Guía de procedementos e servizos

SI434B

Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 03/01/2020 00:00 - 30/11/2020 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión das axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2020.

2. A finalidade das axudas establecidas na antedita lei orgánica é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

As axudas a que se refire esta resolución fan referencia ás seguintes modalidades:

1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego –axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero–.

2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas –indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Contía das axudas

1. Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

1.1. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao de seis meses do subsidio por desemprego vixente.

1.2. O importe desta axuda será equivalente a doce meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a.

b) Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, teña unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.

1.3. O importe desta axuda será equivalente a dezaoito meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.

b) Cando a vítima teña ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou a persoa dependente.

1.4. O importe desta axuda será equivalente a vinte e catro meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima teña ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou algunha das persoas dependentes.

b) Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva teña recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

c) Cando a vítima de violencia de xénero e o familiar ou menor acollido/a con quen conviva teña recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

2. Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

A contía da indemnización que se aboará será, sen prexuízo do disposto no seguinte parágrafo, a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a esta, excluídos xuros de demora.

A contía máxima da indemnización establécese en 6.000 €, excluídos xuros de demora, por cada persoa beneficiaria.

- Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego –axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero–.

- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas –indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero–.

Obrigas das beneficiarias

1. As beneficiarias quedan sometidas ao cumprimento das obrigas exixidas de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Así mesmo, teñen a obriga de comunicar calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias que fundamentan o dereito a percibir estas axudas, de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Secretaría Xeral da Igualdade e de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

3. No caso das indemnizacións establecidas no artigo 2.2 desta resolución, de producirse o pagamento total ou parcial desa indemnización por parte do obrigado a satisfacela dentro dos catro anos seguintes á concesión da axuda, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicalo á Secretaría Xeral da Igualdade e a devolver total ou parcialmente, segundo o caso, a indemnización percibida, no prazo de dez (10) días contado desde que se realizase o pagamento.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999164

Fax: 981957690

Email: vx.igualdade@xunta.es

http://www.mulleresengalicia.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881091 / 881881092

Fax: 981182352

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, 70 - 4ª planta

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294262 / 982294355

Fax: 982889169

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense

Avda. da Habana, 79

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386793 / 988386799

Fax: 988386843

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8-1

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817658

Fax: 986817399

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

03/01/2020 00:00 - 30/11/2020 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2020 no caso da axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e o 31 de outubro de 2020 para a indemnización recollida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

1. Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Para ser beneficiaria desta axuda, a solicitante deberá reunir na data de solicitude da axuda e manter ata o momento no que se resolva a dita solicitude os seguintes requisitos:

a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero. Esta condición acreditarase con algún dos documentos establecidos no artigo 8.1.a) destas bases reguladoras.

b) Non convivir co agresor.

c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.

d) Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do Informe do Servizo Público de Emprego recollido no artigo 10 destas bases.

e) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

f) Non poderán ser beneficiarias as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibisen esta mesma axuda con anterioridade.

2. Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Poderán ser beneficiarias destas indemnizacións as mulleres vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan económica e asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero, nas que concorran as seguintes circunstancias:

a) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia.

b) Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.

d) Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida, segundo o establecido no artigo 7.2.

e) Non convivir co agresor.

3. Unha vez presentada a solicitude da axuda prevista nesta resolución, a obriga de manter o empadroamento e a residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia ata a resolución da súa solicitude, poderá ser excepcionada, para ambas as axudas, no caso daquelas mulleres que, por motivos de seguridade derivados da situación de violencia de xénero, se vexan obrigadas ao traslado a outra comunidade autónoma do territorio nacional sempre que se xustifique con carácter previo esta circunstancia a través dun informe dos servizos de acollida ou dos servizos sociais, da Administración pública galega autonómica ou local, ou de informe xudicial, do Ministerio fiscal ou das forzas e corpos de seguridade.

Solicitude

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación

1. Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Achegarase a seguinte documentación:

– Modelo de solicitude anexo I, xunto coa documentación que se detalla de seguido:

a) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero.

As situacións de violencia de xénero que dan lugar ao recoñecemento do dereito a esta axuda económica acreditaranse coa orde de protección a favor da vítima, cando esta estea en vigor; coa sentenza condenatoria definitiva, ou definitiva e firme, que conteña medidas de protección vixentes que acrediten a actualidade da situación de violencia e, excepcionalmente, co informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a denunciante é vítima de violencia de xénero, mentres non se dite a orde de protección.

b) No caso de que a solicitante teña ao seu cargo polo menos un familiar por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao, deberá achegar a documentación que se relaciona a seguir:

1. Libro de familia ou outro documento que acredite os vínculos familiares da solicitante coas persoas ao seu cargo.

No caso de menores acollidas/os a cargo, deberán achegar a resolución administrativa ou xudicial acreditativa de dita situación, nos supostos en que esta fose expedida por unha administración distinta á Xunta de Galicia.

2. Se houbese convivencia cos/coas familiares a cargo presentarase a resolución xudicial de custodia, informe dos servizos sociais, certificado de empadroamento colectivo onde consten todos os membros da unidade familiar ou calquera outra documentación que acredite as responsabilidades familiares e a convivencia.

De non existir convivencia, presentarase o convenio regulador ou resolución xudicial en virtude dos cales exista obriga de alimentos.

No caso de que a convivencia estea interrompida por motivos derivados da situación de violencia de xénero, deberá acreditarse a través de informe dos servizos sociais da Administración pública autonómica ou local.

c) Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...).

d) Certificación acreditativa da discapacidade da solicitante e/ou das/dos familiares a cargo ou menores acollidas/os, non expedidos pola Xunta de Galicia.

e) Modelo de anexo II debidamente cuberto.

2. Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Presentarase a seguinte documentación:

– Modelo de solicitude anexo I, asinada pola persoa solicitante ou o/a representante legal, de ser o caso, xunto coa documentación que se detalla de seguido:

a) Testemuño da resolución xudicial firme, ou copia desta, que recoñeza o dereito a unha indemnización por danos e perdas froito dunha situación de violencia de xénero.

b) Testemuño da resolución xudicial, ou copia desta, que recoñeza a insolvencia do debedor.

c) Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...).

d) De ser o caso, documentación que acredite a composición da unidade familiar de convivencia.

e) No caso de que a persoa solicitante sexa un/unha menor de idade que dependa dunha muller que sufra violencia de xénero ou unha persoa maior de idade que dependa económica e asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero, deberá acreditarse a dita dependencia mediante o libro de familia e informe dos servizos sociais, resolución xudicial de custodia ou calquera outro documento que acredite suficientemente esta circunstancia.

f) Modelo de anexo II debidamente cuberto.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. As solicitantes deberán comunicar á Secretaría Xeral da Igualdade calquera modificación que se produza nos datos indicados na súa solicitude ou en calquera dos documentos que a acompañan. Esta variación comunicarase no momento en que se produza, co fin de axilizar a instrución do procedemento. No caso das prestacións do Servizo Público de Emprego non será preciso achegar a dita documentación agás que se denegue expresamente á Secretaría Xeral da Igualdade a dita consulta.

 Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de residencia legal da persoa solicitante estranxeira.

c) Certificado de residencia da persoa solicitante.

d) Certificado de prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (Área de Galicia) da solicitante e/ou dos/as familiares a cargo.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Resolución de acollemento familiar.

b) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da solicitante e/ou dos/das familiares ou menores acollidos/as.

c) Grao e nivel de dependencia da solicitante e/ou dos/das familiares ou menores acollidos/as.

d) Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) da solicitante e/ou dos/das familiares a cargo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2007).

    • Lei 12/2016, do 22 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (DOG nº 140 do 26 de xullo de 2016).

    • Resolución do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 1 de 2 de xaneiro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero) (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero) (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2020).

    • Resolución do 21 de abril de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 20 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 78 do 23 de abril de 2020).

    • Resolución do 19 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 20 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 171 do 25 de agosto de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (BOE nº 313 do 29 de decembro de 2004).

    • Real Decreto 1452/2005, do 2 de decembro, polo que se regula a axuda económica establecida no artigo 27 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero (BOE nº 301 do 17 de decembro de 2005).

    • Real Decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o Sistema de registros administrativos de apoio á Administración de Xustiza (BOE nº 33 de 7 de febreiro de 2009).

    • Real Decreto-lei 9/2018, de 3 de agosto, de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (BOE nº 188 de 4 de agosto de 2018).

Outros procedementos relacionados

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433B

Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI434A

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/01/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59