Guía de procedementos e servizos

TR341P

Ampliación da redución da cota da seguridade social para a consolidación do traballo autónomo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Pechado

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta nos cinco anos inmediatamente anteriores, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante os 6 meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda.

Mediante a presente axuda,  permitirase que a persoa traballadora por conta propia goce das reducións indicadas no parágrafo anterior durante un máximo de 6 meses adicionais aos primeiros seis meses, completando así un máximo de 12 meses de redución, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, segundo modificación efectuada pola Lei 31/2015, do 9 de setembro, desde a súa alta inicial ata o sexto mes desde dita alta.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

San Lázaro, s/n - planta 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957732 / 981957590 / 981544691

Email: autonomos.emprego@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9 1º Centro comercial de Elviañ

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881582/ 981185893

Fax: 981881581

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294385

Fax: 982294258

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79- 7ª

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386822 / 988386810

Fax: 988386770

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817008 / 986817016

Fax: 986817010

Servizo de Emprego Autónomo

Prazo de presentación: PECHADO

1. O período para presentar a solicitude deberá estar comprendido entre o día da alta da persoa traballadora por conta propia ou autónoma e o último día do sétimo mes desde dita alta.

2. Non obstante, para cada exercicio orzamentario o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do crédito orzamentario correspondente a ese ano ata o 30 de setembro dese exercicio.

3. Para o presente exercicio 2017, o prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30.9.2017.

1. Ser, ou ter sido, beneficiarias das reducións previstas no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo.

2. Rematar o goce das reducións indicadas no punto anterior durante o exercicio a que se refire a convocatoria desta orde de subvencións.

3. Manter as condicións que lle deron dereito a gozar das devanditas reducións nas cotas da Seguridade Social, durante o período obxecto da subvención.

4. Estar ao día das obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como coa Seguridade Social.

5. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control de destino das subvencións.

8. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito a percibir estas axudas.

Motivos de exclusión.

1. Serán excluídas aquelas persoas solicitantes en que concorran os motivos de exclusión previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa beneficiaria, motivo polo que quedarán excluídas aquelas solicitudes que se considere que están duplicadas, sendo atendida, unicamente, a primeira das presentadas.

1. A solicitude deberase presentar no modelo que figura como anexo I a esta orde xunto coa seguinte documentación:

• No suposto de actuar mediante representante, copia da documentación fidedigna que acredite a dita representación. Poderase achegar declaración ante un notario ou secretario municipal, adquirindo esta a categoría de documento público, podendo ser substituída por declaración en comparecencia persoal do representado ante o órgano xestor.

• Recibos bancarios xustificativos do pagamento da cotización, correspondentes a dous dos seis primeiros meses desde a alta inicial.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

3. De acordo co disposto no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, de acompañamento dos orzamentos para o ano 2017, a xustificación da concorrencia das circunstancias indicadas no devandito artigo para establecer a obriga de relacionarse electronicamente coa Administración na presentación das persoas físicas, vén motivada polo feito de que as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta orde de subvencións son autónomas que exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, en calquera actividade comercial que realicen.

4. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

5. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

6. Para garantir que as persoas que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Alta no réxime especial de traballadores autónomos.

c) Alta no imposto de actividades económicas (IAE).

d) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter permanente, que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 160 do 24 de agosto de 2017).

    • Extracto da Orde do 9 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter permanente, que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 160 do 24 de agosto de 2017).

    • Resolución do 5 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter permanente, que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 160, do 24 de agosto) (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2019).

Outros procedementos relacionados

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340E

Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/04/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR341D

Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59