Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR820X
Anticipos por pagamento de expedientes de regulación temporal de emprego
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento e aprobar e dar publicidade ao modelo normalizado (código de procedemento administrativo TR820X), para a súa tramitación por medios electrónicos, sobre a comunicación da información necesaria para a tramitación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de regulación temporal de emprego consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19.
Poderán realizar esta comunicación todas aquelas empresas cun expediente de regulación temporal de emprego presentado como consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19 e debidamente autorizado e comunicado pola autoridade laboral da Xunta de Galicia, en favor das persoas traballadoras afectadas polo dito expediente que queiran formalizar un anticipo en virtude do disposto no citado convenio de colaboración.
Poderán realizar esta comunicación todas aquelas empresas cun expediente de regulación temporal de emprego presentado como consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19 e debidamente autorizado e comunicado pola autoridade laboral da Xunta de Galicia, en favor das persoas traballadoras afectadas polo dito expediente que queiran formalizar un anticipo en virtude do disposto no citado convenio de colaboración.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547241
Prazo de presentación: PECHADO
27/04/2020 00:00 - 31/07/2020 23:59
Prazo pechado
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
a) Que presentou un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19, aprobado e comunicado ao SEPE pola autoridade laboral da Xunta de Galicia.
b) Que a/s persoa/s traballadora/s solicitante/s de anticipo das cales comunica información están incluídas no citado expediente.
c) Que os datos comunicados son un fiel reflexo dos facilitados no formulario de solicitude colectiva da empresa que xa foi remitido ao Servizo Público de Emprego Estatal de acordo co procedemento establecido.
d) Que se compromete a non modificar a comunicación da conta de domiciliación da/s persoa/s traballadora/s solicitante/s.
e) Que, previamente á comunicación, se informaron a/as persoa/s traballadora/s solicitante/s sobre a comunicación dos seus datos persoais á Consellería de Economía, Emprego e Industria co fin de poder xestionar o anticipo das súas prestacións por desemprego.
f) Que a comunicación é conforme co exixido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa concordante.
- A comunicación da información necesaria para a tramitación dos anticipos regulados no convenio de colaboración realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- Se algunha das empresas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que foi realizada a emenda.
- Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– Documento acreditativo da personalidade da persoa comunicante, consistente no NIF no caso de persoas xurídicas e DNI ou NIE no caso de traballadores/as autónomos/as con persoas traballadoras contratadas.
– DNI ou NIE da persoa representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 24 de abril de 2020 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de regulación temporal de emprego consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19 (código de procedemento TR820X). DOG nº 80 do 27 de abril de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
Prazo aberto: 10/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano