Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR811A
Axudas ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A concesión de subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.
A súa finalidade é a promoción, visibilización e desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor e a creación e consolidación de emprego.
Convócanse para os anos 2024 e 2025, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social reguladas por esta orde.
a) As asociacións de entidades de economía social.
b) Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
c) As cámaras de comercio.
d) As universidades.
e) As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15784 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544784
Email: economiasocial.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
25/01/2024 00:00 - 26/02/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) As asociacións de entidades de economía social, as fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e estar ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.
b) Respecto das entidades locais, ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, nos termos establecidos polo Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
c) Ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento.
d) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
f) Non ter cometido, incitado ou promocionado a LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou realización de terapias de conversión, segundo o disposto no artigo 82 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.
Non se concederán, proporcionarán ou outorgarán subvencións, recursos nin fondos públicos de ningún tipo, nin directa nin indirectamente, a ningunha persoa física ou xurídica, pública, privada ou de financiamento mixto que cometa, incite ou promocione LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou realización de terapias de conversión.
2. As entidades que poden ser beneficiarias poderán concorrer ás axudas de xeito individual ou conxuntamente con outras das sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo. Neste suposto, todas as entidades solicitantes quedan obrigadas, solidariamente, ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
En particular, deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades solicitantes, así como o importe de subvención que se aplicará por cada unha delas, que terán, igualmente, a consideración de beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
3. Ningunha entidade poderá figurar en máis dunha solicitude individual. O incumprimento desta norma dará lugar a que, unicamente, se dea validez á solicitude presentada en primeiro lugar e que se proceda á inadmisión das restantes solicitudes onde figure a entidade incumpridora.
Porén, unha mesma entidade poderá figurar nunha solicitude individual e, ademais, nunha ou varias solicitudes conxuntas, sempre que concorra nestas con diferentes entidades socias.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. A documentación que deberá acompañar a solicitude é a seguinte:
a) Para as entidades a que se refire o artigo 6.1.a) e 6.1.e), certificación do rexistro competente que acredite a súa inscrición nel, así como que están ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros. Non será necesario achegar a documentación acreditativa dos datos existentes nos rexistros dependentes da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
b) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
c) Memoria de cada entidade asinada pola persoa que exerza a representación legal e que conteña unha breve descrición das actividades que son obxecto da solicitude de axuda para o fomento do cooperativismo e a economía social.
d) Proposta das actividades para as que se solicita a axuda, especificando, como mínimo, para cada unha delas:
1. A súa finalidade.
2. A descrición detallada do seu contido e plan de traballo.
3. As persoas destinatarias, indicando o número previsto delas.
4. Os medios previstos para a súa realización.
5. Cronograma.
6. Informe relativo á capacidade profesional das persoas que vaian desenvolver as actividades.
7. Orzamento detallado e individualizado por conceptos, cuantificado economicamente por anualidades e co IVE desagregado, que concrete a achega que realizará a entidade solicitante no seu financiamento.
8. Declaración da lingua utilizada no desenvolvemento das actividades.
e) No caso de solicitudes formuladas conxuntamente por varias entidades:
1. Documento en que se acorde a colaboración entre elas, a designación da que as representa, a autorización á entidade sinalada como representante para presentar a solicitude en nome do resto, os compromisos asumidos por cada unha delas para a execución das actividades e o importe de subvención solicitado por cada unha.
2. Declaración de datos de cada unha das entidades solicitantes adicionais segundo o anexo II.
3. Declaración complementaria de cada unha das entidades participantes (agás a que actúe como representante), do conxunto das axudas solicitadas para a mesma actividade, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o anexo III.
f) De ser o caso, declaración relativa aos grupos promotores que formalizaron a súa constitución como entidade de economía social no ano inmediatamente anterior, con identificación das súas características e as persoas integrantes, e asinada de conformidade por todas elas.
g) Se é o caso, documentación acreditativa de que a entidade solicitante non pode recuperar o IVE soportado.
h) No caso de concellos ou outras entidades a que se refire o artigo 6.1.b), certificación expedida pola secretaría da entidade local, ou persoa a que legalmente lle corresponda, do acordo polo que se solicita a subvención e se aceptan as condicións e requisitos establecidos nesta orde, así como de non estar incursa a entidade solicitante nas prohibicións para obter a condición de entidade beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación das solicitudes do procedemento regulado nesta orde deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Atriga.
e) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
f) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os devanditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A comprobación será realizada polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación das axudas.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2024 e 2025 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2024 e 2025 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 11 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2024 e 2025 (DOG nº 140 do 19 de xullo de 2024).
-
Resolución do 7 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2024 e 2025 (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Subvención para o fomento da comercialización da artesanía galega.
Prazo aberto: 18/06/2025 00:00 - 17/07/2025 23:59
Obtención/renovación do selo de mercado excelente.
Aberto todo o ano
Axudas encamiñadas á mellora da seguridade, a competitividade e á obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo aberto: 20/06/2025 00:00 - 21/07/2025 23:59
Autorización para o visado dos documentos de acompañamento R(CE) 436/2009.
Aberto todo o ano