Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341L
Programa de emprego con apoio como medida de fomento de emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2016 das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través do seguinte programa:
- Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo (capítulo III).
A finalidade deste programa é favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral mediante a súa contratación en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
O obxecto deste programa é subvencionar ás entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.
1. As persoas destinatarias finais do Programa de emprego con apoio serán traballadores e traballadoras con discapacidade inscritos nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego non ocupados, así como traballadores e traballadoras con discapacidade contratados por centros especiais de emprego, sempre que, en ambos os dous casos, se atopen nalgún dos supostos que se describen a continuación:
a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
c) Persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
2. As ditas persoas traballadoras deberán ser contratadas por unha empresa do mercado ordinario de traballo para ser empregadas efectivamente na organización produtiva da empresa.
As empresas terán dereito aos beneficios previstos na normativa sobre contratación de persoas traballadoras con discapacidade nos termos establecidos nela e, en concreto, poderán solicitar as subvencións do Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, regulado no capítulo II desta orde.
3. Poderán ser persoas destinatarias finais deste programa as sinaladas nas letras a), b) e c) do punto 1 deste artigo que, estando empregadas mediante un contrato de carácter indefinido, requiran o desenvolvemento das accións de emprego con apoio previstas no artigo 31 desta orde, como consecuencia dunha alteración das condicións da prestación do seu traballo ou do seu contorno laboral que produzan agudos problemas de adaptación que ameacen a continuidade da súa actividade produtiva.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro S/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544682 / 981544716
Fax: 981544678
Prazo de presentación: PECHADO
27/01/2016 00:00 - 26/02/2016 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da Orde do 13 de xaneiro de 2016 no Diario Oficial de Galicia.
Requisitos e duración dos proxectos de emprego con apoio
1. Os proxectos de emprego con apoio deberán facer constar, polo menos, os seguintes aspectos:
a) Identificación da empresa que vai contratar ás persoas traballadoras con discapacidade que van recibir apoio, así como o seu compromiso de contratación das ditas persoas traballadoras.
b) Identificación da entidade promotora que vai levar a cabo as accións de emprego con apoio a través dos preparadores e das preparadoras laborais que ten contratados ou que vai contratar, neste caso, deberá expresar o seu compromiso de contratación.
c) Número de persoas traballadoras con discapacidade que van recibir as accións de emprego con apoio, con indicación do tipo e grao de discapacidade, tipo e duración de contrato que se lles vai formalizar e do centro ou centros de traballo en que van efectuar a prestación laboral, así como a descrición de cada un dos postos de traballo.
d) Relación dos preparadores e das preparadoras laborais que lles van prestar o apoio ás persoas traballadoras con discapacidade con indicación do tipo e duración do contrato de traballo formalizado ou que van formalizar coa entidade promotora do emprego con apoio.
e) Descrición da previsión das accións de emprego con apoio que cada preparador ou preparadora vai prestar a cada unha das persoas traballadoras con discapacidade que lle corresponda atender, especificando a duración das ditas accións e a distribución temporal prevista nelas.
f) Nomeamento, por parte da empresa que vai contratar ás persoas traballadoras con discapacidade que van recibir apoio, entre o seu persoal, da figura do coordinador ou coordinadora do proxecto con apoio, que desenvolverá accións para facilitar as relacións entre as persoas con discapacidade, os preparadores e as preparadoras laborais e o persoal da empresa, así como o seguimento e avaliación por parte da empresa.
g) Convenio ou convenios de colaboración a que se refire o artigo 35, no caso de que a entidade promotora sexa distinta da empresa que contrata as persoas traballadoras con discapacidade.
2. As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio que, para os efectos desta orde, terán unha duración máxima dun ano, prorrogable ata outro ano máis.
Non obstante, no caso de persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 32, número 1.letra a), o prazo máximo de dous anos poderase ampliar ata seis meses máis, sempre e cando se detecten situacións de especial dificultade que exixan necesidades específicas de apoio.
3. As accións de emprego con apoio que teñan por persoas destinatarias finais as recollidas no suposto sinalado no artigo 32, número 3 desta orde poderanse desenvolver en proxectos de emprego con apoio cunha duración de entre un e seis meses.
As solicitudes deberanse presentar nos modelos normalizados que figuran como anexos numericos á orde e deberán ir acompañadas do orixinal ou copia compulsada ou debidamente cotexada da seguinte documentación:
a) Solicitude no modelo anexo IV-B (procedemento TR341L) que incluirá a declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.
b) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante da entidade en caso de non prestar a autorización, no modelo de solicitude, á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.
c) Se o solicitante e persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
d) Documento constitutivo da entidade promotora do proxecto de emprego con apoio e as súas posibles modificacións, xunto cos estatutos sociais.
e) Documentos acreditativos da inscrición da entidade no rexistro correspondente.
f) Memoria que permita valorar a competencia, experiencia e capacidade da entidade promotora, con indicación dos recursos materiais de que dispoñen para desenvolver as actuacións polas cales se solicita subvención.
g) Curriculo dos preparadores ou preparadoras laborais, xunto cos documentos que acrediten a súa formación e experiencia profesional para a realización das accións de emprego con apoio. No caso de ter formalizada a contratación, contratos de traballo.
h) Certificación de gastos relativos aos custos salariais e de seguridade social por conta da entidade promotora dos preparadores e das preparadoras laborais, en función da duración do apoio e da xornada realizada, referido ao período polo que se solicita a subvención, segundo o modelo do anexo VII-B, (deberase presentar un anexo por cada preparador ou preparadora). Achegaranse copias das nóminas e dos documentos de transferencia bancaria que xustifiquen o seu pagamento, correspondentes ás mensualidades xa aboadas na data da solicitude.
i) TC-2 e documento de ingreso da cotización á Seguridade Social, correspondentes aos meses polos cales se solicita a subvención xa ingresados, conforme ás normas da Seguridade Social, na data da solicitude.
j) Copia do proxecto de emprego con apoio, que incluirá as accións que se vaian desenvolver, segundo o previsto no artigo 31 desta orde, así como os requisitos e duración, establecidos no artigo 34, e recollerá os obxectivos, recursos, orzamento, fases de implantación e sistemas de avaliación dos resultados. Deberase indicar expresamente se se trata da solicitude de prorroga dun proxecto de emprego con apoio conforme o previsto no artigo 34, número 2.
k) Relación nominal dos traballadores e das traballadoras con discapacidade que van recibir as accións de emprego con apoio, con indicación do tipo e grao de discapacidade, do tipo, duración e xornada do contrato formalizado ou que se lles vai formalizar e do centro ou centros de traballo en que efectúan ou van efectuar a prestación laboral (segundo o modelo do anexo V-B).
l) No caso de ter formalizada a contratación, contratos de traballo dos traballadores e traballadoras con discapacidade.
m) Descrición de cada un dos postos de traballo que van ocupar os traballadores ou traballadoras con discapacidade (segundo o modelo do anexo VIII), ou calquera outro que, respectando o contido mínimo, queira presentar a persoa ou entidade solicitante.
n) Relación nominal dos preparadores e preparadoras laborais que prestan ou van prestar o apoio ás persoas traballadoras con discapacidade con indicación do tipo, duración e xornada do contrato de traballo formalizado, ou que van formalizar coa entidade promotora do emprego con apoio, caso en que deberá expresar o seu compromiso de contratación (segundo o modelo do anexo VI-B).
ñ) Descrición detallada das accións de emprego con apoio que cada preparador ou preparadora vai prestar a cada unha das persoas traballadoras con discapacidade que lle corresponda atender, especificando a duración das ditas accións e a distribución temporal prevista destas. Engadirase un cronograma cos apoios realizados ou que se van realizar no total do período que se subvencionará do 1 de outubro de 2015 ao 30 de setembro de 2016.
o) De ser o caso, acreditación das circunstancias que requiran a prestación das accións de emprego con apoio ás persoas con discapacidade no suposto dunha alteración das condicións da prestación do seu traballo, ou do seu contorno laboral que produzan agudos problemas de adaptación que ameacen a continuidade da súa actividade produtiva.
p) Se e o caso, acreditación do pagamento dos gastos en concepto de desprazamento nas nóminas dos preparadores ou preparadoras laboráis, xunto cunha declaración asinada pola entidade e o preparador ou a preparadora laboral, relativa aos custos reais aboados, relacionando os desprazamentos aos concellos polos que se solicita a subvención.
As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver, e deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia da persoa solicitante ou da persoa representante que actue con poder suficiente.
Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nos rexistros da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico da Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comúnmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico da Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- Solicitude
- Anexo VI-B
- Anexo VIII
- Anexo V-B
- Anexo IV-B
- Anexo VII-B
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).
-
Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2016).
-
Corrección de erros. Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 226 do 25 de novembro de 2016).
-
Orde do 1 de decembro de 2016 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 233 do 7 de decembro de 2016).
-
Resolución do 2 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2015) (DOG nº 38 do 22 de febreiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)
Aberto todo o ano