Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR305A
Inscrición no procedemento de recoñecemento da competencia profesional.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación,(código do procedemento: TR305A ) para un total de 2.067 prazas nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 7.700 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas
Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016): 153 prazas
Novas prazas: 400 prazas
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 435 prazas
Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016): 35 prazas
Novas prazas: 400 prazas
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 65 prazas
Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016): 15 prazas
Novas prazas: 50 prazas
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 224 prazas
Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016): 24 prazas
Novas prazas: 200 prazas
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 278 prazas
Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016): 78 prazas
Novas prazas: 200 prazas
- Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 162 prazas
Prazas lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016):162 prazas
- Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas
Prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera ( Orde 30 de decembro de 2016): 25 prazas
Novas prazas: 125 plazas
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural.( SEA 595_2 ): 100 prazas
Prazas lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde 30 de decembro de 2016): 100 prazas
- Confección e mantemento de artes e aparellos ( MAP005_2): 50 prazas
Persoas traballadoras asaliaradas, autónomas ou por conta propia, voluntarias ou bolseiras.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546840
Fax: 981544604
Prazo de presentación: PECHADO
28/12/2017 00:00 - 26/01/2018 23:59
1. O prazo de inscrición será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2)
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2)
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2)
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3)
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2)
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2)
- Tanatopraxia (SAN491_3)
- Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2)
2. Non necesitan inscribirse novamente xa que acederán directamente ao procedemento, as persoas que quedaron na lista definitiva de persoas en lista de espera, na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016; nas cualificacións profesionais indicadas no punto 1 onde existan esas listas de espera
3. Non se abre prazo de inscricións nas cualificacións profesionais de Extinción de incendios e salvamento e Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural xa que accederán directamente ao procedemento as persoas candidatas que figuraban na lista definitiva de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016; por orde de puntuación e ata o total de prazas convocadas, tal e como se indica no artigo 4.3 desta orde.
1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir, os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º. No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2º. No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nestes.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
2. As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados no artigo 8 desta orde, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación.
Segundo o establecido no artigo 11.2 do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, para estudar estes casos, a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral designará os asesores e asesoras necesarios, que emitirán un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva.
Solicitude segun o Anexo III.
Curriculum vitae en formato oficial (Anexo IV).
Para persoas estranxeiras, permiso de traballo e só no caso de opoñerse expresamente a consulta de residencia ou de non presentar o documento acreditativo.
Certificado de rexistro de cidadán comunitario/a ou tarxeta familiar de cidadán da Unión ou, se é o caso, copia do pasaporte en vigor.
Certificado acreditativo de discapacidade en vigor, naqueles casos en que o certificado non sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.
SOLICITANTES CON EXPERIENCIA LABORAL.
Solicitantes que adquiriron as competencias como persoas traballadoras asalariadas.
Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade a que estivesen afiliados, onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación.
Contrato de traballo ou certificación da empresa onde adquirise a experiencia laboral, na que conste especificamente a duración dos períodos de prestación do Insituti Social da mariñacontrato, a actividade desenvolvida e o intervalo de tempo no que se realizou a devandita actividade. Pode utilizarse o Anexo V.
Solicitantes que adquiriron as competencias como traballadores autónomos ou por conta propia
Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou do Instituto Social da Mariña dos periodo de alta na Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos.
Descrición da actividade desenvolvida e intervalo de tempo en que se realizou esta. Pode utilizarse o anexo V.
Solicitantes que adquiriron as competencias como traballadores voluntarios ou bolseiros.
Certificación da organización en que consten as actividades e funcións realizadas e o número total de horas. Pode utilizarse o anexo V.
Solicitantes que adquiriron as competencias a través de formación non formal.
Documento do centro de formación no que consten os contidos e as horas de formación.
SOLICITANTES MAIORES DE 25 ANOS QUE NON POIDAN XUSTIFICAR A SÚA EXPERIENCIA LABORAL OU FORMATIVA MEDIANTE OS DOCUMENTOS ANTES SINALADOS
Documentos ou medios de proba presentados (especificar).
OUTROS DOCUMENTOS PRESENTADOS.
Acreditacións parciais de unidades de competencia ou módulos de formación que dean dereito á acreditación da/s cualificacións solicitadas.
Compriobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI ou NIE da persoa solicitante
Certificado de residencia en España, no caso de persoas estranxeiras
MARQUE O CADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN
Certificado de discapacidade da persoa solicitante, no caso de ser recoñedida pola Xunta de Galicia
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 244 do 27 de decembro de 2017).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral (BOE nº 205 do 25 de agosto de 2009).
-
Outros procedementos relacionados
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano
Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.
Aberto todo o ano
Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta
Aberto todo o ano