Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR301K - Accións formativas para o emprego dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través das súas xefaturas territoriais (procedemento TR301K).
Tamén poderán participar nas referidas accións formativas aqueles colectivos que para tales efectos se determinan no artigo 32 da orde.
2. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2021-2023.
Así mesmo, coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o período 2021-2022.
3. Para o exercicio das funcións que lle corresponden segundo estas bases reguladoras, as xefaturas territoriais poderán actuar a través das unidades administrativas competentes en materia de formación profesional para o emprego, das oficinas de emprego e dos centros de formación profesional para o emprego adscritos a elas.
4. As convocatorias das subvencións previstas nesta norma realizaranse mediante réxime de concorrencia competitiva e regularán, con relación aos exercicios orzamentarios que referencien e respectando o disposto nesta orde de bases reguladoras, aspectos do financiamento e da execución das accións formativas que se subvencionen.
Programación e financiamento. Reservas de crédito .
As accións formativas para as cales se pode solicitar financiamento mediante subvención son as da modalidade de programación da oferta formativa para persoas traballadoras desempregadas, en que poderán participar as entidades a que se refire o artigo 3 da orde de bases reguladoras.
Poderán ser obxecto de financiamento aquelas especialidades formativas que se determinen no anexo II de cada convocatoria, así como os módulos transversais e complementarios que se impartan asociados a estas.
Cada convocatoria, ademais de cumprir o que ao respecto dispón o capítulo IV da presente orde, especificará as accións formativas que se consideran prioritarias, o financiamento e as reservas de crédito que, de ser o caso, se establezan para determinadas accións formativas que se detallarán no correspondente anexo, e fixará, de ser o caso, o número límite de edicións de accións formativas por especialidade que se financien por entidade de formación, por número de censo e/ou por comarca, segundo se determine, así como o modelo de formulario de solicitude para os efectos informativos e as listaxes de especialidades formativas que se conteñan nos anexos que repercuten no procedemento de valoración recollido nos artigos 9 e 10 da Orde de bases reguladoras do 16 de abril de 2021.
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.
As entidades deberán dispor, no ámbito territorial de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas e/ou inscritas que permitan a impartición das acciones formativas solicitadas.
Así mesmo, os centros presenciais vencellados a entidades acreditadas e/ou inscritas para impartir especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria e localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de que a convocatoria o recolla, poderase impartir formación «á porta». Para estes efectos, entenderase como tal a realización de accións formativas a través de centros móbiles e/ou homologacións provisionais naqueles concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que non conten con centros acreditados ou inscritos.
Obrigas das entidades beneficiarias .
Ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das establecidas con carácter xeral para todos os centros e entidades de formación no artigo 7 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, e sen prexuízo das obrigas establecidas na Lei 30/2015, do 9 de setembro, no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, e no artigo 9 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, as entidades beneficiarias das axudas deberán:
1. Requirir de cada persoa alumna, definida de conformidade co disposto no artigo 32, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada curso:
a) DNI.
b) Ficha individual.
c) Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de acceso para realizar a formación correspondente.
d) Documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, de ser o caso.
e) Documentación acreditativa necesaria para a exención dun módulo formativo ou dun módulo transversal, de ser o caso.
f) Documento informativo sobre dereitos e deberes para entregar ao alumnado debidamente asinado.
Para os efectos de posibles notificacións, envío de diplomas ou remisión de certificados emitidos por solicitude da persoa interesada, a ficha individual deberá incluír para a súa incorporación na aplicación informática de SIFO o enderezo de correo electrónico das persoas participantes na actividade formativa.
No caso de que existan alumnos ou alumnas que non cumpran os requisitos exixidos de acceso ao curso, non se lles emitirá diploma ao finalizar a formación e, no proceso de liquidación da subvención, realizarase unha minoración proporcional ao número de alumnos ou alumnas que os incumpran.
2. Como mínimo sete días hábiles antes do inicio do curso, introduciranse na aplicación informática SIFO os seguintes datos da ficha de inicio:
a) Programa completo, agás naquelas especialidades que teñen programación modular.
b) Enderezo completo do centro.
c) Os instrumentos de avaliación válidos e fiables, cun sistema de puntuación e corrección obxectivo.
d) A relación de persoal docente que vai impartir o curso coa relación dos módulos que impartirá cada un deles, facendo constar a súa formación metodolóxica e a documentación acreditativa da súa formación e experiencia cando esta non estea en poder da Consellería de Emprego e Igualdade.
e) A identificación do persoal de preparación de clases e titorías para o reforzo formativo e a impartición da docencia.
f) A identificación do persoal que asuma as tarefas de administración e dirección estritamente necesarias para a preparación, xestión e execución da acción formativa.
g) Dixitalmente, a través dos medios electrónicos a que se refire o artigo 4, facilitar á xefatura territorial correspondente a planificación temporal da acción formativa, que, no caso de especialidades de estrutura modular, deberá detallarse para cada un dos módulos do curso, incluídos os transversais, con indicación da previsión das visitas didácticas ao longo do curso.
h) No caso de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade:
• Ratificación do compromiso de subscribir convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluídas no certificado de profesionalidade.
• Planificación didáctica, elaborada segundo o anexo III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
• Programación didáctica de cada módulo formativo e, se é o caso, unidades formativas, utilizada como guía de aprendizaxe e avaliación, elaborada segundo o anexo IV da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
• Planificación da avaliación, cuberta de acordo co anexo V da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
i) O seguro de accidentes das persoas participantes.
j) Indicación expresa e coincidente co manifestado na solicitude e ficha de curso (anexos VII e VIII), sobre que contidos e/ou módulos que compoñen a acción formativa se van impartir en presencial, teleformación ou, de ser o caso, a través de aula virtual, con información da súa duración, datas de realización e calendario de sesións presenciais.
k) As chaves de acceso á correspondente plataforma informática e/ou aula virtual, se é o caso, para os efectos de seguimento e control do desenvolvemento do curso.
As chaves de acceso á plataforma de teleformación deberán permitir a conexión con perfil de administrador, titor-formador ou alumno.
Cada módulo formativo do certificado de profesionalidade que se vai realizar na modalidade presencial poderá ser impartido, como máximo, por dúas persoas formadoras, que deberán cumprir cos requisitos que para cada módulo formativo se establezan no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade.
Toda persoa que fose validada como formadora por unha unidade administrativa dunha Administración pública competente en materia de formación profesional para o emprego para impartir unha determinada especialidade ou módulo formativo, vinculado ou non á obtención dun certificado de profesionalidade, entenderase que cumpre cos requisitos para impartilo, na modalidade para a cal foi validada, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e durante o período que se determine en cada unha das convocatorias.
As persoas responsables da titorización-formación que impartan formación na modalidade de teleformación deberán acreditar o cumprimento dos requisitos de formación requiridos para cada especialidade e posuír experiencia verificable nesta modalidade, e desempeñarán, como mínimo, as funcións establecidas no artigo 17.2 da Orde TMS/368/2019.
Para acreditar a experiencia na modalidade de teleformación e na utilización das tecnoloxías da información e comunicación exixiranse, cando menos, 60 horas de impartición nesta modalidade.
As persoas docentes encargadas da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica deberán acreditar 150 horas de formación en materia de xénero ou de experiencia profesional ou docente en materia de xénero, e seranlles de aplicación os mesmos criterios de equiparación da acreditación que se establecen no parágrafo anterior para as persoas docentes que impartan módulos dos certificados de profesionalidade.
O persoal formador que imparta o resto de módulos transversais que se relacionan no artigo 36 deberán tamén cumprir os requisitos docentes de titulación, experiencia profesional e capacitación docente que lles sexan de aplicación.
3. O día de inicio de cada curso introducirase no sistema informático SIFO, para coñecemento da xefatura territorial competente, a seguinte documentación:
a) Certificación xustificativa do comezo do curso e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no número 2 deste artigo.
b) As datas de inicio e remate do curso, así como o horario de impartición.
c) O enderezo completo do lugar de impartición.
4. Nos 5 días lectivos seguintes ao de inicio do curso, deberán incorporarse á aplicación SIFO os DNI do alumnado participante.
Esta obriga de remisión entenderase referida ao día de comezo da acción formativa ou, de ser o caso, do da incorporación da persoa participante á actividade.
5. Mensualmente, achegarase a seguinte información:
a) Nas actividades de carácter presencial, e de terse producido incidencias no sistema de control biométrico de asistencia debidamente acreditadas perante o equipo de soporte informático, partes diarios e mensuais de asistencia no modelo xerado pola aplicación SIFO asinados polo alumnado participante e polo persoal formador ao inicio e ao final de cada xornada, así como da persoa responsable da entidade beneficiaria. Nos ditos partes deberanse identificar as persoas participantes e expresar as horas realizadas diariamente por cada unha delas, reflectindo expresamente o número de horas de ausencia.
b) Comunicación das incidencias producidas, de ser o caso.
6. No prazo dun mes desde o remate de cada curso, e respectando os límites máis restritivos que poida impor cada convocatoria, deberase:
a) Completar a información relativa á finalización do curso na aplicación SIFO.
b) Proceder á xustificación do curso, nos termos recollidos no artigo 22.
7. Como complemento aos anteriores puntos, no momento da solicitude de persoas candidatas á oficina de emprego a entidade beneficiaria deberalle facilitar á oficina de emprego as datas de inicio e de finalización da acción formativa que se deberán introducir na aplicación informática SIFO.
1. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursos en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable, que deberá incluírse no modelo de solicitude que se contén no anexo VII de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir a xestión da totalidade dos cursos que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
2. Coa finalidade de garantir o cumprimento das exixencias deste artigo, as aplicacións informáticas de Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o emprego e SIFO contarán con controis específicos que permitan detectar posibles incumprimentos.
Así mesmo, poderán realizarse comprobacións por mostra estatística durante calquera das fases do procedemento por parte do persoal técnico das xefaturas territoriais ou do Servizo de Verificación de Fondos da Consellería de Emprego e Igualdade, das cales poderán derivar, de ser o caso, as consecuencias sinaladas no artigo 5.2 para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.
De ser o caso, estas actuacións de comprobación poderán efectuarse a través dunha entidade contratada para o efecto.
3. Será requisito para conceder subvencións a entidades locais titulares de entidades ou centros de formación que teñan cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña
Servizo de Formación para O Emprego e Orientación da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881564
Fax: 881881576
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo
Servizo de Formación para O Emprego e Orientación de Lugo
Ronda da Muralla, 70 27071 LUGO
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294887
Fax: 982294282
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Ourense
Servizo de Formación para O Emprego e Orientación de Ourense
R/ Curros Enríquez, 1-4º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386103/ 988386104
Fax: 988386829
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación para O Emprego e Orientación de Vigo
Concepción Arenal 8, 2º andar
36021 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817064
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación
Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 81 do 30 de abril de 2021).
Extracto da Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 81 do 30 de abril de 2021).
Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2021).
Resolución do 11 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (DOG nº 159 do 19 de agosto de 2021).
Resolución do 18 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021-2022 (DOG nº 229 do 29 de novembro de 2021).
Orde do 13 de maio de 2022 pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2022 e 2023 (DOG nº 102 do 30 de maio de 2022).
Extracto da Orde do 13 de maio de 2022 pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2022 e 2023 (DOG nº 102 do 30 de maio de 2022).
Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 13 de maio de 2022 pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2022 e 2023 (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2022).
Resolución do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 13 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 102, do 30 de maio) pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2022 e 2023, e a Orde do 5 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 233, do 9 de decembro) pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 13 de maio de 2022 (DOG nº 34 do 17 de febreiro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
03/05/2021 00:00 - 03/06/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día da entrada en vigor da orde.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa entrada en vigor. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Disposición derradeira segunda da Orde do 16 de abril de 2021 (DOG nº 81 do 30 de abril de 2021). Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Forma e lugar de presentación das solicitudes e da documentación complementaria .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo VII, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación presencialmente, será requirida para que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou na correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
2. As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial en cuxa provincia se imparta a correspondente acción formativa.
No suposto de que a formación se imparta na modalidade mixta ou de teleformación, a solicitude deberá dirixirse á xefatura territorial da provincia en que estea localizado o centro en que se impartirá a parte presencial da acción formativa.
Cada entidade de formación só poderá formular un máximo dunha solicitude en cada unha das provincias do territorio galego, e incluirá nela, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, todas e cada unha das accións formativas para as cales solicita subvención nos correspondentes centros de cada provincia.
Para os posibles efectos de desempate, as accións formativas para as cales se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante, de xeito que os centros que se consideren prioritarios figuren en primeiro lugar na solicitude e que, dentro de cada centro, as accións formativas se ordenen tamén de maior a menor prioridade.
Para cada número de censo poderase solicitar, como máximo, o número de edicións por especialidade que, de ser o caso, se determinen na correspondente convocatoria, na cal tamén se poderán indicar excepcións ao dito límite. Así mesmo, cada convocatoria poderá establecer límites relativos ao número de edicións de especialidades formativas e/ou familias profesionais que se impartirán por comarca.
Na modalidade presencial e na parte presencial da modalidade de teleformación ou mixta, no caso de que se solicite impartir máis dunha especialidade por aula, deberá manifestarse expresamente na declaración responsable que, de acordo co disposto no artigo 5.3 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego e se regula o procedemento para a súa inscrición e, de ser o caso, a acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a aula dispón dos medios exixidos e cumpre cos requisitos establecidos para impartir as especialidades solicitadas.
3. A solicitude deberá presentarse xunto coa documentación complementaria indicada no artigo 6 desta orde.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento, achegarase electronicamente mediante a presentación do documento orixinal, de se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.
5. As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou gradación de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal durante un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
Declaración responsable que forma parte da solicitude .
1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:
a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
• Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.
• De se solicitaren e/ou concederen outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención, deberán relacionarse estas.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.
c) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no número 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que os lugares e modalidades de impartición das accións formativas serán aqueles para os cales están inscritas ou acreditadas para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, e do artigo 6 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e que son aptos e cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, concretamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos acreditados e/ou inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos e tecnolóxicos tidos en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.
g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
h) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa das accións formativas que solicita.
i) Que a entidade dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores aspectos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
j) Que, de ser o caso e de acordo co disposto no artigo 18 da presente orde, as pegadas dixitais do alumnado e persoal docente rexistradas pola propia entidade formadora se corresponden coas das persoas que din ser.
2. A presentación dunha declaración responsable que falsee ou oculte circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alteren a puntuación obtida na baremación, terá a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento .
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo VII, a seguinte documentación:
a) Ficha do curso de formación profesional para o emprego no anexo VIII de cada convocatoria.
b) De ser o caso, no anexo VIII, acreditación documental de dispor dun sistema de calidade vixente no correspondente centro de formación na data límite de presentación das solicitudes relativo á súa actividade de formación profesional para o emprego.
c) De ser o caso, xustificación documental de ter cumprido na execución das accións formativas concedidas nas convocatorias correspondentes co compromiso de inserción laboral, para os efectos do establecido no artigo 10 desta orde.
No suposto de que o 100 % do alumnado que se propuxo inserir laboralmente sexan persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente, con esta documentación xuntarase unha declaración responsable de que o 100 % das persoas inseridas sexan persoas con discapacidade.
d) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
e) De ser o caso, cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a certificados de profesionalidade, as entidades deberán achegar no anexo VIII de cada convocatoria o compromiso da subscrición do convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluído no certificado de profesionalidade.
f) Naquelas accións formativas en que estea previsto o uso de aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, memoria explicativa detallada que acredite, de acordo co disposto no artigo 31.5 da Orde de bases do 16 de abril de 2021, a viabilidade de impartir mediante aula virtual aqueles contidos do programa formativo que estea previsto realizar utilizando este medio.
A memoria deberá indicar expresamente que contidos se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, o calendario de sesións presenciais e de exames que se van realizar.
g) De ser o caso, e para os efectos do disposto no artigo 10.1.9º sobre a non aplicación de penalizacións por incumprimento do compromiso de inserción laboral, solicitude de recoñecemento pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación de que a familia profesional a que pertence a especialidade impartida corresponde a un sector afectado negativamente pola COVID-19.
h) Xustificación documental de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas segundo o establecido no artigo 223 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no caso de tratarse de entidades locais.
2. A documentación complementaria presentarase electronicamente e de acordo co disposto no artigo 4 desta orde.
Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os correspondentes documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites posteriores á presentación da solicitude e documentación complementaria .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban efectuar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO, e deberá adecuarse a presentación de documentación derivada das notificacións practicadas pola Administración ao disposto no artigo 13.6 da presente orde.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"