Guía de procedementos e servizos

TR359G

Inscrición da suspensión, disolución ou baixa da asociación no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

A regulación do procedemento de inscrición das asociacións, as súas federacións, as súas confederacións e unións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

Para os efectos da inscrición e depósito dos estatutos no rexistro, enténdese por asociación profesional de traballadores autónomos, conforme o establecido no artigo 20.2º da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, aquela que teña por finalidade a defensa e tutela colectiva dos intereses profesionais das traballadoras/es autónomas/os e funcións complementarias, que poderá desenvolver todas aquelas actividades lícitas dirixidas a esta finalidade. En ningún caso poderá ter ánimo de lucro.

Este procedemento regula a inscrición da suspensión, disolución ou baixa da asociación e as súas causas.

1.As asociacións só poderán ser suspendidas nas súas actividades por resolución motivada da autoridade xudicial competente.

2. As asociacións disolveranse polas causas previstas nos estatutos e, no seu defecto, pola vontade das súas persoas asociadas expresada na asemblea xeral convocada para o efecto, así como polas causas determinadas no artigo 39 do Código civil e por sentenza xudicial firme.

3. As asociacións causarán baixa no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia por terse producido a disolución e a liquidación da asociación, por modificación do seu ámbito territorial ou do seu réxime xurídico ou rexistral ou por outro motivo legalmente establecido.

4. No prazo dun mes desde que se producise a causa que determine a suspensión, a disolución ou a baixa da asociación, deberase dirixir a solicitude de inscrición daquela á oficina do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. A solicitude de inscrición, xa sexa da suspensión ou da disolución, xa da baixa da asociación, deberá conter os datos que se indican no artigo 17º, así como o seu número de inscrición na oficina central ou provincial do Rexistro de Asociacións de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Para a inscrición da suspensión da asociación deberase achegar, xunto coa solicitude, unha copia da resolución xudicial firme pola que se establece a suspensión das súas actividades, salvo que conste no rexistro por ter sido notificada de oficio.

Asociacións profesionais de traballadores autónomos que agrupen as persoas físicas que estean comprendidas no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que teñan por finalidade a defensa dos intereses profesionais das súas persoas asociadas e funcións complementarias, e desenvolvan principalmente as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia

Enténdese que as asociacións profesionais de traballadores autónomos desenvolven a súa actividade principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia cando máis do 50% das súas persoas asociadas estean domiciliadas nela.

Será potestativa a inscrición das federacións, confederacións ou unións de asociacións profesionais de traballadores autónomos comprendidas no mesmo ámbito territorial.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

15871  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625/ 981957590

Fax: 981544678

Servizo de Emprego Autónomo

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Xustificante de aboamento da taxa correspondente.

  • 1. Para a inscrición da suspensión da asociación:

    • Copia da resolución xudicial firme pola que se establece a suspensión de actividade.

  • 2. Para a inscrición da disolución:

    • Cesamento das persoas titulares dos órganos de goberno e representación, asinado por estes, ou as razóns da ausencia de sinatura.

    • Balance da asociación na data da solicitude.

    • Datos identificativos das persoas encargadas da liquidación, de ser o caso, coas súas respectivas sinaturas e o documento acreditativo da súa identidade.

    • Destino que se lle vai dar ao patrimonio de acordo co establecido nos seus estatutos.

    • Se a disolución tivo lugar polas causas previstas nos estatutos, referencia aos artigos en que se recollan as ditas causas e documento acreditativo da data na que se produciron aquelas.

    • Se a disolución e consecuencia da vontade das persoas asociadas expresada na asemblea xeral convocada para o efecto, a acta da reunión da asemblea xeral ou certificado daquela expedido polas persoas ou cargos con facultade para certificala, no que conste a data na que se adoptou e o quórum de asistencia e o resultado da votación.

    • Se a disolución ten lugar por sentenza xudicial firme, copia da sentenza xudicial firme pola que se dita a disolución da asociación, salvo que conste no rexistro por ter sido notificada de oficio.

  • 3. Para a inscrición da baixa da asociación:

    • Documento acreditativo de ter concorrido as circunstancias que deron lugar á disolución da asociación e do escrito asinado por todas as persoas liquidadoras no que se faga constar que se lle deu ao patrimonio resultante o destino previsto nos seus estatutos, sen que existan acredores e solicitude da cancelación dos asentos rexistrais, se a baixa se produciu como consecuencia da disolución ou liquidación da asociación.

    • Se a baixa se produciu por modificación do ámbito territorial, do rexime xurídico ou rexistral da asociación ou por algún outro motivo legalmente establecido, documento acreditativo das causas que motivaron a baixa e a data na que se produciron aquelas.

COMPROBACIÓN DE DATOS:

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos:

  • NIF da entidade solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade representante

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 222, do 12 de novembro de 2009).

    • Orde do 17 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 185, do 24 de setembro de 2010).

Outros procedementos relacionados

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR330A

Recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR341D

Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR341Q

Bono das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59