Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR807D
Axudas para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural. Programa II: impulso de proxectos empresariais colectivos.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha dos laboratorios cooperativos no rural e proceder á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020.
Os ditos laboratorios teñen por finalidade fomentar a dinamización da economía local, identificando oportunidades de negocio no territorio e seleccionando un grupo de persoas interesadas en iniciar unha actividade económica no dito sector a través da constitución dunha cooperativa ou sociedade laboral.
Establécese o seguinte programa de axuda:
- Programa II: impulso de proxectos empresariais colectivos (procedemento TR807D).
Este programa ten como finalidade esencial fomentar e promover o emprendemento colectivo baixo fórmulas de economía social no ámbito da Comunidade Autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais resultantes dos laboratorios cooperativos no rural previstos no programa I.
Poderán ser entidades beneficiarias deste programa de subvencións as cooperativas ou sociedades laborais de nova creación constituídas como resultado dun laboratorio cooperativo no rural e que teñan o seu domicilio social nun concello rural de Galicia. Para estes efectos, as cooperativas ou sociedades laborais deberán estar formadas maioritariamente por persoas socias traballadoras ou por persoas que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen na cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, que participasen con aproveitamento nun proxecto de laboratorio cooperativo no rural previsto no programa I desta orde e se encontren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de darse de alta na Seguridade Social.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545679
Fax: 981957748
Prazo de presentación: PECHADO
22/05/2019 00:00 - 01/10/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comeza a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.
e) Respecto das entidades locais, ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, nos termos establecidos polo Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación recollida no artigo e 32.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación para a solicitude da subvención.
A documentación que debe presentarse para solicitar a subvención deste programa, de acordo co previsto nos artigos 8 e 32 desta orde, é a seguinte:
a) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
b) Se é o caso, alta no Censo de Obrigados Tributarios do Ministerio de Facenda.
c) Memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa, que deberá conter os datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de produción e comercialización, a previsión de postos de traballo netos que se van crear, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal), na súa epígrafe de recursos: axudas e subvencións.
d) Anexo IV de autorización para a comprobación de datos das persoas socias promotoras.
e) Documentación específica da subvención para accións de asistencia técnica (artigo 31.1): orzamento individualizado correspondente a cada concepto subvencionable e cuantificado economicamente en todas as epígrafes.
f) Documentación específica da axuda para o lanzamento de actividade (artigo 31.2): orzamento total dos gastos necesarios para o inicio da actividade, con indicación daqueles aos que se vai destinar a subvención, así como das fontes de financiamento, xunto coas facturas, facturas pro forma, orzamentos ou declaración da previsión de gastos, cuantificado economicamente por anualidades e co IVE desagregado.
Comprobación de datos.
Para a tramitación destes procedementos o órgano xestor comrprobará de oficio a seguinte documentación:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante e das persoas socias promotoras.
c) Vida laboral das persoas socias promotoras.
d) Certificación emitida polo Servizo Público de Emprego da inscrición como demandante de emprego das persoas socias promotoras.
e) Alta no Imposto de Actividades Económicas da entidade solicitante.
f) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da entidade solicitante.
g) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da entidade solicitante.
h) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante.
En caso de que las personas interesadas se opongan a esta consulta, deberán indicarlo en el cuadro correspondiente habilitado en el formulario correspondiente y presentar los documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 95 do 21 de maio de 2019).
-
Extracto da Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 95 do 21 de maio de 2019).
-
Resolución do 2 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, e se convocan para os anos 2019 e 2020 (Diario Oficial de Galicia número 95, do 21 de maio).(DOG núm. 187 do 15 de setembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Cualificación iniciativas de emprego.
Aberto todo o ano
Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
Aberto todo o ano
Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.
Prazo aberto: 21/04/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Cualificación como empresa de inserción
Aberto todo o ano