Guía de procedementos e servizos

TR301V

Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 21/11/2020 00:00 - 30/11/2021 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. A presente orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Emprego e Igualdade en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiadas pola referida consellería, código de procedemento TR301V, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego e obradoiros de emprego.

2. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o día da entrada en vigor desta orde e o 31 de outubro de 2021 (ambos inclusive).

1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde e nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda, nos termos do disposto no capítulo IV e no anexo II da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

2. Para os efectos do anterior, terán a condición de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.

Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, nos supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.

A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixa de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral de Formación para o Emprego

Servizo de Planificación da Formación para o Emprego

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: Bolsas e axudas que instrúe e tramita a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral: 981545693 / 981545695. Para accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia: 981545693 / 981545695

Fax: 981544604

http://traballo.xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881566/ 881881558

Fax: 881881576

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294284/ 982294279

Fax: 982294282

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense

Avda. da Habana, 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386105/ 988386225

Fax: 988386829

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817064/ 986817087

Fax: 986817621

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

21/11/2020 00:00 - 30/11/2021 23:59

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito, coa data límite do 30 de novembro de 2021.

Disposición transitoria segunda. Presentación de solicitudes ao abeiro da orde anterior

O prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 será dun mes desde a incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.

Disposición derrogatoria

Desde o día seguinte á publicación desta orde de convocatoria, derrógase a Orde do 21 de outubro de 2020 (DOG núm. 219, do 30 de outubro) pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta Orde aquelas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A xustificación polas persoas solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude do anexo I (procedemento TR301V), referenciado no artigo 15 desta orde, e cuxo contido deberá respectar o que establece artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Presentación das solicitudes

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, para a súa posterior tramitación a través do sistema informático SIFO.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria probatoria

1. Para os efectos das posteriores comprobacións, a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos por parte das persoas beneficiarias, que estas gardarán durante un prazo mínimo de 4 anos, nos termos do artigo 14 da Orde TMS 368/2019, do 28 de marzo, e que porán á disposición da Administración cando esta llelo requira é a seguinte:

a) Bolsas de asistencia reguladas no artigo 5 dirixidas a persoas con discapacidade e persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego, segundo proceda:

• Libro de familia ou calquera documentación que acredite de forma suficiente o grao de parentesco.

• Documentación acreditativa de que a suma das rendas das persoas integrantes da devandita unidade familiar ou de convivencia sexa inferior ao 75 % do Iprem.

Para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas con discapacidade, certificado acreditativo do grao de discapacidade emitido polo Imserso ou polo servizo autonómico correspondente.

No suposto de que o recoñecemento da discapacidade estea acreditado pola Xunta de Galicia, o dito certificado só deberá presentarse no caso de que a persoa interesada, conforme o disposto no artigo 20 da presente orde, se opoña a súa consulta.

b) Axuda por transporte en vehículo propio: documentación xustificativa de que non existe medio de transporte público entre o enderezo de intermediación laboral e o lugar en que a acción formativa se desenvolva ou, caso de existir este, que o horario regular do trasporte público non permite compatibilizalo co horario de realización da acción formativa.

c) Axuda á conciliación:

• Libro de familia ou calquera documentación que acredite de forma suficiente o grao de parentesco.

• Documentación acreditativa de que a suma das rendas das persoas integrantes da devandita unidade familiar ou de convivencia sexa inferior ao 75 % do Iprem.

d) Axuda para mulleres vítimas de violencia de xénero: calquera dos seguintes documentos, con vixencia no momento de participación na acción formativa:

Certificación da orde de protección ou da medida cautelar correspondente, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar; certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local; sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na lei; certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local; informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios, ou informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social, segundo sexa o caso.

2. As unidades administrativas competentes, efectuarán labores de control e verificación do cumprimento dos requisitos necesarios para beneficiarse das referidas bolsas e axudas, nos termos que sinale ao respecto a instrución que dite a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Se durante as referidas actividades de control e verificación se concluíse que unha persoa beneficiaria presentou unha declaración responsable falseando as condicións requiridas para a concesión da subvención ou ocultando as circunstancias que a impedisen ou limitasen, ademais da consecuente perda do dereito á percepción da subvención, poderá ter a consideración dunha infracción nos termos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o anexo II.

Este anexo presentarase no suposto de solicitaren as bolsas de asistencia reguladas no artigo 5 da presente orde persoas con discapacidade e persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego, e para o caso das axudas por conciliación.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

I. DNI/NIE da persoa solicitante

II. DNI/NIE da persoa representante

III. A inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoa traballadora desempregada, nos termos desta orde.

IV. Para o caso de solicitar a axuda por transporte en vehículo propio ou a axuda por manutención, o enderezo de intermediación laboral da persoa solicitante.

V. Para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas con discapacidade, certificado da discapacidade da persoa solicitante recoñecida pola Xunta de Galicia.

VI. Nos casos que proceda, a inclusión da acción formativa, solicitada e non caducada, en que a persoa traballadora desempregada participa, desde o itinerario individual e personalizado de emprego (IPE), en coherencia co obxectivo profesional que nel se estableza, nos termos desta orde.

VII. Para o suposto das bolsas de asistencia reguladas no artigo 5 (persoas con discapacidade e persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego) e de axudas por conciliación, certificado de empadroamento, convivencia ou residencia de toda a unidade familiar nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

VIII. Para o caso específico de axudas á conciliación, de ser o caso, certificado do grao e nivel de dependencia da persoa que motiva a conciliación emitido pola Administración pública competente.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro pertinente habilitado no formulario correspondente, anexos I e/ou II, e achegar os documentos acreditativos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dalgún dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2020 e 2021(DOG nº 235 do 20 de novembro de 2020).

    • Extracto da Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2020 e 2021 (DOG nº 235 do 20 de novembro de 2020).

    • Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se modifica parcialmente a Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2020 e 2021 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2021).

    • Orde do 19 de xullo de 2021 pola que se modifica parcialmente a Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2020 e 2021 (DOG nº 144 do 29 de xullo de 2021)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR301L

Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301M

Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301P

Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas

Prazo aberto: 31/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR301R

Accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, non financiadas con fondos públicos.

Aberto todo o ano