Guía de procedementos e servizos

TR802J

Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 26/01/2018 00:00 - 01/10/2018 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.

- Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).

Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que se debe desembolsar para a incorporación como socio ou socia.

O período de execución de accións abranguerá desde o 17 de marzo de 2017 ata o 16 de novembro de 2018.

1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que no momento da súa incorporación cumpran algunha das condicións seguintes:

a) Ser persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

b) Ser persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.

c) Ser persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.

d) Ser persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.

e) Ser persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial, que accedan coa mesma condición a tempo completo.

2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego, que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia.

3. As cooperativas e as sociedades laborais deberán acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, e da Lei 44/2015, do 14 de outubro, ao respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.

4. No caso de socios e socias traballadoras ou de traballo, a incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, deberá comprender, como mínimo, o 50 % da xornada ordinaria calculada en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.

5. Ningunha persoa poderá ser beneficiaria de máis dunha subvención das previstas neste programa. De recibirse máis dunha solicitude dunha mesma persoa, unicamente se dará validez á presentada, en primeiro lugar, en calquera dos sitios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e inadmitiranse as restantes. Así mesmo, non poderá concederse esta subvención a persoas que obtivesen unha subvención para financiar a achega ao capital social de cooperativas ou sociedades laborais durante os últimos cinco anos, agás no suposto sinalado no artigo 29.1.e).

6. No caso das subvencións para acceso á condición de persoa socia traballadora, será necesario acreditar a viabilidade do proxecto empresarial ao que se incorpora a persoa solicitante, mediante a memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa.

7. No caso das subvencións para o acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, será necesario acreditar a viabilidade da actividade económica que a persoa realizará por conta propia mediante a memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa.

8. No caso de cooperativas, o importe da subvención será recoñecido como achegas obrigatorias desembolsadas do novo socio ou socia ao capital social, ou como cota de ingreso que deberá incorporarse ao fondo de reserva obrigatorio. No caso das sociedades

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Economía Social

Servizo de Promoción da Economía Social

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545679

Fax: 981957748

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881582 / 981185893

Fax: 981881581

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294385

Fax: 982294258

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386196 / 988386839

Fax: 988386838

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817008

Fax: 986817010

Servizo de Promoción da Economía Social

Prazo de presentación: PECHADO

26/01/2018 00:00 - 01/10/2018 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2018, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.

Con carácter xeral, as persoas e entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.

e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes desde o momento de presentación da solicitude.

  • A documentación que debe presentarse para solicitar a subvención deste programa, de acordo co previsto no artigo 8 desta orde, é a seguinte:

    • a) No caso de actuar por representación da persoa solicitante, documentación que acredite por calquera medio válido en dereito a dita representación.

    • b) De ser o caso, documentos acreditativos da discapacidade ou da situación ou risco de exclusión social. No caso de discapacidade, só será necesario se foi recoñecida por outra comunidade autónoma.

    • c) No caso de que a persoa solicitante teña a condición de emigrante retornada, documentos xustificativos do seu nacemento en Galicia e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta.

    • d) No caso de que a persoa solicitante teña a condición de emigrante retornada, certificado de emigrante retornado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.

    • e) Se é o caso, certificación do órgano competente da cooperativa acerca da condición de persoa socia a proba, referida á data de incorporación (ou á data de presentación da solicitude, se aínda non tivo lugar a incorporación).

    • f) No caso de incorporación a unha cooperativa, certificación do acordo da asemblea xeral relativo á aprobación da contía das achegas obrigatorias das novas persoas socias e da cota de ingreso, de ser o caso.

    • g) Documentación específica da subvención para o acceso á condición de persoa socia traballadora de cooperativas e sociedades laborais (artigo 29.1):

      • 1) Memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa da entidade á que se incorpora, que deberá conter os datos de identificación e descrición da actividade con detalle dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (http://emprego.ceei.xunta.gal), no seu punto de axudas e subvencións.

      • 2) Calendario laboral da cooperativa ou sociedade laboral e certificación relativa á xornada de traballo asignada á persoa solicitante. Poderá obter un modelo na páxina web da consellería (http://emprego.ceei.xunta.gal), no seu punto de axudas e subvencións.

    • h) Documentación específica da subvención para o acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas (artigo 29.2): memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa da persoa emprendedora, que deberá conter os datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de produción e comercialización, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (http://emprego.ceei.xunta.gal), no seu punto de axudas e subvencións.

  • Para este programa II o órgano xestor comprobará de oficio a seguinte documentación, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, de acordo co disposto no artigo 10 desta orde:

    • a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

    • b) Certificación emitida polo Servizo Público de Emprego dos períodos de inscrición como demandante de emprego, así como do tempo de permanencia na situación de desemprego da persoa solicitante.

    • c) Vida laboral da persoa solicitante.

    • d) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

    • e) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Atriga.

    • f) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

    • g) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia.

    • h) Certificado de empadroamento da persoa solicitante, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo proceda:

  • a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante e das persoas por quen se solicita subvención.

  • c) Alta no imposto de actividades económicas da entidade solicitante.

  • d) Vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa solicitante ou das persoas por quen se solicita subvención.

  • e) Certificación emitida polo Servizo Público de Emprego dos períodos de inscrición como demandante de emprego, así como do tempo de permanencia na situación de desemprego da persoa solicitante ou da persoa socia traballadora ou de traballo por quen se solicita subvención.

  • f) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • g) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Atriga.

  • h) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

  • i) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou da persoa por quen se solicita subvención, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia.

  • j) Alta na Seguridade Social das persoas socias traballadoras ou de traballo incorporadas.

  • k) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou das persoas por quen se solicita subvención.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio ou solicitude de pagamento, segundo corresponda, e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A comprobación será realizada polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación das axudas, incluído o Organismo Intermedio do PO FSE Galicia 2014-2020.

  • Para o programa II (TR802J), as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para este programa II (TR802J) os formularios de solicitude tamén poderán ser obtidos, cubertos e validados pola persoa ou entidade solicitante a través da aplicación informática á que se poderá acceder igualmente a través da páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Portal de Emprego (http://emprego.ceei.xunta.gal). As solicitudes obtidas a través desta aplicación informática deberán presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude (programa I-TR802G). Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica (programa II-TR802J), opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • As persoas ou entidades que soliciten axuda para máis dun programa dos previstos nesta orde, unicamente deberán xuntar un exemplar da documentación que resulte coincidente coa primeira das solicitudes presentadas, facendo constar tal circunstancia nas posteriores.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROL-Economía Social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2018).

    • Extracto da Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROL-Economía Social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2018).

    • Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 115 do 18 de xuño de 2018).

    • Extracto da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 115 do 18 de xuño de 2018).

    • Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2018).

    • Extracto da Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2018).

    • Resolución do 5 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 25 de xaneiro de 2018) (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2019).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR701H

Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

MR701I

Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59