Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

TR307A - Solicitude de certificación persoal para a manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados nos mesmos.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

Se poderá presentar a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no DOG.

  • Copia compulsada do certificado de profesionalidade
  • Certificado, emitido pola entidade de formación acreditada, de ter superado o curso específico requirido.
  • Acreditación de experiencia previa anterior a 2009 (vida laboral).
  • Declaración responsable de non estar inhabilitado para a obtención da certificación persoal (anexo II).

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DAS CUALIFICACIÓNS
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981546841 / 981546806 Fax: 981544604

Aprobar o modelo de solicitude de certificación persoal para a manipulación de gases fluorados, que figura como anexo I a esta resolución.

Beneficiarios:

Só poderán solicitarse, ante esta consellería, aqueles certificados acreditativos cando a persoa estea en posesión dun certificado de profesionalidade, ou ben como consecuencia da realización da formación prevista no anexo II do R.D. 795/2010, do 16 de xuño, cando esta se realizase nun centro autorizado pola Consellería de Traballo e Benestar.

Requisitos:

1. CERTIFICADO ACREDITATIVO PARA EQUIPAMENTOS DE CALQUERA CARGA DE REFRIXERANTES FLUORADOS
Poderase obter por algunha das seguintes vías:
a) Curso de formación Programa formativo 1 + posesión de:
· Certificado de profesionalidade de frigorista (R.D. 942/1997), ou
· Certificado de profesionalidade de mantedor de aire acondicionado e fluídos (R.D. 335/1997)
b) Curso de formación cos contidos dos programas formativos 1 e 2 + experiencia anterior a 2009 de, polo menos, 2 anos
c) Curso de formación cos contidos do programa formativo 1 + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do programa formativo 2 + experiencia
anterior a 2009 de, polo menos, 5 anos
d) Estar en posesión dun dos seguintes certificados de profesionalidade de:
· Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas (R.D. 1375/2008).
· Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación extracción (R.D. 1375/2008).

2. CERTIFICADO ACREDITATIVO PARA EQUIPAMENTOS CON CARGA INFERIOR A 3 KG DE GASES FLUORADOS
Poderase obter por algunha das seguintes vías:
a) Curso de formación con programa formativo 3 do anexo II, + experiencia anterior a 2009 de 2 anos de instalacións de refrixeración e aire acondicionado de
menos de 3 kg.
b) Acreditación de ter superado un curso de formación cos contidos do programa formativo 4 do anexo II.
c) Estar en posesión dun dos seguintes certificados de profesionalidade de:
· Certificado de profesionalidade de frigorista (R.D. 9421997), ou
· Certificado de profesionalidade de mantedor de aire acondicionado e fluídos (R.D. 335/1997).

3. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE SISTEMAS FRIGORÍFICOS QUE EMPREGUEN REFRIXERANTES FLUORADOS DESTINADOS A CONFORT TÉRMICO DE PERSOAS INSTALADOS EN VEHÍCULOS
Acreditación de ter superado un curso de formación cos contidos do programa formativo 5 do anexo II.

4. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS QUE EMPREGUEN GASES FLUORADOS COMO AXENTE EXTINTOR
Acreditación de ter superado un curso de formación cos contidos do programa formativo 6 do anexo II.

5. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE DISOLVENTES QUE CONTEÑAN GASES FLUORADOS E EQUIPAMENTOS QUE OS EMPREGAN
Acreditación de ter superado un curso de formación cos contidos do programa formativo 7 do anexo II.

6. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A RECUPERACIÓN DE HEXAFLUORURO DE XOFRE DE EQUIPAMENTOS DE CONMUTACIÓN DE ALTA TENSIÓN
Acreditación de ter superado un curso de formación cos contidos do programa formativo 8 do anexo II.

AUTONÓMICA

Resolución do 15 de febreiro de 2012 pola que se publican os modelos de solicitude de certificacións persoais e de autorización de centros para a impartición dos programas formativos referidos á manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles (DOG nº 39 de 24 de febreiro de 2012).

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional