Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR802Q
Premios á cooperación.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.
Premios.
Outorgaranse os seguintes premios:
• Premio aos valores cooperativos.
• Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
• Premio á traxectoria cooperativa.
Premio aos valores cooperativos.
1. Outorgarase á cooperativa galega que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos.
2. O tribunal valorará a traxectoria das candidatas, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos valores e principios cooperativos, a súa comunicación e difusión, así como a súa adecuación ao marco socioeconómico galego. Os principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional son:
a) Adhesión voluntaria e aberta.
b) Xestión democrática por parte dos socios.
c) Participación económica dos socios.
d) Autonomía e independencia.
e) Educación, formación e información.
f) Cooperación entre as cooperativas.
g) Interese pola comunidade.
Os valores cooperativos son:
a) Axuda mutua.
b) Responsabilidade.
c) Democracia.
d) Igualdade.
e) Equidade.
f) Solidariedade.
g) Transparencia.
Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
1. Outorgarase á cooperativa galega, que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
2. O tribunal terá en conta a especial relevancia do proxecto, que pode vir determinada, entre outros, polo seu carácter innovador, a súa sustentabilidade, a súa repercusión positiva no seu contorno especialmente nos eidos económico, social, cultural e laboral.
Premio á traxectoria cooperativa.
1. Outorgarase á cooperativa galega, que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses, e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.
2. O tribunal terá en conta especialmente a solidez dos resultados económicos acadados, a xeración de postos de traballo, as relacións de intercooperación ou a expansión territorial do seu negocio.
Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
Obrigas das entidades beneficiarias, compatibilidade e reintegro.
1. As entidades beneficiarias quedan obrigadas a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, a achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da citada Lei 9/2007.
2. Os premios serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.
3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Promoción da Economía Social
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999268
Fax: 981957748
Prazo de presentación: PECHADO
09/02/2019 00:00 - 30/04/2019 23:59
O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2019. Non obstante, se o período de presentación resulte inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.
- Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultasen premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos.
- Tampouco poderán resultar premiadas as cooperativas nas cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunhas das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Datos identificadores da cooperativa: data de constitución, número e clase de socios, número de traballadores, actividade e volume de negocio anual.
b) Memoria explicativa dos méritos que distinguen a candidatura que permitan apreciar os criterios de valoración correspondentes á modalidade ou modalidades ás cales se presente. Esta memoria non poderá exceder as 20 páxinas e deberá incluír un índice e unha ficha resumo.
c) Documentación xustificativa dos méritos alegados en formato texto, vídeo, fotografía, etc., de modo que o xurado poida obter unha visión o máis completa posible.
d) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os ditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2019).
-
Extracto da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2019).
-
Resolucion do 3 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2019 (DOG nº 118 do 14 de xuño de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego
Aberto todo o ano
Axudas ás ONGD para execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 09/06/2025 23:59
Cualificación como Centros Especiais de Emprego.
Aberto todo o ano
Situación legal de desemprego de socios/as de Cooperativas de Traballo Asociado.
Aberto todo o ano