Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR331A
Subvencións a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que realicen accións de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articuladas en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
a) As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local cuxa titularidade corresponda integramente a esta, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes teñan unha media de paro rexistrado no ano 2016 superior a 500 persoas, ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
Neste caso, un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través de convenio de colaboración ou mancomunadamente con outros.
b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das anteriores con experiencia na realización de accións de información e orientación laboral.
c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que estean constituídas como centros colaboradores especiais de orientación, e consten como tales na relación de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia ou, en caso contrario, xustifiquen a existencia dun colectivo cuantificable de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social que atender.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia
Servizo de Orientación Laboral
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545292
Fax: 981545765
Prazo de presentación: PECHADO
24/03/2017 00:00 - 24/04/2017 23:59
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
a) Dispoñer de locais con despacho ou despachos axeitados para a atención individual ás persoas demandantes de emprego e que reúnan as condicións de accesibilidade e calidade necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades descritas no artigo 3 desta orde.
b) Dispoñer dunha conta de correo electrónico que actúe como caixa de correo do servizo (polo que na súa denominación deberá constar, necesariamente, o termo «orientación» e a denominación da entidade), para os efectos de realizar as comunicacións electrónicas coa entidade.
c) Dispoñer de conexión coa rede corporativa da Xunta de Galicia vía internet. O hardware de comunicación que posibilite a conexión á rede corporativa da Xunta de Galicia terá que cumprir os estándares definidos polo organismo xestor da dita rede.
d) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo TCP/IP. A conexión do ordenador á rede corporativa da Xunta de Galicia deberá ser exclusiva. Unha vez establecida esta, non se poderá acceder a el a través doutras canles de comunicación por elementos situados en redes alleas á propia entidade. A entidade para o seu acceso vía internet deberá dispor dunha IP fixa. Tanto o software de base instalado como as características do hardware da estación de traballo deberán posibilitar o correcto funcionamento da aplicación informática cliente do Servizo Público de Emprego de Galicia.
e) Dispoñer de acceso á internet e correo electrónico e aplicar medidas de seguridade de nivel medio no tratamento da información de carácter persoal; as entidades que teñan acceso a datos de nivel alto deberán contar coas medidas de seguridade acordes coa información que tratan. Ademais, deberase contar con software antivirus debidamente actualizado e con mantemento periódico en todas as estacións de traballo que teñan acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que incorran nalgunha das prohibicións que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunto co formulario de solicitude, deberá anexarse a seguinte documentación:
a) Só para o caso das entidades previstas no artigo 2.1.b) e c) desta orde, copia do documento constitutivo e dos estatutos da entidade, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos.
b) Copia do NIF, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
c) Documentación acreditativa de representación legal para asinar a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolucións, mandato, certificado expedido polo secretario ou acta onde se determine a dita representación.
d) Memoria explicativa das accións que se van desenvolver, que deberá presentarse necesariamente segundo o modelo que se publica como anexo II, así como anexo III no caso de solicitar mantemento de servizos.
e) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración e memoria explicativa, se é o caso, da prestación conxunta do servizo de orientación laboral con indicación das achegas económicas ou doutra índole dos concellos agrupados, o importe da subvención que se vai aplicar a cada un deles, así como o nomeamento da persoa representante ou apoderada única da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 in fine da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2017 (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2017).
-
Resolución do 12 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2017 (Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo) (DOG nº 61 do 27 de marzo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano