Guía de procedementos e servizos

SI436A

Axudas e subvencións a entidades locais: Programa do plan corresponsables no ámbito local.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 09/01/2024 00:00 - 08/02/2024 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

1. Regular a concesión de subvencións destinadas desenvolver e financiar o desenvolvemento do Plan Corresponsables, consistente en actuacións orientadas a facilitar a conciliciación das familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados e plans formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

2. Ao abeiro deste programa, serán subvencionables as seguintes tipoloxías de proxectos, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes:

2.1. Bolsas de coidado profesional de menores en familias con fillas e fillos de ata 16 anos de idade, coa posibilidade de desenvolver unha ou máis das seguintes modalidades:

a) Habilitación de servizos de coidado profesional de calidade, e con garantía de dereitos laborais dos/das profesionais que presten os seus servizos neste marco, de nenas, nenos, mozos e mozas de ata 16 anos de idade que poidan prestarse no domicilio por un número determinado de horas semanais.

b) Habilitación de servizos de coidado profesional de calidade, e con garantía de dereitos laborais dos profesionais que presten os seus servizos neste marco, de nenas, nenos, mozos e mozas de ata 16 anos de idade, que poidan prestarse en dependencias públicas convenientemente habilitadas para o efecto, tales como escolas, centros municipais, multiúsos, polideportivos, ludotecas, entre outros, cumprindo coas garantías sanitarias, así como coa normativa que lle sexa de aplicación.

2.2. Plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes: implementación de plans e actuacións de formación en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias, para promover a perspectiva de xénero e fomentar a corresponsabilidade no ámbito de coidados.

3. Para seren subvencionables, as actuacións teñen que ser de nova creación ou de ampliación e mellora das existentes. Queda excluído o financiamento de gastos que se materialicen en prestacións económicas directas a persoas e/ou familias.

4. No caso das actuacións contempladas nas alíneas a) e b) do punto 2.1 anterior (bolsas de coidado profesional de menores en familias con fillas e fillos de ata 16 anos de idade), deberán supoñer en todo caso a creación de emprego de calidade e/ou o fomento do emprego de persoas mozas con perfís profesionais correspondentes a: TASOC (Técnica/o en Actividades Socioculturais), Monitoras/es de lecer e tempo libre, TAFAD (Técnicas/os superiores de Animación Sociodeportiva), Educación Infantil, Auxiliares de Gardería e Xardín de Infancia. E as súas titulacións equivalentes: Técnica/o Superior en Educación Infantil, Técnica/o Superior en Animación sociocultural e turística, Técnica/o Superior en Ensino e animación socio deportiva, Técnica/o Superior en Integración social, Monitoras/é de lecer e tempo libre e Auxiliar de Educación Infantil ou de Xardín de Infancia.

5. A contía da subvención que se concederá determinarase en función do número de persoas que se vaian contratar para desenvolver as bolsas de coidado e/ou os plans de formación recollidos no punto 2 anterior, tendo en conta os límites máximos da subvención establecidos nos puntos 8 e 9 deste artigo.

6. Serán subvencionables os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2023 e ata o 30 de setembro de 2023, ambos os dous incluídos. N

7. Para determinar o gasto subvencionable e o importe da subvención, teranse en conta os custos directos de persoal dos/das profesionais que leven a cabo as medidas do Plan Corresponsables, máis un 10 % para o financiamento doutros custos directos e indirectos vinculados ao desenvolvemento do programa subvencionado. Estes gastos non requirirán unha xustificación adicional.

8. Contía de ata 34.700 euros por persoa contratada a tempo completo para un período de 12 meses, incluídas as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora. O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial ou por un período inferior a 12 meses.

A contía da axuda por persoa contratada incrementarase en 3.000,00 euros cando a persoa contratada estea nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

– Mulleres maiores de 45 anos.

– Mulleres vítimas de violencia de xénero.

– Persoas con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Para o caso de mulleres contratadas vítimas de violencia de xénero, a acreditación documental da súa circunstancia recollerase na fase de xustificación das axudas, coa documentación acreditativa desta situación segundo o previsto no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Para o caso de persoas contratadas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, a acreditación documental da súa circunstancia recollerase na fase de xustificación da axudas, coa certificación acreditativa desta situación no caso de que esta non fose emitida pola Xunta de Galicia.

9. En todo caso, a contía máxima da axuda será de 150.000,00 euros, cando se trate dunha solicitude individual, e de 225.000,00 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante de fusión de concellos.

10. Se é o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do custo de persoal. En todo caso, non se xerará dereito ao cobramento da subvención, e procederá o reintegro do anticipo, cando as xustificacións non acaden como mínimo o 25 % do custo do persoal.

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta resolución os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade

Edificios Administrativos de San Lázaro, s/n

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541618/ 881999163/ Coordinación e dúbida sobre o procedemento: 981957689

Email: promocion.igualdade@xunta.gal ou plan-corresponsables.igualdade@xunta.gal

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

09/01/2024 00:00 - 08/02/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

1. Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e as condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións, comúns ou específicos de cada un dos programas de axuda ou derivados, se é o caso, da presentación dunha solicitude para a xestión compartida dun proxecto ou servizo.

2. Para poder ser beneficiaria das subvencións correspondentes ao programa Plan Corresponsables (SI436A), a entidade local tamén debe cumprir co seguinte:

a) Non ser sancionada, en virtude de resolución administrativa ou sentenza xudicial firme, pola comisión de infraccións graves ou moi graves en materia de prevención de riscos laborais no ano anterior a esta resolución.

b) Non ser obxecto de sanción por resolución administrativa firme ou condenada por sentenza xudicial firme por levar a cabo prácticas laborais consideradas discriminatorias pola lexislación vixente, salvo cando se acredite cumprir coa sanción ou a pena imposta e elaborar un plan de igualdade ou adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes.

3. Por outra banda, para poder ser beneficiaria destas axudas, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2022 ao Consello de Contas de Galicia, e, ademais, no caso dos CIM deberá ter presentado a memoria anual do CIM correspondente ao ano 2023 ante a Secretaría Xeral da Igualdade, segundo os termos e prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do previsto no punto 3.

Solicitudes de xestión compartida: requisitos e condicións

1. Para estes efectos, terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as presentadas por agrupacións, asociacións ou entidades locais que integren varios concellos.

2. As entidades locais que se agrupen ou asocien para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, para o do Plan Corresponsables, así como os titulares de CIM que se agrupen entre eles ou ben con outros concellos non titulares, deberán:

a) Presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor.

Se non achegan o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega, logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desisten da súa solicitude. Non obstante, para o caso de que se trate dunha solicitude do Programa de apoio aos CIM, poderase tramitar como solicitude individual do CIM sempre que o manifeste expresamente e por escrito no dito prazo.

b) Nomear a persoa titular dunha das alcaldías para a representación única, tanto na coordinación como na interlocución, ante a Secretaría Xeral da Igualdade, que será a que reciba e xustifique a subvención. No caso dos agrupamentos para a prestación do servizo CIM, a representación corresponderá á persoa titular da alcaldía dun concello que teña acreditado o CIM.

c) Reflectir os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades que forman parte da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha delas.

d) Os concellos agrupados ou asociados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta resolución, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.

3. As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar, xunto coa solicitude, unha certificación expedida pola súa secretaría onde se faga constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio e os que participan no proxecto ou servizo para o cal se solicita subvención.

4. Procederá a exclusión ou inadmisión daquelas solicitudes de xestión compartida nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para o cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Sen prexuízo do anterior, considerarase que cumpren o requisito de xestión compartida os agrupamentos para a prestación do servizo de CIM. No Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, así como no de Plan Corresponsables, mesmo de se realizaren actuacións independentes en cada concello, considerarase cumprido este requisito cando na memoria xustificativa se acrediten os beneficios da solicitude conxunta, tales como licitacións conxuntas, razóns de economía de escala, racionalización do gasto, criterios de eficiencia e eficacia e colaboración técnica e administrativa, entre outros.

Nos supostos de mancomunidades e consorcios, deberá acreditarse que a actuación e/ou servizo se presta de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Solicitude segun o Anexo I.1

Anexo II (certificación sobre o acordo de solicitar a subvención).

Anexo II-bis (certificación relativa aos concellos agrupados ou asociados), só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.

Anexo IV (memoria descritiva da actuación).

Memoria de aforro de custos, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos, mancomunidades ou consorcios.

Convenio de colaboración, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Resolución do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021–2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 22 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B) (DOG nº 86 do 2 de maio de 2024).

    • Orde do 24 de xuño de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B) (DOG nº 125 do 28 de xuño de 2024).

    • Resolución do 11 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica a resolución de concesión de subvencións previstas na Resolución do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B) (DOG nº 141 do 22 de xullo de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano