Guía de procedementos e servizos

TR880C

Concurso Eduemprende Idea dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 02/02/2024 00:00 - 31/05/2024 23:59

Promover a realización de proxectos empresariais por parte do alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter estado matriculado durante o curso 2023/24 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única co poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria lle corresponden á agrupación.

3. As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias, de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Emprendemento

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544647/ 981545679

Email: sxemprendemento.emprego@xunta.gal

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Prazo de presentación: PECHADO

02/02/2024 00:00 - 31/05/2024 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de maio de 2024.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Dado o nivel educativo en que se atopan as persoas candidatas e a posibilidade de utilizar os recursos de que dispón o centro de ensino a que pertencen, queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, polo que a única vía de presentación da solicitude de axuda será a electrónica.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II. Ficha de persoas participantes en Eduemprende Idea (unha por cada participante).

b) Anexo III. Proxecto empresarial de Eduemprende Idea.

c) Vídeo de presentación do proxecto. No caso de non poder achegar o vídeo polo tamaño do arquivo, poderá achegarse un documento no cal se recolla un enderezo web onde poder ver e/ou descargar o vídeo.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE das persoas participantes.

c) DNI ou NIE da persoa representante da persoa solicitante.

d) DNI ou NIE da persoa representante da persoa participante.

e) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Administración estatal tributaria (AEAT).

g) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Administración tributaria de Galicia (Atriga).

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións da persoa participante e da persoa solicitante.

i) Consulta de subvencións e axudas da persoa solicitante e da persoa participante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou na ficha de persoas participantes (anexo II), segundo o caso, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2024).

    • Resolución do 26 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a relación de proxectos premiados no concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 11 de xaneiro de 2024 (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2025).

Outros procedementos relacionados

TR880A

Axudas ao emprendemento.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/05/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59

PR770N

Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 17/05/2024 00:00 - 17/06/2024 23:59

TR880B

Emprendemento PLUS.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 18/07/2023 00:00 - 17/08/2023 23:59