Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR320A
Premios RSE Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Aprobar as bases reguladoras e convocar os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia).
Tipoloxía de premios.
Os recoñecementos dos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia son de dous tipos: Premio á Responsabilidade Social Empresarial, en que haberá 3 categorías, pequena, mediana e grande empresa e Mención á Conciliación, que non ten categorías sendo independente o tamaño da empresa.
Valoración da empresa segundo tipoloxía.
1. No Premio á Responsabilidade Social Empresarial, a valoración da empresa realizarase dun xeito integral nos tres ámbitos: laboral-económico, ambiental e de acción social. O xurado terá en conta os seguintes aspectos en que deberá destacar a empresa:
1.1. No ámbito laboral-económico:
a) Creación de emprego de calidade e indefinido.
b) Implantación de medidas para a redución de taxas de absentismo inxustificado, enfermidades profesionais e de número de accidentes de traballo.
c) Promoción do desenvolvemento individual e profesional das persoas traballadoras mediante plans de formación, promoción, cualificación así como desenvolvemento de actuacións e habilidades das persoas para mellorar a súa empregabilidade.
d) Investir en novas tecnoloxías.
e) Contar con plan de igualdade ou con medidas positivas en materia de igualdade que vaian máis alá dos requerimentos legais convencionais.
f) Adopción de medidas para a prevención do acoso laboral, sexual e o acoso por razón de xénero.
g) Aplicar unha igualdade retributiva.
h) Contar coa presenza de mulleres nos órganos de goberno e administración da empresa e outras similares.
i) Integrar un goberno responsable da empresa.
j) Sistematizar as canles de diálogo entre a empresa e os distintos grupos de interese.
k) Dispoñer dun código ético ou similar.
l) Dispoñer de órganos específicos responsables de velar pola adopción e aplicación de programas en materia de RSE e/ou de igualdade.
m) Reportar información financieira e/ou non financieira aos órganos de control.
n) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa laboral.
ñ) Apoio explícito ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
o) Emprego de mulleres mozas.
p) Emprego de modelos de publicidade igualitaria e non sexista nas comunicacións comerciais.
q) Promoción interna nos niveis en que as mulleres estean en menor proporción que os homes.
r) Outros criterios alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).
1.2. No ámbito ambiental:
a) Innovacións en produtos e servizos, en sistemas ou procesos de produción, con fins ambientalmente sustentables.
b) Campañas de información e sensibilización ambiental entre os grupos de interese internos e/ou externos e a sociedade en xeral.
c) Plans ou actuacións de eco-eficiencia no consumo de enerxía, auga e recursos naturais.
d) Tratamento de residuos.
e) Establecemento de medidas de aforro de enerxía, reciclaxe e transportes alternativos para redución de custos.
f) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa ambiental.
g) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative( GRI).
1.3. No ámbito de acción social:
a) Recoñecemento da diversidade.
b) Procura da igualdade de oportunidades e integración social.
c) Compromiso coa comunidade.
d) Actividades de voluntariado.
e) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa social.
f) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).
2. Na Mención á Conciliación distinguirase a iniciativas empresariais que de maneira significativa propicien a conciliación laboral, familiar e persoal e a corresponsabilidade. O xurado terá en conta os seguintes aspectos en que deberá destacar a empresa:
a) Medidas de usos de tempo que faciliten que o seu persoal poida organizarse mellor, á vez que se mellora a organización empresarial.
b) Promoción da igualdade efectiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos relacionados coa actividade da empresa.
c) Dotación de salas de repouso e lactación nos centros de traballo para as traballadoras embarazadas e nais e pais nos casos de lactación.
d) Recursos e estruturas para o coidado doutras persoas.
e) Medidas que posibiliten o desenvolvemento persoal.
f) Promoción interna nos niveis en que as mulleres estean en menor proporción que os homes.
g) Modificación de roles entre mulleres e homes que posibiliten a implicación de ambos coa familia, co fogar ou co traballo.
h) Desenvolvemento de medidas innovadoras para a conciliación e a corresponsabilidade tales como: teletraballo, flexibilidade horaria, sistemas de compensación de días e horas, xornadas intensivas ou comprimidas, permisos especiais para situacións de emerxencia, xornadas especiais en períodos de vacacións escolares.
i) Incentivos á solicitude de permisos de paternidade.
j) Reducións de xornada ou excedencias para o coidado de fillos e fillas ou de persoas dependentes a cargo.
h) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).
Poderán optar aos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957759/ 981544615
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
17/04/2019 00:00 - 17/07/2019 23:59
Segundo a Orde de modificación do 11 de xuño de 2019 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2019), amplíase o prazo de presentación das candidaturas ata o día 17 de xullo de 2019.
As candidaturas serán presentadas polas empresas que opten a estes premios (segundo modelo anexo I).
As propostas das candidaturas presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa proposta de candidatura presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da proposta de candidatura aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das propostas de candidatura poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da proposta de candidatura deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da proposta de candidatura e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Coa candidatura deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa completa en que se desagreguen e numeren as accións desenvolvidas pola empresa, cun máximo de 20 folios a dúas caras, asinada por quen representa a candidata, en que se expoñan os méritos e circunstancias que concorran, que deberá conter:
Identificación da empresa candidata.
Breve descrición do obxecto social da candidata.
As accións desenvolvidas pola empresa, coa indicación dos datos máis relevantes como, o período de execución, os obxectivos fixados, as persoas da organización implicadas, a achega financeira ás medidas desenvolvidas, os resultados obtidos, así como plans futuros de implantación de novas medidas, indicando, neste caso, o prazo de execución.
b) Criterios de valoración segundo o establecido no anexo II.
c) No caso de ter un sitio web, deberá indicar a páxina ou páxinas en que se dedican á responsabilidade social. Os sitios web deberán cumprir o disposto na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
d) Poderá achegarse o material adicional que se considere pertinente para a presentación da candidatura, como fotografías, vídeos.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade candidata.
c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (DOG nº 74 do 16 de abril de 2019).
-
Orde do 11 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Cualificación iniciativas de emprego.
Aberto todo o ano
Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
Aberto todo o ano
Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.
Prazo aberto: 21/04/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Cualificación como empresa de inserción
Aberto todo o ano