Guía de procedementos e servizos

TR351G

Subvención para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural)

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 02/08/2016 00:00 - 01/09/2016 23:59

Consellería de Economía e Industria

Fomento de emprego en colaboración coas entidades locais no medio rural a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos cuxa poboación sexa inferior a 10.000 habitantes no padrón municipal de habitantes do ano 2015, segundo as cifras oficiais publicadas polo Instituto Galego de Estatística en 1 de xaneiro de 2016, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184901

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294656

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º - 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748

Fax: 988386727

Email: ana.isabel.perez.souto@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986805247

Email: jose.manuel.estevez.heredia@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

R/ Concepción Arenal, 8-2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817685 / 986817632

Fax: 986817010

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Prazo de presentación: PECHADO

02/08/2016 00:00 - 01/09/2016 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día

Requisitos das obras ou servizos

As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas ás cales se encomende a súa execución.

b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e a práctica profesionais das persoas desempregadas.

c) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.

d) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa de seis meses.

e) Que as contratacións sexan para xornada a tempo completo.

  • Xunto co formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación:

    a) Copia do NIF da entidade solicitante no caso de denegar expresamente a súa consulta para a súa verificación a traves do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude.

    b) No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención, no Sistema de verificación da datos de identidade (anexo I), de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI.

    c) Unha memoria da obra ou servizo que se vai realizar, co detalle do perfil das persoas desempregadas que se pretenden contratar, no modelo que se publica como anexo II e cuxa relación de traballadores, por orde de preferencia, debidamente consignada por grupo de cotización e a que se terá en conta para os efectos da adxudicación sucesiva dos contratos.

    d) Certificación do secretario ou secretaria da entidade local en que consten os seguintes aspectos:

    – A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude para o caso de que non se trate do representante legal.

    – A aprobación da solicitude de subvención.

    – A disposición de financiamento para as partidas orzamentarias que sexan financiadas por aquela.

    – As retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social, con referencia da publicación oficial do convenio colectivo que resulte de aplicación, xuntando as táboas salariais vixentes no momento da solicitude.

    e) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración, se e o caso, e memoria explicativa da prestación conxunta da obra ou servizo con indicación das achegas económicas e achegas dos concellos agrupados, de acordo co punto 1 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.

    2. Forma parte da solicitude a declaración responsable que conten e que fai constar os aspectos seguintes:

    a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    b) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

    c) Que as copias dos documentos sinalados nas letras a) e b) do punto anterior coinciden cos orixinais e que se poñen á disposición da Administración actuante para achegalos cando se lle requira.

    3. Se do exame do expediente se comproba que a documentación non reúne os requisitos necesarios, e insuficiente ou non se achega na súa totalidade, farase un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 desta lei.

    4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 14 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016. (DOG nº 144 do 1 de agosto de 2016).

    • Resolución do 15 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 144, do 1 de agosto) (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811A

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59

PR402A

Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano