauración dos bens que integran o patrimonio etnográfico de Galicia, de conformidade co sinalado no capítulo III da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, pontellas, muíños, valados, peches,… e calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e á cultura do lugar). As actuacións realizaranse sobre o propio elemento e/ou a súa contorna.
b) Actuacións sobre a casa e a eira:
• Actuacións de mellora nos revestimentos: fachada, cuberta con materiais propios da zona como son a madeira, a pedra, a pintura e calquera material que harmonice coa contorna e coas súas cores.
• Actuacións de mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso, instalación de áreas de descanso para peregrinos,…
• Actuacións de mellora nas edificacións auxiliares, como adaptación da escala ou os acabamentos.
c) Actuacións no espazo agrario:
• Actuacións de ocultación, mediante vexetación ou outros elementos, daqueles bens ou elementos con forte impacto sobre o campo visual do Camiño; por exemplo, naves gandeiras.
• Actuacións de demolición de elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico, como naves, silos ou casetas.
• Actuacións de mellora dos puntos de contacto co trazado do camiño: valados, pavimentos nos puntos de acceso.
• Actuacións de desentullo e limpeza de lixo ou materiais en desuso.
d) Actuacións de naturalización:
Incorporación de vexetación como elemento integrador das construcións e das vías, como arboredo e vexetación arbustiva de acompañamento do camiño, e mellora do axardinamento en xeral.
e) Actuacións no trazado do camiño:
• Actuacións de substitución de elementos de mobiliario urbano e similares que, polo seu estado de deterioración ou polas súas propias características físicas, resulten alleos á contorna do Camiño. Por exemplo: marquesiñas, elementos de sinalización, bolardos, iluminación pública, cables aéreos, antenas, contedores de residuos,…
Todas as actuacións deberán executarse seguindo as indicacións que se recollen nas directrices que se xuntan como anexo VIII ás bases.
3. As subvencións obxecto destas bases divídense en dúas categorías, en atención ás entidades solicitantes:
Categoría 1ª: entidades locais.
Categoría 2ª: persoas físicas e xurídicas privadas.
4. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
5. Só caberá presentar unha solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cada solicitude corresponderase cun único proxecto, aínda que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación. Para os efectos desta convocatoria, considerarase proxecto aquela actuación ou conxunto de actuacións susceptibles de definición individualizada para as cales se solicita subvención.
6. A persoa ou entidade solicitante deberá ter plena dispoñibilidade sobre os terreos ou inmobles en que se pretende realizar as actuacións, como mínimo durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda previstas no artigo 19.
Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase, no caso de entidades locais, mediante a certificación emitida pola secretaría do concello solicitante no modelo do anexo III. No caso de persoas físicas ou xurídicas privadas, este requisito acreditarase mediante a presentación dunha copia da escritura de propiedade ou de calquera outro dereito real sobre o ben ou recurso.
7. Así mesmo, de seren necesarias para levar a cabo a actuación para a cal se solicita a subvención, deberase contar coas autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais que resulten preceptivas, tanto das entidades locais como por parte doutros organismos ou administracións públicas. Para estes efectos, o cumprimento do dito requisito acreditarase na fase de xustificación.
Gastos subvencionables e contía da subvención.
1. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente realizados a partir do 1 de xaneiro de 2020.
2. Ao abeiro do regulado nestas bases, serán gastos subvencionables os seguintes:
a) Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas, incluídos, de ser o caso, os gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, gastos notariais e rexistrais e os de peritaxe, sempre e cando fosen indispensables para a execución da intervención.
b) Gastos correspondentes a honorarios facultativos devindicados pola redacción dos proxectos técnicos precisos para a execución das actuacións, así como pola dirección facultativa das obras e o custo dos estudos necesarios para a súa realización. Estes custos xerais asociados aos investimentos que se efectúen non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.
c) Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
d) Os custos derivados do emprego de medios propios no desenvolvemento das actuacións subvencionadas e os custos indirectos imputables pola persoa beneficiaria á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda, sempre que se recollan no orzamento do proxecto para o cal se solicita a subvención.
3. Non son gastos subvencionables:
a) Os gastos correntes de funcionamento da persoa/entidade beneficiaria.
b) Equipamento e materiais non funxibles de segunda man.
c) Actuacións de mantemento que se realicen periodicamente para manter o recurso ou o elemento sobre o cal se propón a actuación en perfecto uso ou estado.
4. Na adquisición de bens e servizos mediante contratos públicos polas entidades locais non son subvencionables:
a) Os pagamentos efectuados polo contratista á Administración en concepto de taxa de dirección de obra ou control de calidade.
b) Calquera outro concepto que supoña ingresos ou descontos que deriven da execución do contrato.
c) Os pagamentos efectuados polo beneficiario que deriven da execución dos contratos públicos.
5. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos dos procedementos xudiciais.
6. O importe da subvención será do 75 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 15.000 € para a categoría 1ª (entidades locais) e 10.000 € para a categoría 2ª (persoas físicas ou xurídicas privadas).
7. Nos supostos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas ou entidades beneficiarias deberán solicitar e obter, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación, e achegalas xunto coa documentación xustificativa da subvención.
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:
Categoría 1ª:
a) Os concellos de Galicia polos cales discorra algún tramo do Camiño de Santiago.
b) Calquera outra entidade local supramunicipal galega (deputación, mancomunidade,...) en relación con actuacións a realizar no Camiño de Santiago sempre que teña competencias para a actuación proposta.
Categoría 2ª:
a) As persoas físicas ou xurídicas titulares dun dereito real sobre un ben moble ou inmoble, recurso ou elemento situado no Camiño de Santiago. Así mesmo, poderán ser beneficiarios os arrendatarios dos citados bens, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.
b) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, en relación cos inmobles situados no Camiño de Santiago.
c) As asociacións de veciños, comunidades de montes veciñais en man común, comunidades de bens e calquera outra institución ou asociación que teña título habilitante suficiente para actuar sobre o recurso ou elemento sobre o cal se propón a actuación.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540146 / 981540261
Fax: 981546371
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
03/12/2019 00:00 - 02/01/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
1. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
2. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa/entidade local solicitante.
3. Os concellos solicitantes deberán ter remitidas as contas ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura ao final destas bases como anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Se algunha das persoas interesadas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial (gravado nun soporte físico tipo CD, DVD ou dispositivo extraíble) dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. Declaración responsable da persoa solicitante ou do seu representante, incluída no anexo II desta resolución, na cal se fará constar:
a) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou recibidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta resolución, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e o compromiso de comunicar de contado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
No caso de que a persoa solicitante sexa privada, deberán declararse as axudas de minimis concedidas ou solicitadas.
b) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Que non está incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiaria dunha subvención, particularmente as referidas a estar ao día das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.
No caso de que a entidade solicitante sexa unha entidade local, para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que a persoa solicitante está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedor por resolución de procedemento de reintegro.
d) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
e) Que as actuacións para as cales se solicita subvención non estaban iniciadas en data 1 de xaneiro de 2020.
f) Que se compromete a cumprir as obrigas e os requisitos que se sinalan no artigo 19 das bases reguladoras.
g) Que se compromete, de non contar con elas, a solicitar as autorizacións ou licenzas urbanísticas ou sectoriais tanto municipais como doutros organismos ou administracións públicas en materia de dominio público hidráulico, ou estradas, entre outras, que resulten preceptivas para a execución da actuación prevista.
2. Certificación emitida e asinada electronicamente polo/a secretario/a do concello ou entidade local solicitante, segundo o modelo do anexo III, na cal se faga constar:
a) O acordo da entidade local polo cal se solicita a subvención para a actuación que se pretende executar ao abeiro desta resolución e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
O acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
b) Que a entidade local cumpriu coa súa obriga de remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia.
O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores determinará a inadmisión da solicitude.
3. Acreditación da representatividade suficiente para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante, cando esta sexa unha persoa física ou xurídica privada.
4. Documentación que acredite a plena dispoñibilidade sobre os terreos e inmobles en que se van desenvolver as actuacións durante un período que, como mínimo, garanta o cumprimento das obrigas previstas no artigo 19. No caso das entidades locais poderá achegarse certificación emitida e asinada electronicamente polo/a secretario/a do concello ou entidade local sobre a dita dispoñibilidade.
No caso de que soliciten as axudas persoas ou entidades privadas, deberá achegarse documentación que acredite a titularidade, dereito real sobre o ben ou calquera título de disposición válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.
5. Memoria asinada, de ser o caso, por un técnico competente que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar, que deberá incluír:
– Memoria explicativa e xustificativa da actuación que se vai desenvolver (cunha extensión máxima de 10 páxinas), onde se indique a tipoloxía de actuación e as súas coordenadas GPS.
– Reportaxe fotográfica do ben sobre o cal se vai actuar: exteriores, interiores e da contorna, así como fotografías tomadas desde o trazado do camiño desde as que se aprecie o elemento ou elementos obxecto da actuación en relación con este.
– Descrición dos materiais e acabamentos propostos, que deberán ser conformes coas indicacións que se recollen nas directrices do anexo VIII destas bases.
6. Orzamento detallado dos gastos necesarios para a execución do proxecto.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– NIF da entidade solicitante.
– DNI/NIE da persoa solicitante.
– NIF da persoa xurídica representante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– Certificado de estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento das súas obrigas coa Consellería de Facenda.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 10 de agosto de 2020 pola que se amplía o prazo de execución e de xustificación establecidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 165 do 17 de agosto de 2020).
-
Extracto da Resolución do 10 de agosto de 2020 pola que se amplía o prazo de execución e de xustificación establecidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 165 do 17 de agosto de 2020).
-
Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 229 do 2 de decembro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 229 do 2 de decembro de 2019).
-
Resolución do 22 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020.(DOG núm. 6 do 12 de xaneiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización modificación de sala de bingo.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición de sala de bingo.
Aberto todo o ano