Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR353A
Subvención obradoiros duais de emprego.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
O establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación, práctica profesional e, no caso dos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes, para incentivos á contratación temporal en empresas, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.
Persoas beneficiarias participantes.
1. Poderán ser persoas beneficiarias participantes neste programa aquelas que, estando desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, teñan unha idade igual ou superior aos dezaoito anos.
2. Para poder participar neste programa é imprescindible cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato de formación en alternancia, co obxecto de estar vinculada mediante un contrato de tales características ao obradoiro dual de emprego, durante toda a duración da etapa de formación en alternancia, de acordo co previsto no artigo 11.2 e na disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, modificado polo Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.
3. Se a formación para impartir no proxecto vai dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, será necesario que o perfil do alumnado se adecúe aos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os devanditos certificados.
4. No caso de que a persoa candidata participase con anterioridade noutro obradoiro de emprego, non poderá optar á selección para recibir formación no mesmo certificado de profesionalidade, con independencia de que rematase o obradoiro anterior con resultado de apto ou non.
Beneficiarias da subvención: entidades promotoras.
1. Os proxectos de obradoiros duais de emprego poden ser promovidos polos concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións.
Poderán concorrer agrupacións de concellos, sempre que todos eles pertenzan á mesma provincia, nos seguintes casos:
• Concellos limítrofes que conformen unha área xeograficamente continua.
• Concellos que pertenzan todos eles á mesma comarca, aínda que non sexan limítrofes entre si.
• Agrupacións de concellos que reúnan os requisitos do punto anterior aos cales se poden unir outros concellos que non pertencendo á mesma comarca, limiten xeograficamente con algún dos concellos da agrupación que si pertencen a ela.
2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2022 superior a 500 persoas no ámbito territorial do proxecto, entendendo como tal o territorio do concello solicitante ou, se é o caso, a suma dos territorios dos concellos que concorran agrupados. No caso de solicitudes por parte dun concello que, segundo os últimos datos oficiais dispoñibles á data de publicación da convocatoria, teña un número igual ou inferior a 2.000 habitantes, a media de paro no ano 2022 deberá ser superior a 200 persoas. Aplicarase esta mesma media de paro mínima se se trata dunha agrupación de dous concellos en que ambos reúnan esa característica.
Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos da mesma provincia, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.
3. As entidades promotoras non poderán presentar máis dunha solicitude; en caso contrario, só se terá en conta a primeira solicitude realizada.
Cada concello ou entidade pública vinculada a este poderá participar unicamente nun proxecto, computando igualmente, para estes efectos, que sexa individual, colectivo, en condición de promotor ou como parte dunha agrupación. A participación dun concello ou entidade nun proxecto exclúe a posibilidade de participar noutro proxecto sendo unicamente compatible coa presentación de solicitude polas mancomunidades. Para a comprobación deste requisito acompañarase con cada solicitude de subvención unha declaración individual de cada un dos concellos implicados en que conste que con cargo á orde de convocatoria vixente só participa nese proxecto concreto, sexa como entidade promotora ou como asociada (anexo VI). Se aínda así se dese o caso de que un concello ou entidade vinculada concorre en máis dunha solicitude, rexeitaranse en primeiro lugar aquelas en que actúe como promotor. Se participa en máis dun proxecto como asociada, terase en conta unicamente a solicitude que entrara en primeiro lugar e poñerase de manifesto á entidade promotora das seguintes solicitudes esta circunstancia para que no prazo máximo de dez días poida presentar un cambio do seu proxecto de forma que a entidade ou agrupación resultante cumpra o requisito regulado neste parágrafo, e quedará inadmitida en caso de non emendar esta deficiencia.
4. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
5. Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas ao Consello de Contas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Avenida Salvador de Madariaga, nº 9-1º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881597/ 881881579
Email: obradoirosdeemprego.traballo.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294257/ 982294905
Email: obradoiros.emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Avda da Habana, nº 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386820/ 988386827
Email: obradoiros.emprego.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547225/ 981957724
Email: obradoiro.emprego.santiago@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
05/05/2023 00:00 - 05/06/2023 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. En todo caso, a selección irá precedida da tramitación de oferta de emprego pola correspondente oficina de emprego. A oferta deberá observar, como requisitos mínimos que deben cumprir as persoas candidatas preseleccionadas, os seguintes:
– Ter dezaoito ou máis anos de idade.
– Estar desempregadas, entendéndose nesta situación as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.
– Cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato de formación en alternancia, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales características ao obradoiro dual de emprego, desde a súa incorporación ao proxecto, en aplicación do previsto nos artigos 2 e 5 desta orde.
– Cando a formación que se vai impartir no proxecto vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados.
– No caso de que a persoa candidata participase con anterioridade noutro obradoiro de emprego non poderá optar á selección para recibir formación no mesmo certificado de profesionalidade, con independencia de que rematase o obradoiro anterior con resultado de apto ou non.
2. Na oferta de emprego que se tramite terán preferencia as persoas que solicitaran este servizo a través da súa demanda de emprego e, dentro destas, priorizarase aquelas que teñan prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral.
Ademais, priorizaranse as persoas demandantes que teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como: as persoas emigrantes retornadas; as mulleres en xeral; as mulleres vítimas de violencia de xénero; as persoas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego; as persoas paradas de longa duración; as persoas maiores de corenta e cinco anos; as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3 en que se require unha maior formación, xa que estes programas van dirixidos ás persoas que, con carácter xeral, carecen dunha cualificación profesional; as persoas con discapacidade sempre que poidan realizar os traballos e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.
3. A entidade promotora realizará a selección de entre a relación de persoas desempregadas remitidas pola oficina de emprego que deberá conter, sempre que sexa posible, tres persoas candidatas por posto.
4. O alumnado que se seleccione deberá manter o cumprimento dos requisitos de selección na data da súa incorporación ao proxecto.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. De carácter xeral: xunto coa solicitude (anexo I) deberá anexar a seguinte documentación complementaria:
a) A que acredite a personalidade xurídica da entidade solicitante mediante copia da escritura de constitución e dos estatutos da entidade, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuados da presentación destes documentos os concellos e as mancomunidades de concellos. As agrupacións de concellos constituídas a través dun convenio de colaboración deberán achegar a copia do devandito convenio, tal como se recolle no punto 1.b).
b) A que acredite o apoderamento suficiente de quen actúa en nome e representación da entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos concellos asociados. Esta circunstancia farase constar mediante copia da norma ou acordo de nomeamento publicado no correspondente diario oficial, ou mediante certificación expedida para o efecto.
c) Os concellos, as mancomunidades ou calquera outro tipo de asociacións dos concellos galegos, así como o resto de entidades a que alude o artigo 3, deberán presentar certificación expedida pola persoa titular da secretaría ou órgano equivalente da entidade promotora, en que se recolla o acordo de aprobación do proxecto e de solicitude de subvención á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade adoptado polo órgano competente e, no caso das agrupacións de concellos, as certificacións das aprobacións por cada un dos concellos participantes no proxecto e o convenio de colaboración asinado entre eles para estes efectos.
d) Declaración asinada pola persoa representante legal, en que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos estatais ou internacionais, segundo o modelo que se acompaña como anexo I. No caso dunha asociación de concellos, ademais da citada declaración asinada pola persoa representante legal do concello solicitante, cada unha do resto de persoas representantes legais dos concellos asociados deberá presentar unha declaración en que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos estatais ou internacionais, segundo o modelo que se acompaña como anexo II.
e) Certificado da persoa titular da secretaría, da persoa titular da intervención, ou cargo equivalente da entidade promotora ou, se é o caso, de cada un dos concellos asociados, en que consten as fontes de financiamento da parte do custo do proxecto que non sexa subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como unha declaración responsable da entidade solicitante, que se recolle no anexo I, de que dispón da experiencia, aptitude e capacidade administrativa, financeira e operativa necesarias para cumprir as condicións da axuda. A declaración responsable non será substitutiva, en ningún caso, da certificación en que consten as fontes de financiamento.
f) Declaración individual de cada un dos concellos implicados en que conste que con cargo á orde de convocatoria vixente só participa nun proxecto concreto, sexa como entidade promotora ou como asociada (anexo VI).
2. De carácter específico. Ademais da indicada no punto anterior, as entidades promotoras de obradoiros duais de emprego deberán achegar a seguinte documentación:
a) Certificado expedido pola persoa titular da secretaría ou cargo equivalente da entidade promotora que acredite a titularidade xurídica de cada un dos obxectos de actuación e a súa dispoñibilidade para realizar as obras ou a prestación dos servizos previstos no proxecto. No caso de titularidade privada, documento de cesión para o seu uso público por un período de tempo non inferior a vinte e cinco anos, excepto no caso de montes veciñais en man común onde se vaian desenvolver obradoiros duais forestais, en que abondará co permiso outorgado polo órgano competente da comunidade de veciños propietaria para realizar as correspondentes actividades. Tampouco será necesario o documento de cesión por un período de tempo non inferior a 25 anos no caso de obradoiros duais forestais en que non se vaian realizar obras ou servizos que impliquen un aumento significativo de valor para os propietarios sendo abondo cunha simple autorización ou permiso para a realización das actividades cando estas teñan vinculación ou afecten especificamente un predio ou predios determinados.
b) Certificado expedido pola persoa titular da secretaría ou cargo equivalente da entidade promotora que conteña a relación de todas as autorizacións administrativas que sexan exixibles atendendo á natureza xurídica e ao réxime de protección dos obxectos sobre os cales se pretende actuar con ocasión do desenvolvemento do proxecto ou, se é o caso, que faga constar que non son necesarias.
c) Autorizacións administrativas relacionadas no certificado descrito no punto anterior. A falta dalgunha autorización non impide que o expediente sexa valorado e aprobado sempre que se acredite que se presentou a solicitude ante o organismo competente antes do fin do prazo de presentación da solicitude de subvención. Neste caso, a adxudicación da subvención quedará condicionada á efectiva obtención das ditas autorizacións con anterioridade á data de inicio do obradoiro.
d) Unha única memoria do proxecto para o cal se solicita a subvención segundo o modelo que se achega como anexo III. Esta memoria, que será única mesmo no caso de que a solicitude estea presentada por varios concellos asociados, recollerá os seguintes aspectos:
• Descrición detallada da obra ou servizo que se vai realizar ou prestar, indicando o destino previsto para a súa utilización posterior. No caso de que a obra que se vai a executar o requira, achegarase proxecto básico asinado polo persoal técnico competente. O dito proxecto básico constará, cando menos, de memoria descritiva, planos xerais e orzamento con estimación global por capítulos.
• Plan formativo por especialidades en relación co proxecto de obra ou servizo que se vai desenvolver, de maneira que se estableza a correspondencia entre o plan formativo por especialidades e as unidades de obra ou servizos. Os itinerarios formativos adecuaranse, na medida do posible, ao establecido nos reais decretos dos correspondentes certificados de profesionalidade ou, na súa falta, especificaranse os módulos formativos da ocupación, indicando o número de horas e os seus contidos teórico-prácticos.
• Cada itinerario formativo deberá incluír a denominación dos módulos que o integran e a súa duración, o obxectivo xeral do módulo e os contidos teórico-prácticos.
• Orzamento e financiamento do proxecto, detallado segundo o disposto no artigo 19 desta orde.
• Datas previstas de comezo e finalización da formación, prácticas profesionais e, se é o caso, os contratos do obradoiro dual de emprego.
• Informe sobre as estratexias de desenvolvemento e perspectivas de emprego, con inclusión das previsións, o máis concretas posible, de inserción laboral do alumnado-traballador participante á finalización da súa participación no proxecto.
e) Compromisos de solicitude de incentivos á contratación por parte de empresas para ocupacións do ámbito da formación do obradoiro dual de emprego, seguindo o modelo de anexo IV.
f) De ser o caso, resolución da consellería competente en materia de economía pola que se declare a condición de concello emprendedor tanto do concello promotor como dos concellos que formen parte da agrupación ou documentación acreditativa equivalente. Para obter puntos por esta condición, regulada no título VI da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, deberá estar adquirida con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, habilitado no anexo I e achegar os ditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Compromiso de solicitude de incentivos á contratación temporal de persoas participantes nos obradoiros duais de emprego (Anexo IV)
- Declaración das axudas solicitadas para o mesmo proxecto ou finalidade (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración responsable do promotor (Anexo VI)
- Memoria (Anexo III)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 85 do 4 de maio de 2023).
-
Extracto da Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 85 do 4 de maio de 2023).
-
Corrección de erros. Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2023).
-
Corrección de erros. Extracto da Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2023).
-
Orde do 7 de novembro de 2023 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 216 do 14 de novembro de 2023).
-
Orde do 14 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2023).
-
Resolución do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio) (DOG nº 74 do 15 de abril de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción
Aberto todo o ano
Bono remuda das persoas traballadoras autónomas.
Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59