Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR302A
Plans de formación dirixidos prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública de subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e a súa execución, correspondentes aos exercicios de 2017 e 2018, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas nesta orde os centros e as entidades de formación privadas, acreditadas e/ou inscritas pola Administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia nas especialidades formativas obxecto da formación.
Igualmente poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación que presentasen a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Planificación da Formación para o Emprego
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546842
Fax: 981544604
Email: sx.promocionlaboral@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
01/09/2017 00:00 - 02/10/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para os programas de formación para a cualificación e recoñecemento profesional, así como para calquera tipo de programa en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, as entidades de formación deberán estar acreditadas con anterioridade á data de publicación da presente convocatoria para aqueles certificados de profesionalidade que constitúan o obxecto da solicitude de subvención. En todo caso, as instalacións que presente a entidade, na solicitude, para levar a cabo a execución do programa non se poderán modificar durante o seu desenvolvemento.
Así mesmo, as entidades deberán cumprir por cada certificado de profesionalidade, polo menos, os requisitos establecidos nos reais decretos reguladores de cada certificado de profesionalidade na impartición de formación correspondente á mesma familia profesional.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación, sinalada nos artigos 28 e 29 desta orde.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria que deba achegarse presentarase electronicamente, mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital ou da imaxe electrónica do documento orixinal de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma Técnica de Interoperabilidade de Dixitalización de Documentos.
As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma Técnica de Interoperabilidade do Catálogo de Estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou escala de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de agosto de 2017 pola que se convocan subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión (DOG. nº 165 do 31 de agosto de 2017).
-
Extracto da Orde do 22 de agosto de 2017 pola que se convocan subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión (DOG nº 165 do 31 de agosto de 2017).
-
Orde do 2 de marzo de 2018 pola que se modifica a Orde do 22 de agosto de 2017 pola que se convocan subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión (DOG nº 49 do 9 de marzo de 2018).
-
Resolución do 16 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 22 de agosto de 2017 pola que se convocan subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión (DOG nº 239 do 26 de novembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas
Prazo aberto: 31/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, non financiadas con fondos públicos.
Aberto todo o ano