Guía de procedementos e servizos

TR802Q

Premios á cooperación

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 26/01/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.

Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Economía Social

Servizo de Promoción da Economía Social

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999268

Email: economiasocial.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

26/01/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59

O prazo de presentación das solicitudes comeza ao día seguinte da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2024.

1. Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.

2. Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultasen premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos.

3. Tampouco poderán resultar premiadas as cooperativas en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

• As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

• De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

• Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

• Datos identificadores da cooperativa: data de constitución, número e clase de persoas socias, número de traballadores/as, actividade e volume de negocio anual.

• Memoria explicativa dos méritos que distinguen a candidatura, que permitan apreciar os criterios de valoración correspondentes á modalidade ou modalidades ás cales se presente. Esta memoria non poderá exceder as 20 páxinas e deberá incluír un índice e unha ficha resumo.

• Documentación xustificativa dos méritos alegados en formato texto, vídeo, fotografía etc., de modo que o tribunal poida obter unha visión o máis completa posible.

• Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

• A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

• Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

• No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 28 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2024 (DOG nº 109 do 6 de xuño de 2024).

Outros procedementos relacionados

PR750A

Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR803D

Axudas aos axentes de cooperación para execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

PR804B

Axudas ás ONGD para execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 09/06/2025 23:59

TR801A

Cualificación como Centros Especiais de Emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano