Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI436B
Plan Corresponsables: Liña Plan Corresponsables a desenvolver por entidade de iniciativa social.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta liña ten por obxecto regular a concesión de subvencións destinadas desenvolver e financiar o desenvolvemento do Plan Corresponsables, consistente en actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados e a formación e sensibilización en corresponsabilidade e cuidados.
As subvencións recollidas nesta liña parten da implantación dunha nova política pública no sector dos coidados, alicerce fundamental de calquera sociedade, e teñen como finalidade favorecer a corresponsabilidade nas familias con nenas, nenos, mozas e mozos de ata 16 anos inclusive, no ámbito de Galicia, para mellorar a vida cotiá das familias equilibrando o tempo laboral, familiar e persoal. Ademais, preténdese fomentar a creación de emprego de calidade no sector dos coidados, para garantir a calidade dos servizos prestados a través das bolsas de coidado profesional.
Este procedemento correspóndese coa segunda liña:de subvencións:
b) Liña de Plan Corresponsables a desenvolver polas entidades de iniciativa social (Procedemento SI436B).
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta liña de subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e as entidades do Terceiro Sector de Acción Social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do Terceiro Sector de Acción Social e a Cruz Roja Española, que cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións, en particular os seguintes:
1º: Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2º: Ter domicilio social ou delegación en Galicia.
3º: Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta liña de subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e as entidades do Terceiro Sector de Acción Social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do Terceiro Sector de Acción Social.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
Edificios Administrativos de San Lázaro, s/n
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957483/ 881995765/ Coordinación e dúbida sobre o procedemento: 981957689
Email: promocion.igualdade@xunta.gal ou plan-corresponsables.igualdade@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
28/07/2022 00:00 - 29/08/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
1º: Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2º: Ter domicilio social ou delegación en Galicia.
3º: Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
- Solicitude segundo o Anexo I.2
- Anexo II.2 Certificación sobre o acordo de solicitar a subvención.
- Anexo III Memoria descritiva da actuación.
Conprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa que actúa en representación da entidade.
- Concesións de subvencións e axudas.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 14 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades locais, a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e a asociacións de pais e nais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2022).
-
Extracto da Resolución do 14 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades locais, a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e a asociacións de pais e nais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano