Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR820D
Axudas a persoas traballadoras afectadas por expedientes de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias.
Son obrigas das persoas beneficiarias destas axudas as seguintes:
1. Acreditar con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que se atopa ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
3. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou ingresos que se percibisen para a mesma finalidade.
4. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Edificio Administrativo San Lázaro S/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Prazo de presentación: PECHADO
17/09/2019 00:00 - 31/10/2019 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde xunto coa convocatoria do ano 2019 e, permanecerá aberto con carácter permanente ata o 31 de outubro de 2019.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas traballadoras que reúnan os seguinte requisitos:
a) Que estean ou estivesen afectadas por un procedemento de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior durante o período subvencionable que se establece nesta orde. Considérase que a persoa traballadora está afectada cando teña ou tiver o seu contrato suspendido no período subvencionable, en polo menos unha xornada laboral completa. Poderán beneficiarse das axudas as persoas con contrato de traballo a tempo completo e a tempo parcial.
b) Que o procedemento de regulación de emprego afecte, dentro do período subvencionable, algún centro de traballo da empresa situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a causa de forza maior derive de acontecementos catastróficos, imprevisibles ou que, sendo previstos, fosen inevitables, como terremotos, maremotos, incendios, inundacións, pragas, explosións, tormentas de vento e mar, sempre que supoñan a destrución total ou parcial das instalacións do centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, impedindo a continuidade total ou parcial da actividade empresarial.
d) Que a causa de forza maior for constatada por resolución da autoridade laboral competente.
e) Que os seus ingresos brutos mensuais, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, non superen 2.000 euros ou a cantidade proporcional nos supostos de persoas traballadoras vinculadas á empresa por contrato de traballo a tempo parcial.
2. Non poderán ser beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As solicitudes de axuda poderán ser formalizadas directamente pola persoa traballadora afectada pola suspensión do contrato ou pola empresa afectada polo procedemento de regulación de emprego, en calidade de autorizada pola persoa traballadora acreditada segundo o anexo III desta orde.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e para quen exerza a súa representación legal.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requerirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Certificado emitido pola empresa, segundo o anexo II, en que consten os seguintes datos da persoa traballadora: o período de suspensión efectiva, dentro do período subvencionable que se estableza na resolución, con indicación do número de xornadas completas de suspensión e os meses concretos en que se fixo efectiva a suspensión, a retribución mensual bruta (excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias) e a base de cotización por continxencias comúns do mes anterior ao inicio da suspensión.
b) Autorización da persoa traballadora para a presentación da solicitude no seu nome, segundo o anexo III desta orde, no suposto de presentación pola empresa afectada polo procedemento de regulación de emprego.
c) Copia da documentación fidedigna que acredite a representación, no suposto de actuar mediante representante.
Non será necesario achegar documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) DNI ou NIE da persoa traballadora (cando non sexa a mesma que a persoa solicitante).
c) NIF da entidade solicitante (cando a empresa presenta a solicitude en nome da persoa traballadora).
d) Certificados de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I, así como no anexo III, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración expresa doutras axudas (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 175 do 16 de setembro de 2019).
-
Extracto da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 175 do 16 de setembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.
Aberto todo o ano
Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.
Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Subvencións ao abeiro do Real Decreto 196/2010, do 26 de Febreiro: axuda especial.
Aberto todo o ano
Subvencións ao abeiro do Real Decreto 196/2010, do 26 de Febreiro: cantidade adicional
Aberto todo o ano