Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR807L
Axudas destinadas ao financiamento de plans de formación compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva (Liña 2).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Financiamento de plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva, promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.2. desta orde.
En relación coas subvencións destinadas ao financiamento de actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (liña 2):
As organizacións sindicais e empresariais que participan no devandito ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución daqueles fins.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547242
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
31/01/2024 00:00 - 29/02/2024 23:59
01/03/2024 00:00 - 01/03/2024 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Para este efecto, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no DOG.
3. Se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
4. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. Para os efectos destas subvencións, considéranse de ámbito autonómico as organizacións sindicais e asociacións empresariais que estean lexitimadas para a negociación colectiva sectorial nun ámbito xeográfico e funcional específico que non exceda os límites da Comunidade de Galicia, de acordo co establecido nos puntos 2 e 3 do artigo 87 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
2. No caso de que a entidade solicitante sexa unha fundación ou outra entidade vinculada cunha organización sindical ou empresarial, substituirá esta última para todos os efectos previstos nesta orde.
3. Nos supostos recollidos no punto 1, non poderán ser beneficiarias as organizacións que se atopen integradas nunha entidade de ámbito federal ou confederal, cando a federación ou a confederación de que formen parte sexa tamén beneficiaria destas subvencións.
4. Cando a entidade beneficiaria sexa unha asociación empresarial, os membros asociados desta que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta daquela terán, igualmente, a consideración de beneficiarios.
5. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións as entidades e organizacións en quen concorra algunha das circunstancias a que se refire ao artigo 10, puntos 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Non poderán ter a condición de entidades beneficiarias, as administracións públicas, as sociedades públicas, ou as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Solicitudes.
1. Cada solicitude presentada deberá conter un único plan de formación.
2. Unha entidade solicitante poderá presentar, como máximo, no conxunto da convocatoria, un plan por cada liña. No caso de que presentase máis dunha solicitude por liña, só será tida en conta aquela que se presentase en primeiro lugar.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), conforme os anexos I e II.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes entenderanse cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representatividade da organización sindical solicitante no correspondente ámbito territorial, sectorial e intersectorial, segundo corresponda.
b) No caso de organizacións empresariais ou fundacións ou outras entidades constituídas por estas, certificado en que conste o número de empresas con que conta.
c) Orzamento total solicitado por actividades formativas (anexo III).
d) Plan de formación (anexo IV) que conterá a seguinte información:
1º. Formulación xeral da proposta.
2º. Actividades formativas solicitadas, xustificación da súa conveniencia e adecuación da proposta.
3º. Deseño e contidos do plan de formación.
4º. Obxectivos das actividades formativas.
5º. Resultados esperados do plan de formación.
6º. Metodoloxía de desenvolvemento do plan de formación.
7º. Por cada actividade formativa deberá detallarse o número de persoas participantes, o número de horas de formación, a modalidade de impartición, número de sesións ou edicións que se van impartir por cada unha e o custo da actividade.
e) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social.
f) Documentación acreditativa da representación legal suficiente para actuar en nome da entidade solicitante.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4 No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximos e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. De conformidade co establecido no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, terán tamén a condición de entidades beneficiarias os membros asociados da entidade beneficiaria que se comprometan a executar a totalidade ou parte da actividade que fundamenta a concesión da subvención en nome e por conta desta. Neste caso, xunto coa solicitude deberán achegar, adicionalmente:
a) Nomeamento dunha persoa representante ou apoderada única da asociación ou agrupación, con poderes suficientes para cumprir coas obrigas das entidades beneficiarias.
b) Copia do instrumento de formalización da asociación ou agrupación.
c) Certificado expedido por quen teña estas facultades na organización, de acordo cos seus estatutos, no cal se acredite a condición de membro asociado integrante da asociación.
d) Copia do compromiso de execución formalizado polas entidades asociadas ou agrupadas, subscrito pola representación legal destas, en que se concreten as partes do proxecto que realizará cada entidade.
c) Compromiso de responsabilidade solidaria dos seus membros e de non disolución mentres non transcorran os prazos de prescrición legalmente previstos.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa que en nome e representación da entidade que solicita a subvención.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificados de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Datos participantes formación
- Declaración expresa doutras axudas (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 8 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 21 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 8 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (códigos de procedemento TR807K e TR807L) (DOG nº 106 do 3 de xuño de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.
Aberto todo o ano
Cualificación como Centros Especiais de Emprego.
Aberto todo o ano
Situación legal de desemprego de socios/as de Cooperativas de Traballo Asociado.
Aberto todo o ano
Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis.
Prazo aberto: 17/02/2025 00:00 - 16/09/2025 23:59