Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR807J
Axudas destinadas a creación e/ou funcionamento de Gabinetes Técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 da concesión de subvencións, pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de subvencionar a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.
As entidades beneficiarias da subvención serán:
1. As asociacións empresariais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
2. As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.
No caso de que a entidade solicitante sexa unha fundación ou outra entidade constituída por unha organización sindical ou asociación empresarial, substituirá a esta última para todos os efectos recollidos nesta orde.
Entidades non beneficiarias.
a) Aquelas entidades en que concorra nalgunha das circunstancias a que se refire o artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
c) As asociacións que se atopen integradas nunha entidade de ámbito federal ou confederal, cando a federación ou confederación da cal formen parte sexa tamén beneficiaria desta subvención.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957759
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
06/02/2024 00:00 - 05/03/2024 23:59
1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no Diario Oficial de Galicia. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes e, se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
2. Cada entidade solicitante presentará unha única solicitude de axudas. No caso de que se presentara máis dunha solicitude, só será tida en conta aquela que se presentou en primeiro lugar.
Para poderen ser obxecto de subvención, os gabinetes técnicos en materia de Igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial deberán estar integrados como mínimo por unha das seguintes:
a) Unha persoa cunha titulación de grado ou equivalente e contratada nos grupos de cotización 1 ou 2 a tempo completo, que acredite unha experiencia na elaboración de plans de igualdade e na implantación e seguimento de medidas de igualdade nas empresas de polo menos 2 anos, e unha formación mínima de 200 horas en materia de igualdade de xénero e de oportunidades entre mulleres e homes.
b) unha persoa con titulación de técnico superior en promoción da igualdade de xénero, contratada a tempo completo no grupo de cotización que lle corresponda como persoal técnico superior.
Os gabinetes cuxa creación tivese lugar en convocatorias anteriores terán que manter a súa actividade durante todo o ano natural.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. Documentación acreditativa da representación legal suficiente para actuar en nome da entidade solicitante.
2. Acordo do órgano reitor competente, debidamente acreditado, polo que se decida solicitar a subvención.
3. Unha memoria explicativa das funcións que vai desenvolver o gabinete que inclúa unha desagregación orzamentaria segundo a tipoloxía do gasto.
4. Unha relación do número de persoas que van conformar o gabinete e as funcións que vai desenvolver cada unha delas.
5. Compromiso asinado pola persoa responsable da entidade solicitante de dispor, ou estar en situación de dispor, do equipo mínimo exixido, no artigo 8 da presente orde.
6. Actuación solicitada segundo o anexo II.
7. Orzamento total o solicitado por tipoloxía de gasto (anexo III).
8. Vida laboral das entidades beneficiarias ou das que están integradas nelas e van xestionar os fondos adxudicados, dos últimos 30 días inmediatamente anteriores á data da solicitude.
9. Certificado expedido por quen exerza estas facultades na organización, de acordo cos seus estatutos, no cal se acredite a condición de membro asociado integrante da asociación (só no caso das entidades ás que se refire o artigo 11).
10. Copia do compromiso de execución formalizado polas entidades asociadas ou agrupadas, subscrito pola representación legal destas, no cal se concrete que partes do proxecto realizará cada entidade (só no caso das entidades ás que se refire o artigo 11).
11. Compromiso de responsabilidade solidaria dos seus membros e de non disolución mentres non transcorran os prazos de prescrición legalmente previstos (só no caso das entidades a que se refire o artigo 11).
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,do procedemento administrativos común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes entenderanse cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2024).
-
Resolución do 20 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (DOG nº 106 do 3 de xuño de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano