Guía de procedementos e servizos

TR359F

Inscrición da incorporación ou separación de asociacións a unha federación, confederación ou unión de asociacións no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

A regulación do procedemento de inscrición das asociacións, as súas federacións, as súas confederacións e unións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

Para os efectos da inscrición e depósito dos estatutos no rexistro, enténdese por asociación profesional de traballadores autónomos, conforme o establecido no artigo 20.2º da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, aquela que teña por finalidade a defensa e tutela colectiva dos intereses profesionais das traballadoras/es autónomas/os e funcións complementarias, que poderá desenvolver todas aquelas actividades lícitas dirixidas a esta finalidade. En ningún caso poderá ter ánimo de lucro.

Este procedemento regula inscrición da incorporación e separación de asociacións a unha federación, confederación ou unión de asociacións.

Asociacións profesionais de traballadores autónomos que agrupen as persoas físicas que estean comprendidas no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que teñan por finalidade a defensa dos intereses profesionais das súas persoas asociadas e funcións complementarias, e desenvolvan principalmente as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia

Enténdese que as asociacións profesionais de traballadores autónomos desenvolven a súa actividade principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia cando máis do 50% das súas persoas asociadas estean domiciliadas nela.

Será potestativa a inscrición das federacións, confederacións ou unións de asociacións profesionais de traballadores autónomos comprendidas no mesmo ámbito territorial.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

15871  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625/ 981957590

Fax: 981544678

Servizo de Emprego Autónomo

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Acta da reunión ou acordo da entidade federativa, ou certificado da acta ou acordo no que se resolvese a incorporación ou separación da asociación ou asociacións na que deberá constar a data en que se adoptase, a denominación exacta e o domicilio social da federación, confederación ou unións de asociacións, a denominación exacta, o domicilio social e o número de inscrición no rexistro da asociación ou asociacións que se incorporen ou separen da federación, confederación ou unión de asociacións e certificación expedida polas persoas ou cargos con facultade para certificar de cada unha das asociacións que se incorporen á federación, confederación ou unión de asociacións do acordo adoptado para a súa integración e a designación da persoa ou persoas que a representa na entidade federativa.

  • Xustificante de aboamento da taxa correspondente.

COMPROBACIÓN DE DATOS:

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos:

  • NIF da entidade solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade representante

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 222, do 12 de novembro de 2009).

    • Orde do 17 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 185, do 24 de setembro de 2010).

Outros procedementos relacionados

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR330A

Recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR341D

Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR341Q

Bono das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59