Guía de procedementos e servizos

SI437A

Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 23/05/2020 00:00 - 22/06/2020 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

2. Cada asociación ou federación só poderá presentar solicitude de axuda para unha das liñas previstas no número 1 anterior.

Pola súa vez, para os efectos desta convocatoria, é compatible a solicitude de axuda por parte dunha asociación coa pertenza a unha federación que, así mesmo, solicite subvención.

A denominación e o código do procedemento correspondente a estas axudas é o seguinte: SI437A-Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

3. O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Gastos subvencionables.

1. Na liña 1, consolidación do movemento asociativo, terán a consideración de subvencionables os gastos correntes en bens e servizos derivados do mantemento ou funcionamento das asociacións, xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020, que respondan, entre outros, aos seguintes conceptos:

a) Gastos de alugamento do local destinado a sede social da asociación ou federación.

b) Gastos de administración xeral e material funxible de oficina, material informático non inventariable, gastos de correo e outros análogos.

c) Gastos de persoal administrativo contratado pola asociación ou federación (retribucións salariais, incluídas as pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade beneficiaria).

d) Gastos ocasionados por obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables, por non implicaren incremento do valor patrimonial da sede social.

e) Asesoramento xurídico, fiscal e contable da asociación ou federación.

f) Gastos derivados do mantemento do local da sede social: luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.

g) Gastos de seguros de responsabilidade civil e de seguros multirrisco.

h) Gastos de instalación e mantemento de liñas ADSL, mantemento de equipamentos informáticos e creación ou mantemento da páxina web da asociación ou federación.

2. Na liña 2, promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, terán a consideración de gastos subvencionables os derivados da realización das actuacións e actividades previstas no artigo 5.2 xerados no período comprendido entre o 1 de decembro 2019 e o 30 de novembro de 2020, que respondan aos seguintes conceptos:

a) Gastos de persoal necesario para a execución das actuacións e actividades: serán subvencionables os gastos do persoal contratado especificamente para o desenvolvemento das actuacións e actividades para as cales se solicita axuda, tendo en conta a retribución salarial aplicable pola xornada de traballo realizada para os correspondentes grupos ou categorías profesionais segundo os respectivos convenios colectivos.

Cando a entidade proceda á contratación directa do persoal que vai desenvolver a actuación ou actividade, a xustificación do gasto farase a través da nómina, dos documentos xustificativos do seu pagamento, e do ingreso dos seguros sociais e da retención do IRPF.

Cando contrate empresas ou persoas autónomas para o desenvolvemento da actuación ou actividade, a xustificación do gasto farase mediante factura, do documento xustificativo do seu pagamento e, se é o caso, do ingreso do IRPF.

b) Gastos das persoas relatoras: honorarios, aloxamento, transporte.

c) Gastos derivados da realización da actuación ou actividade subvencionada: elaboración ou adquisición de materiais e publicacións específicas para o desenvolvemento da actividade; gastos de publicidade e difusión da actuación, así como o material de oficina necesario para a súa realización.

d) Outros gastos correntes directamente derivados da realización da actuación e actividade subvencionada que estean perfectamente xustificados e se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento (servizo de atención a menores e outros).

En ningún caso serán subvencionables gastos de protocolo ou representación (comidas) e gastos de agasallos.

3. Para os efectos destas axudas non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

4. Para os efectos da consideración dos gastos como subvencionables e para a súa xustificación deberán axustarse ao seguinte:

a) Reunir os seguintes requisitos: ser un gasto directo da acción, adecuado aos obxectivos, que exista constancia documental sobre a súa realización de xeito verificable, que se acredite mediante facturas ou documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa (exemplo: nóminas, boletíns de cotización á Seguridade Social), estar efectivamente realizado no período establecido e pagado, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación da subvención.

Así mesmo, admitirase a acreditación de gastos realizados mediante factura simplificada (antes denominado tícket), como documento substitutivo das facturas, sempre que se cumpra o disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

b) Cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos que comporten ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes ingresos ou cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicte o importe da retención ou cotización devindicadas na data de xustificación, quedando as entidades beneficiarias obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario. En todo caso, a dita presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.

c) De acordo co establecido no artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola entidade beneficiaria da axuda. Nestes documentos deben quedar claramente identificadas a persoa receptora e a emisora do pagamento, e será conveniente que no concepto se faga constar o número da factura.

No caso de pagamento mediante cheque, terá que ser, en todo caso, nominativo e vir acompañado da xustificación bancaria acreditativa do cargo na conta que figure nel.

5. No caso de que o orzamento presentado pola entidade solicitante inclúa gastos considerados como non subvencionables por non responderen ao previsto neste artigo, estes non serán computados co obxecto de determinar o orzamento de gastos que hai que ter en conta para a determinación do importe da subvención.

6. Non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación ou actividade subvencionada, tales como contratación de persoal, alugueiro de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministración relacionados con eles, sempre que non sexan achegados pola mesma persoa física ou xurídica.

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro.

Obrigas das entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas nesta resolución e demais que resulten exixibles segundo a normativa xeral de aplicación, en particular, as seguintes:

1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención dentro do período e prazos establecidos nesta convocatoria, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

2. Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado que permita unha pista de auditoría suficiente respecto dos ingresos da axuda percibida e conservar toda a documentación relativa á subvención, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

3. En todo tipo de publicidade e información relativos á actuación e actividades subvencionadas, terá que constar a condición de subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

En todo caso, nos espazos que utilice a entidade e nos lugares de realización das actividades informarase do financiamento público a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela. En ambos os casos a información e documentación terá que levar a imaxe corporativa da Secretaría Xeral da Igualade e, para o caso das actuacións da liña 2, ademais terán que levar o logo do Ministerio de Igualdade.

4. Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

5. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 1

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881255

Fax: 981182352

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294355

Fax: 982294443

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense

Avda. da Habana, 79

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386799

Fax: 988386843

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8-1

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817658

Fax: 986817399

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

23/05/2020 00:00 - 22/06/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

a) Ter domicilio social en Galicia.

b) Estar legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

c) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). Este requisito será verificado de oficio pola unidade de Igualdade instrutora do procedemento.

d) Ter presentado a memoria de actividades (relativa a actuacións de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres) con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, relativa a como mínimo un dos últimos anos, desde o ano 2016 ao 2019, no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). Este requisito será verificado de oficio pola unidade de Igualdade instrutora do procedemento. Este requisito non será exixido para as entidades de recente creación (a partir do 31 de decembro de 2017).

e) Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. Estes fins e obxectivos deberán estar recollidos nos estatutos da asociación ou federación ou deducirse da súa actuación xeral.

f) As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.

g) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da entidade interesada.

- Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- As solicitudes de axuda dirixiranse, xunto coa documentación necesaria, á Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II: certificación expedida pola secretaría da entidade, acreditativa da representación que ten a persoa que asina a solicitude, así como do seguinte:

– No caso de asociacións, deberá facerse constar o número de persoas asociadas, con indicación da porcentaxe de socias e, se é o caso, de socios. Así mesmo, expresarase o número de socias menores de 40 anos e o número de socias con discapacidade que se incorporaron á entidade asociativa nos dous últimos anos (desde o 1 de xaneiro de 2018).

– No caso de federacións, deberá facerse constar a relación nominal de asociacións que a compoñen, así como o número de persoas asociadas en cada unha das ditas asociacións, con indicación da porcentaxe de socias e de socios.

b) Anexo III: memoria explicativa da entidade.

c) Anexo IV: orzamento desagregado dos gastos subvencionables.

d) Anexo V, só para o caso da liña 2: Memoria descritiva das actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade para as cales se solicita axuda.

e) Estatutos vixentes da entidade.

f) Calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude ou para maior detalle da descrición da actuación subvencionable mediante a presentación dunha memoria complementaria para os efectos de ampliar a información requirida nos anexos III, IV e V e cuxa extensión non poderá exceder os dez folios.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á entidade interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderá consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa que actúa en representación da entidade solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).

    • Extracto da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).

    • Resolución do 17 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifican os prazos de resolución e de xustificación da Resolución de 7 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio) (DOG nº 193 do 23 de setembro de 2020)

    • Resolución do 22 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial da Coruña ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio).(DOG núm. 7 do 13 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 22 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Lugo ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio).(DOG núm. 7 do 13 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 22 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Ourense ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio).(DOG núm. 7 do 13 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 22 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Pontevedra ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio).(DOG núm. 7 do 13 de xaneiro de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano