Guía de procedementos e servizos

SI436A

Plan Corresponsables: Liña Plan Corresponsables no ámbito local.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 28/07/2022 00:00 - 29/08/2022 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Esta liña ten por obxecto regular a concesión de subvencións destinadas desenvolver e financiar o desenvolvemento do Plan Corresponsables, consistente en actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive, mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados e a formación e sensibilización en corresponsabilidade e cuidados.

Poderán ser entidades beneficiarias desta liña de subvención os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade

Edificios Administrativos de San Lázaro, s/n

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541618/ 881999163/ Coordinación e dúbida sobre o procedemento: 981957689

Email: promocion.igualdade@xunta.gal ou plan-corresponsables.igualdade@xunta.gal

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

28/07/2022 00:00 - 29/08/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

1. Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e as condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións, comúns ou derivados, se é o caso, da presentación dunha solicitude para a xestión compartida dun proxecto ou servizo.

2. Por outra banda, para poder ser beneficiaria desta liña de axudas, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2020 ao Consello de Contas de Galicia.

3. As entidades locais ao abeiro desta liña poderán presentar solicitude individual ou de xestión compartida. As solicitudes individuais serán as presentadas por un concello. Terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as presentadas por agrupacións de varios concellos.

4. As entidades locais que opten pola solicitude de xestión compartida terán que estender esta modalidade a todas as medidas para que as solicitan subvención, no caso de presentar solicitude de subvención para máis dunha medida do Plan Corresponsables.

Así mesmo, deberán:

a) Presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor.

Se non achegan o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desisten da súa solicitude.

b) Nomear a persoa titular dunha das alcaldías para a representación única, tanto na coordinación como na interlocución, ante a Secretaría Xeral da Igualdade, que será a que reciba e xustifique a subvención.

c) Reflectir os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades que forman parte da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha delas.

d) Os concellos agrupados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta resolución, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.

5. Procederá a exclusión ou inadmisión daquelas solicitudes de xestión compartida nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para a cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Sen prexuízo do anterior, considerarase que cumpren o requisito de xestión compartida cando na memoria xustificativa se acrediten os beneficios da solicitude conxunta, tales como licitacións conxuntas, razóns de economía de escala, racionalización do gasto, criterios de eficiencia e eficacia e colaboración técnica e administrativa, entre outros.

- Solicitude segundo o Anexo I.1

- Anexo II.1 (certificación sobre o acordo de solicitar a subvención).

- Anexo II-bis (certificación relativa aos concellos agrupados ou asociados), só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.

- Anexo III (memoria descritiva da actuación).

- Memoria de aforro de custos, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.

- Convenio de colaboración, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

- DNI/NIE da persoa que actúa en representación da entidade.

- Concesións de subvencións e axudas

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 14 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades locais, a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e a asociacións de pais e nais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2022).

    • Extracto da Resolución do 14 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades locais, a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e a asociacións de pais e nais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59

BS403B

Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59

BS404A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59

BS419A

Prazas en residencias de tempo libre.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 21/05/2025 23:59