Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR303B
Accións formativas do Plan de formación no Xacobeo
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas do Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade (procedemento TR303B).
Tamén poderán participar nas referidas accións formativas reguladas por esta orde aqueles colectivos que, para tales efectos, se determinan no artigo 27.
2. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2021-2022.
Así mesmo, coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o período 2021-2022.
Programas de formación
1. Poderán subvencionarse aqueles programas de formación constituídos por accións formativas dirixidas á adquisición de competencias técnicas profesionais específicas relacionadas cos sectores do ámbito da hostalaría e turismo.
Cada convocatoria especificará as accións formativas que, de ser o caso, se consideren prioritarias, e poderá establecer un número límite de grupos por acción formativa que se financien por centro e/ou entidade de formación.
2. Cada centro ou entidade de formación só poderá formular unha solicitude, e incluirá nela, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, todas e cada unha das accións formativas do programa para o que solicita subvención.
3. Poderán ser obxecto de financiamento as accións formativas que se correspondan coas especialidades formativas que se determinen no anexo I de cada convocatoria, así como os módulos transversais e complementarios que se impartan asociados a estas.
4. Cada programa de formación deberá incluír na solicitude un mínimo de dúas accións formativas diferentes ou dous grupos formativos dunha mesma acción formativa.
1. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.
As entidades solicitantes deberán estar acreditadas ou inscritas para impartir a especialidade na modalidade de teleformación no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, que a formación se imparta total ou parcialmente na modalidade de teleformación, no Rexistro Estatal de Entidades de Formación, regulado na Orde TMS/369/2019, do 1 de abril.
Igualmente, poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación que tivesen achegado, na data de entrada en vigor da convocatoria, a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como, de ser o caso, a acreditación do pagamento da correspondente taxa.
As entidades deberán dispor, no ámbito territorial de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas e/ou inscritas que permitan a impartición das actividades presenciais das accións formativas solicitadas.
De ser o caso, os centros presenciais vencellados a entidades acreditadas e/ou inscritas para impartir especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar localizados na Comunidade Autónoma de Galicia e homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria.
As entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual, nos termos establecidos nesta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
SAN LÁZARO
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981-544692 / 981-957585
Email: sx.formacionemprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
25/08/2021 00:00 - 24/09/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día da entrada en vigor da orde.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
- O incumprimento por parte da entidade solicitante do requisito de inscrición e/ou acreditación para algunha das especialidades formativas incluídas na solicitude dará lugar á exclusión das ditas accións formativas do programa formativo.
- Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude definido no anexo II de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir a xestión da totalidade dos cursos que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
- Coa finalidade de garantir o cumprimento das exixencias deste artigo poderán realizarse comprobacións por mostra estatística durante calquera das fases do procedemento por parte do persoal técnico da Consellería de Emprego e Igualdade, das cales poderán derivar, de ser o caso, as consecuencias sinaladas no artigo 7 para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.
De ser o caso, estas actuacións de comprobación poderán ser efectuadas por outra entidade, pública ou privada, se así se lle encomenda a través do instrumento xurídico correspondente.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo II, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou a correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
Caso de que o requirimento afecte só algunha das accións formativas do programa de formación, excluiranse del unicamente tales accións, continuándose a tramitación da solicitude.
2. As solicitudes dirixiranse a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade.
Cada solicitude presentada por un centro ou entidade de formación corresponderase cun único programa de formación e incluirá, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, todas e cada unha das accións formativas e grupos do programa para os que solicita subvención.
Para os posibles efectos de desempates ou para o suposto de superación, de ser o caso, do límite do importe de subvención máxima que se vai conceder a un mesmo número de censo, as accións formativas para as que se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante, de xeito que os centros que se consideren prioritarios figuren en primeiro lugar na solicitude e, dentro de cada centro, as accións formativas se ordenen tamén segundo criterio de maior a menor priorización.
Para cada número de censo poderanse solicitar, como máximo, o número de grupos por especialidade formativa que, de ser o caso, se determinen na correspondente convocatoria, en que tamén poderán indicarse excepcións ao dito límite.
Non poderán formularse solicitudes de subvencións para impartir accións formativas que teñan previsto comezar nunha data anterior ao prazo ou data que para cada convocatoria se estableza.
3. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 8 desta orde.
Declaracións responsables que forman parte da solicitude
1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:
a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
• Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.
• De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse estas.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.
c) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no punto 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que os lugares e modalidades de impartición das accións formativas serán aqueles para os que están inscritas ou acreditadas para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, e do artigo 6 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e que son aptos e cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, nomeadamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos acreditados e/ou inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos e tecnolóxicos tidos en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.
g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
h) Que naqueles supostos en que nunha aula estea previsto impartir máis dunha especialidade, as ditas especialidades poden impartirse cos mesmos medios.
i) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como, de ser o caso, de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa das accións formativas que solicita.
j) Que a entidade dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores aspectos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
k) Que, de ser o caso e de acordo co disposto no artigo 21.11.a) da presente orde, as pegadas dixitais do alumnado e persoal docente rexistradas pola propia entidade formadora para o seguimento e control das actividades formativas presenciais se corresponden coas das persoas que din ser.
l) Que, para os efectos de que se teña en conta na aplicación do criterio de avaliación previsto no artigo 15.1.e), a porcentaxe que representa o número de horas das persoas formadoras do propio cadro de persoal da entidade solicitante previsto para a realización da actividade docente, respecto do total de horas de docencia previsto para o conxunto do programa de formación proposto, é o que se reflicte no anexo II.
2. A presentación dunha declaración responsable que falsee ou oculte circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alteren a puntuación obtida na baremación, terá a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Documentación complementaria
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento, achegarase electronicamente mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto no Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.
2. As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou gradación de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe, en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:
a) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
b) Ficha da acción formativa, anexo III.
c) Copia da documentación de constitución da entidade solicitante ou dos estatutos sociais debidamente legalizados.
d) Acreditación documental de dispor dun sistema de calidade vixente e certificado por entidades acreditadas, norma ISO 9001 ou certificado de calidade e excelencia EFQM, na entidade e/ou no correspondente centro de formación na data límite de presentación das solicitudes, relativo á súa actividade de formación profesional para o emprego.
e) Naquelas accións formativas en que estea previsto o uso de aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, memoria explicativa detallada que acredite, de acordo co disposto no artigo 25 da presente orde, a viabilidade de impartir mediante aula virtual aqueles contidos do programa formativo que estea previsto realizar utilizando este medio.
A memoria deberá indicar expresamente que contidos se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, así como o calendario de sesións presenciais e de exames para realizar.
f) Acreditación documental, de acordo co disposto no artigo 15.1.g), de que a entidade solicitante dispón, de ser o caso, dun plan de igualdade de xénero en vigor e inscrito no correspondente rexistro.
g) Programa de formación que conterá, como mínimo, a seguinte información e documentación:
• Obxectivos, contidos, metodoloxía e modalidades de impartición, as cales deberán estar autorizadas pola correspondente normativa reguladora e/ou programa formativo.
• Accións formativas que se van impartir con indicación da familia profesional a que corresponda a especialidade.
• Número do alumnado previsto por acción formativa.
• Colectivos destinatarios da formación.
• Custo estimado das accións formativas.
• Anualidade prevista, total ou parcial, con indicación, de ser o caso, do número de horas imputadas a cada anualidade, para a realización das actividades formativas.
• Lugar, instalacións e medios previstos para impartir as accións formativas.
• Para os efectos de seguimento e control das actividades da acción formativa, naqueles cursos que se van impartir nas modalidades de teleformación ou mixta, deberanse proporcionar as claves e credenciais de acceso á correspondente plataforma web cos perfís de administrador/a, de titor/a-formador/a e de alumno/a.
• Para os supostos de accións formativas que se impartirán na modalidade de teleformación, memoria técnica acreditativa de que a tecnoloxía e/ou aplicación informática que se utilizará para verificar e acreditar a asistencia do persoal docente e titor, así como do alumnado, garante a correcta identificación das persoas e permite efectuar o seguimento do número de horas de conexión, a realización de exercicios prácticos e a realización e superación, de ser o caso, dos controis periódicos.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os correspondentes documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites posteriores á presentación da solicitude e documentación complementaria
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban efectuar trala tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO, debendo adecuarse a presentación de documentación derivada das notificacións practicadas pola Administración ao disposto no artigo 12.6 da presente orde.
- Fase de solicitude
- Relación de especialidades admitidas (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 162 do 24 de agosto de 2021).
-
Extracto da Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 162 do 24 de agosto de 2021).
-
Resolución do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 232 do 2 de decembro de 2021).
-
Resolución do 12 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 15 do 24 de xaneiro de 2022).
-
Orde do 31 de agosto de 2022 pola que se amplía o prazo de realización das accións formativas recollidas na Orde do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022, e se procede á súa primeira convocatoria para os períodos 2021 e 2022 (DOG nº 171 do 8 de setembro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas
Prazo aberto: 31/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, non financiadas con fondos públicos.
Aberto todo o ano