Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU501A - Subvencións a entidades locais para o apoio aos investimentos para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural.
Obxecto
O obxecto desta resolución é aprobar as bases que se inclúen como anexo I polas que se rexerá a concesión das subvencións a entidades locais, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2017.
O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural para a consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.
Son subvencionables as actuacións de mellora da accesibilidade e da sinalización nos seguintes recursos:
a) Miradoiros e outros espazos de interese paisaxístico.
b) Praias marítimas, fluviais, encoros, fervenzas...
c) Bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia, regulados na Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia.
d) Sendeiros galegos homologados pola Federación Galega de Montañismo e as actuacións necesarias para acadar esta homologación.
e) Rutas en centros BTT de Galicia pertencentes á rede da Xunta de Galicia e as actuacións necesarias para a inclusión nesta rede.
f) Rutas e infraestruturas de interese turístico.
Exclúense as actuacións para a creación e/ou mellora de infraestruturas e equipamentos vinculados á prestación de servizos básicos, destinados a concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020
En materia de accesibilidade poderán ser obxecto de axuda as seguintes actuacións:
a) Construción, ampliación ou mellora de aparcadoiros para o acceso aos recursos definidos neste artigo.
b) Creación das infraestruturas necesarias para o acceso ao recurso.
c) Construción de pasarelas, ramplas, aparellos elevadores e eliminación de barreiras arquitectónicas que melloren o acceso ao recurso e os itinerarios de visita.
d) Construción ou adecuación de aseos adaptados para persoas con diversidade funcional.
Só serán subvencionables as obras que utilicen materiais construtivos que permitan a integración harmónica e respectuosa coa contorna en que se atopa o recurso. Neste senso, deberá evitarse o uso de asfalto ou de formigón cando visualmente non se acomoden esteticamente ao medio.
En todo caso deberá cumprirse a normativa vixente en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas.
Respecto á sinalización poderán ser obxecto de axuda as seguintes actuacións:
a) Nova sinalización en estradas, sempre que conten coas autorizacións dos organismos competentes.
b) Paneis interpretativos, tanto tradicionais, como aqueles que incorporen novas tecnoloxías.
c) Ferramentas tecnolóxicas que sirvan aos fins establecidos nestas bases (aplicacións para teléfonos intelixentes, códigos QR, tecnoloxía NFC, audioguías...).
d) Colocación de postes e outros elementos consonte os criterios de homologación de sendeiros e os específicos dos centros BTT de Galicia.
e) Retirada de sinalización obsoleta, redundante ou deteriorada.
Os materiais e características da sinalización deberán respectar o manual oficial de sinalización turística da Xunta de Galicia, Decreto 85/2012, do 16 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e os correspondentes manuais de sendeiros homologados ou de centros BTT.
Os paneis interpretativos deberán utilizar materiais resistentes á intemperie, ao vandalismo e que ao mesmo tempo harmonicen coa entorna onde se coloquen.
No caso de que exista sinalización obsoleta, redundante ou deteriorada de titularidade do concello, deberá ser retirada antes da colocación da nova sinalización.
No caso de que a sinalización que se debe retirar sexa de titularidade doutra Administración pública ou dunha entidade privada, solicitarase a autorización correspondente.
En todo caso, de seren necesarias para levar a cabo a actuación para a cal se solicita subvención, deberá contarse coas autorizacións das administracións sectoriais correspondentes (patrimonio, augas, costas...).
Gastos subvencionables e requisitos dos proxectos.
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante con posterioridade á presentación da solicitude de axuda, como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados.
2. Para ter a consideración de gastos subvencionables deben respectar o previsto no artigo 45 do Regulamento UE 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural Feader, e cumprir os requisitos do artigo 13 do Regulamento delegado UE 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o anterior, e demais normativa de aplicación.
3. Serán gastos subvencionables os seguintes:
a) A utilización de novas tecnoloxías da información (TIC) na sinalización de recursos turísticos e a adquisición de aplicacións informáticas especificamente destinadas a facilitar información sobre os devanditos recursos.
b) O uso de medios que favorezan a accesibilidade universal dos recursos, considerando solucións destinadas a persoas con limitacións visuais, auditivas, con mobilidade reducida ou de calquera outra natureza.
c) A adquisición de terreos destinados á construción ou ampliación de aparcadoiros ou necesarios para permitir unha correcta accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos, ata un 10 % do importe da operación.
d) Os materiais e gastos necesarios para a correcta execución das accións subvencionadas.
e) Custos xerais asociados aos investimentos que se efectúen, tales como honorarios de redacción de proxectos de arquitectos, enxeñeiros e honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluidos os estudos de viabilidade, gastos xerais e beneficio industrial. O importe total dos custos xerais non poderá superar o 12 % do gasto subvencionable.
Con carácter xeral serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación dunha solicitude de axuda en tempo e forma logo da correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación dunha solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.
Non obstante, serán, así mesmo, admisibles como subvencionables os custos xerais de honorarios e estudos de viabilidade ata un 12 % e a compra de terreos ata un 10 % dos custos totais subvencionables da operación de que se trate, ainda que estes gastos sexan anteriores á presentación dunha solicitude de axuda, sempre que se realicen a partir do 1 de xaneiro de 2017.
4. Non son gastos subvencionables:
- A reposición ou mera substitución de maquinaria.
- Equipamento e materiais non funxibles de segunda man.
- Na adquisición de bens e servizos mediante contratos públicos non son subvencionables: a) os pagamentos efectuados polo contratista á Administración en concepto de taxa de dirección de obra ou control de calidade, b) calquera outro concepto que supoña ingresos ou descontos que deriven da execución do contrato, c) os pagamentos efectuados polo beneficiario que deriven da execución dos contratos públicos.
5. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais.
De conformidade co disposto no artigo 69.3 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, o imposto sobre o valor engadido non será subvencionable, excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
A quen vai dirixido?
As entidades locais que desenvolvan proxectos de accesibilidade e sinalización de recursos turísticos nas zonas rurais de Galicia que se relacionan:
a) Concellos.
b) Mancomunidades e consorcios locais constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Estas entidades supramunicipais deberán ter atribuídas competencias en materia de turismo.
c) Agrupacións de concellos, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.
2. Só teñen a consideración de zonas urbanas os concellos da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela. Dentro de cada unha destas zonas urbanas, as parroquias definidas como rurais ou intermedias pola autoridade de xestión xunto co Instituto Galego de Estatística serán admisibles para os efectos dos fondos Feader.
3. Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.
Requisitos
- Os requisitos para seren beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
- Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da entidade.
- So poderá solicitarse unha axuda por concello, mancomunidade, consorcio ou agrupación.
Os concellos pertencentes a entidades locais supramunicipais ou agrupacións que soliciten axudas como integrantes destas poderán, pola súa vez, solicitar unha axuda para unha actuación diferente de maneira independente.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547404/ 981546364
Fax: 981546371
Email: xerencia.turismo@xunta.es
Órgano responsable
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017 (DOG Núm. 14 do 20 de xaneiro de 2017).
Resolución do 20 de xuño de 2017 pola que se amplía o crédito para o ano 2017 para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 118 do 22 de xuño de 2017).
Resolución do 7 de agosto de 2017 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
21/01/2017 00:00 - 20/02/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Documentación para a presentación
- As entidades interesadas achegarán a seguinte documentación:
a) Solicitude segundo o modelo do anexo II subscrita polo órgano competente do concello, mancomunidade, consorcio ou agrupación.
No caso de presentarse a solicitude por unha agrupación de concellos de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberán facerse constar naquela os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación, como se expuxo no artigo 4.1.c).
Así mesmo, e para os efectos das declaracións contidas na solicitude, no caso das agrupacións de concellos, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada un dos concellos que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
b) Acreditación de que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas. No caso de agrupacións de concellos, deberán acreditar este requisito todos os concellos que as forman.
c) Acreditación da titularidade do inmoble ou de calquera título de disposición válido en dereito que garanta a súa permanencia durante un período que permita cumprir os prazos establecidos.
d) De ser o caso, acreditación de aprobación do plan de ordenación municipal, ordenanza municipal ou calquera outro instrumento xurídico de ordenación urbanística vixente.
e) Certificación do/a secretario/a da entidade local en que consten os seguintes datos:
O acordo polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
Remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
No caso das agrupacións de concellos, achegarase unha certificación emitida pola secretaría do concello representante na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación:
Que todos os concellos integrantes da agrupación adoptaron o acordo polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
O nomeamento do/a alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a da subvención.
Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas, determinará a inadmisión da solicitude.
O instrumento xurídico que regule a agrupación, o cal deberá incluír, en todo caso, a designación do/a alcalde/sa que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
f) De ser o caso, acreditación da existencia no concello ou concellos dunha oficina de información turística aberta ao público.
g) De ser o caso, acreditación da existencia no concello ou concellos dunha parte específica na páxina web adicada á promoción do turismo.
h) Acreditación da poboación do concello no momento da solicitude.
i) Memoria detallada asinada por un tecnico competente que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar, que deberá incluír:
Planos de localización do investimento.
Planos do estado actual.
- Planos do proxecto que se vai levar a cabo.
Relación exhaustiva (indicando calidades) dos materiais e acabamentos propostos.
Relación detallada dos mobles e equipamentos (debense indicar calidades, localización e número) que se van instalar.
Reportaxe fotográfica do inmoble, exteriores, interiores e da contorna.
- Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos necesarios para a execución do proxecto.
l) No caso de que a solicitude comporte a realización de obras, tres ofertas como mínimo de diferentes provedores de acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Cando o beneficiario teña a obriga de solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, deberá xustificar nunha memoria a elección da oferta cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
En todo caso, e de obrigado cumprimento por parte da entidade beneficiaria o disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Todo isto sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.
No caso de que algún dos documentos que debe presentar o/a solicitante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos ou estea en formatos non admitidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, e indicaráselle que, se non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.
- A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del. - Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
- No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"