Guía de procedementos e servizos

TR308A

Certificado de profesionalidade e acreditacion parcial acumulable.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de tramitación dos certificados de profesionalidade e das acreditacións parciais acumulables (acreditación de unidades de competencia) que correspondan, conforme a lexislación vixente, ao alumnado da formación profesional para o emprego, da formación profesional do sistema educativo e as persoas participantes nos procedementos de recoñecemento da competencia profesional de Galicia; así como aprobar o formato de solicitude (TR308A) para a expedición de certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables.

Finalidade do procedemento.

O procedemento para a solicitude de certificados de profesionalidade e de acreditacións parciais acumulables que se regula na presente orde ten como finalidade dar resposta á necesidade de integración, transferencia e recoñecemento das competencias profesionais obtidas, favorecendo a transparencia do mercado de traballo e posibilitando a validación das unidades de competencia que coincidan entre os certificados de profesionalidade e os títulos de formación profesional e facilitar así a aprendizaxe permanente.

1. Poderán solicitar a expedición dun certificado de profesionalidade:

• O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional para o emprego autorizadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e acredite ter superado con avaliación positiva todos os módulos formativos que conforman o certificado de profesionalidade.

• O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia que superen todos os módulos profesionais asociados ás unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade; excepto que teña completado o correspondente título de FP.

• As persoas que, a través do procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida por experiencia laboral ou formación non formal en Galicia, acrediten a totalidade das unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade.

• As persoas que, mediante a acumulación de acreditacións parciais acumulables adquiridas por calquera das vías descritas nos puntos anteriores, completen todas as unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade.

2. Poderá solicitar unha acreditación parcial acumulable:

• O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional para o emprego en Galicia e acredite ter superado con avaliación positiva algún módulo formativo e non complete todos os módulos dun certificado de profesionalidade.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego

Edificio Administrativo S. Lazaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546840

Email: ctb.igcualif@xunta.gal

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • As persoas interesadas deberán solicitar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral o certificado de profesionalidade ou as acreditacións parciais acumulables no modelo establecido no anexo I desta orde.

  • Cando unha persoa completase un certificado de profesionalidade a través de distintas accións formativas, a solicitude de expedición do certificado de profesionalidade dirixirase á Administración competente que xestionase a última acción, que se encargará tamén do rexistro del, tal e como se establece no artigo 28 da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento de solicitude de certificado de profesionalidade e de acreditación parcial acumulable.

  • As persoas interesadas que queiran solicitar un certificado de profesionalidade deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • A. O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional para o emprego autorizadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral:

      • Copia do diploma ou diplomas que acrediten a superación de todos os módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade ou a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso en que proceda.

      • Copia da documentación que acredite os requisitos académicos ou dos requisitos de acceso ás accións formativas que dan dereito á obtención dun certificado de profesionalidade segundo o disposto no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 onde se recollen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • B. O alumnado que cursase ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia:

      • Copia da certificación de módulos profesionais asociados á totalidade de unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade.

      • Copia da certificación do módulo de formación en centros de traballo ou a exención do módulo de FCT que permita a acreditación do módulo de prácticas non laborais incluído no certificado de profesionalidade.

      • Copia da documentación que acredite os requisitos académicos de acceso ao ciclo formativo ou dos requisitos de acceso ás accións formativas que dan dereito á obtención dun certificado de profesionalidade.

    • C. As persoas do procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida por experiencia laboral ou formación non formal en Galicia:

      • Copia do documento que acredite as unidades de competencia obtidas a través deste procedemento de recoñecemento da competencia profesional.

As persoas interesadas que queiran solicitar unha acreditación parcial acumulable deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do diploma ou diplomas que acrediten a superación dos módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade.

  • Copia da documentación que acredite os requisitos académicos ou dos requisitos de acceso ás accións formativas que dan dereito á obtención dun certificado de profesionalidade, segundo o disposto no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 onde se recollen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, cando se dispoña del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • DNI ou NIE da persoa representante.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de febreiro de 2019 pola que se establece o procedemento de expedición de certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2019).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade (BOE nº 27 do 31 de xaneiro de 2008).

    • Real Decreto 1675/2010, do 10 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación (BOE nº 318 do 31 de decembro de 2010).

    • Corrección de erros do Real Decreto 1675/2010, do 10 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación (BOE nº 7 do 8 de xaneiro de 2011).

    • Real Decreto 189/2013, do 15 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación (BOE nº 69 do 21 de marzo de 2013).

    • Corrección de erros do Real Decreto 189/2013, do 15 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2013).

Outros procedementos relacionados

ED306A

Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59

ED308A

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano