Guía de procedementos e servizos

TR351F

Subvención para a contratación temporal polas entidades locais de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 23/01/2016 00:00 - 22/02/2016 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das axudas e subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral, e a aprobación da súa convocatoria para o ano 2016.

Para os efectos de garantir unha distribución o máis equitativa posible dos recursos entre os distintos concellos que poidan participar nesta convocatoria, asignarase a cada entidade solicitante unha axuda inicial equivalente ás contratacións que lle correspondan en función do número de persoas perceptoras da Risga, de conformidade co tramo no que se atope cada un segundo a seguinte escala:

a) Ata 10 persoas perceptoras da Risga: ata 2 contratacións.

b) De 11 a 50 persoas perceptoras da Risga: ata 5 contratacións.

c) De 51 a 100 persoas perceptoras da Risga: ata 10 contratacións.

d) De 101 a 700 persoas perceptoras da Risga: ata 20 contratacións.

e) De máis de 700 persoas perceptoras da Risga: ata 40 contratacións

Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos e as agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución do obxecto para o que se concede a subvención.

En todo caso, a solicitude conxunta de subvención para o desenvolvemento dun servizo ou programa exclúe a posibilidade de solicitude individual.

As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Aceptación da subvención no prazo de 10 días, de conformidade co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Transcorrido o citado prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes á súa categoría profesional e titulación.

d) Con independencia do cobramento ou non da subvención, deberán satisfacer ao seu vencemento e, mediante transferencia bancaria, as obrigas económicas que se deriven do funcionamento dos servizos subvencionados, especialmente as de carácter salarial.

e) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

f) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria aquelas modificacións substantivas que afecten á realización da actividade que vaian desenvolver as traballadoras e traballadores contratadas/os, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

g) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público estatal ou internacional.

h) Realizar, cando proceda e por requirimento dos órganos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria, unha valoración do nivel de competencia profesional, así como un informe global no que se describan tanto os puntos fortes como as carencias das persoas mozas demandantes de emprego sen titulación de tipo profesional que se incorporen ao mercado de traballo a través das axudas reguladas nesta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881582

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294241

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6ª

32071 

Teléfono: 988386807

Fax: 988838629

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817032

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

23/01/2016 00:00 - 22/02/2016 23:59

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As contratacións deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) En todo caso, as contratacións polas que se conceda a subvención, deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades locais.

b) Con independencia da duración do contrato, o período de contratación subvencionable será de sete meses e a xornada de traballo será como máximo do 75 %, non podendo en ningún caso ser inferior ao 50 %, e deberá iniciarse no prazo máximo dun mes desde a data de notificación da resolución pola que se conceda a subvención.

c) A selección de traballadores e traballadoras que se contraten será realizada por un grupo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da entidade beneficiaria, que actuará de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

d) Os traballadores e traballadoras que se contraten deberán ser en todo caso persoas perceptoras da Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato. Terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras da Risga que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral e os maiores de 45 anos e os que teñan cargas familiares.

e) Calquera que sexa a entidade local que realice as contratacións, deberá solicitar as persoas demandantes non ocupadas, necesariamente mediante a presentación da oferta específica do programa de contratación de beneficiarios/as Risga, nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia. Excepcionalmente, mediante a autorización expresa da respectiva xefatura territorial, e logo da acreditación da condición de persoa beneficiaria da Risga por parte da entidade solicitante, poderán utilizarse ofertas especiais con vinculación nominal.

f) Efectuada a selección dos traballadores e traballadoras, a entidade beneficiaria procederá á súa contratación utilizando necesariamente a modalidade de contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social.

Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Xunto coa solicitude haberá que presentar a seguinte documentación complementaria:

    a) Copia do NIF da entidade solicitante. No caso de que se autorice a súa verificación a traves do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude, non será necesaria a súa achega.

    b) Copia do DNI da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención –se se autoriza a consulta, a traves do Sistema de verificación de datos de identidade (SVDI), no formulario de solicitude, non será necesaria a súa achega–.

    c) Certificación do/a secretario/a da entidade local na que consten os seguintes extremos:

    - A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.

    - A aprobación polo órgano competente da entidade local da obra ou servizo de interese xeral ou social para o que se vai contratar o/a traballador/a obxecto de solicitude de subvención.

    - A disposición de financiamento para as partidas orzamentarias que sexan financiadas por aquela.

    - As retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social, con referencia á publicación oficial do convenio colectivo que resulte de aplicación, acompañando as táboas salariais vixentes no momento da solicitude.

    d) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración, se e o caso, e memoria explicativa da prestación conxunta do proxecto con indicación das contribucións económicas e achegas dos concellos agrupados.

    Forma parte da solicitude a declaración responsable que conten, e que fai constar os extremos seguintes:

    a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    b) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

    c) Que as copias dos documentos sinalados nas letras a) e b) do apartado anterior, coinciden cos orixinais poñendose á disposición da Administración actuante para aportar estes cando se lle requira.

    Se do exame da documentación que acompaña á solicitude, compróbase que non reúne os requisitos necesarios ou non achega a totalidade da documentación exixida, requirirase á entidade solicitante para que, no prazo máximo e improrrogable de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á notificación, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, terase por desistida a súa petición, logo da correspondente resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 desa lei.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados polo/a representante legal da entidade correspondente ou persoa debidamente acreditada.

    A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    • Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), e se aproba a convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2016).

    • Orde do 28 de xuño de 2016 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), e se aproba a convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 129 do 8 de xullo de 2016).

    • Resolución do 15 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas ás entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro) (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

TR301L

Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301M

Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR350D

Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR353D

Bono remuda das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59