Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI427B
Axudas e subvencións a entidades locais: Programa de apoio aos CIM.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2022 as subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o desenvolvemento de programas, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural, así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de lles prestar unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.
Coa dita finalidade establécese o seguintes programa:
- Programa de apoio aos centros de información á muller, en diante, Programa de apoio aos CIM (SI427B).
1. Accións subvencionables:
1.1. A existencia no cadro de persoal ou na relación de postos de traballo da entidade de prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM, en concreto para os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
Cando as prazas ou os postos antes referidos non se atopen ocupados con carácter definitivo por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido, a entidade deberá presentar xustificación razoada da motivación que lle impide tal cobertura. Con carácter xeral, só se admitirá como xustificación a cobertura por persoal funcionario interino, baixas por enfermidade ou similares, as que deriven da aplicación da lexislación vixente, ou por estar en curso o proceso de oposición ou concurso correspondente.
1.2. A contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, sempre que a entidade local non conte con persoal que preste servizos no CIM para realizar as correspondentes funcións.
2. Cada entidade local deberá solicitar axuda para os diferentes postos do CIM nunha única solicitude. En primeiro lugar, atenderase ao financiamento dos postos necesarios para o normal funcionamento do CIM, segundo o disposto no artigo 10 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, e o crédito restante destinarase ao financiamento dos postos de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
3. Serán gastos subvencionables os custos directos de persoal que desenvolva funcións no CIM nos termos establecidos no artigo 10.3 e segundo resulta do previsto neste artigo. Serán subvencionables os custos de persoal xerados entre o 1 de abril de 2022 e o 31 de marzo de 2023.
As entidades beneficiarias deberán identificar e xustificar de maneira independente os gastos directos de persoal que se imputarán en cada exercicio. Os gastos de persoal correspondentes ao período comprendido entre o 1 de abril de 2022 e o 30 de novembro de 2022 imputaranse ao exercicio 2022, e os gastos correspondentes ao período comprendido entre o 1 de decembro de 2022 e o 31 de marzo de 2023, ao exercicio 2023.
4. Tipos de axuda.
4.1. Subvención aos postos de traballo ocupados por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido vinculados ao CIM nos termos establecidos no Decreto 130/2016:
a) Postos de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica. Cando a dedicación ao CIM sexa a tempo completo, a contía máxima da axuda será de ata 30.000 euros e cando sexa a tempo parcial será de ata 18.000 euros. En todo caso, a xornada da dirección do CIM terá que realizarse nos termos establecidos na alínea a) do artigo 10.1 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.
b) Postos de traballo de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. Cando a dedicación ao CIM sexa a tempo completo, a contía máxima da axuda será de ata 25.000 euros e cando sexa a tempo parcial será de ata 15.000 euros.
4.2. Subvención aos postos ocupados por persoal laboral temporal e contratación mercantil vinculados ao CIM nos termos establecidos no Decreto 130/2016:
a) Postos de asesoramento xurídico e atención psicolóxica. A contía máxima da axuda será de ata 14.000 euros por especialidade.
b) Postos de traballo de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. A contía máxima da axuda será de ata 12.000 euros.
5. A contía total máxima de axuda que se pode conceder ao abeiro do Programa de apoio aos CIM é de 45.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude individual, e de 120.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante dunha fusión de concellos.
6. O importe da subvención calcularase aplicando ao orzamento elixible presentado a porcentaxe que resulte da puntuación obtida segundo o establecido no artigo 16 desta resolución, cos límites de axuda máxima que correspondan segundo o indicado no punto 4 anterior ou, de ser inferior, da contía solicitada.
7. Procederá a minoración proporcional do importe da subvención concedida cando o orzamento elixible executado e xustificado, en cada un dos períodos previstos no punto 4 deste artigo, teña un custo inferior ao inicialmente previsto tido en conta para o cálculo da contía concedida en cada un deles.
Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nesta resolución os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
Servizo de Fomento e Promoción da Igualdade
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545369
Email: promocion.igualdade@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
17/03/2022 00:00 - 18/04/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
1. Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e as condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións, comúns ou específicos de cada un dos programas de axuda ou derivados, se é o caso, da presentación dunha solicitude para a xestión compartida dun proxecto ou servizo.
2. Ademais do anterior, para poder ser beneficiaria das subvencións correspondentes ao programa de apoio aos CIM, a entidade local ten que ser titular dun centro de información á muller (CIM) acreditado segundo o establecido no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.
Poderase presentar solicitude individual ou conxunta para a xestión compartida da prestación deste servizo, mediante a agrupación ou asociación das entidades locais titulares de CIM ou con outros concellos que non o teñan acreditado.
3. Por outra banda, para poder ser beneficiaria destas axudas, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2020 ao Consello de Contas de Galicia; e, ademais, no caso dos CIM deberá ter presentado a memoria anual do CIM correspondente ao ano 2021 ante a Secretaría Xeral da Igualdade, segundo os termos e prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.
4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do previsto no punto 4 do artigo 4 desta Resolución.
Solicitudes de xestión compartida: requisitos e condicións.
1. Para estes efectos, terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as presentadas por agrupacións, asociacións ou entidades locais que integren varios concellos.
2. As entidades locais que se agrupen ou asocien para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, para o de conciliación, así como os titulares de CIM que se agrupen entre eles ou ben con outros concellos non titulares, deberán:
a) Presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor.
Se non achegan o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desisten da súa solicitude. Non obstante, para o caso de que se trate dunha solicitude do programa de apoio aos CIM, poderase tramitar como solicitude individual do CIM sempre que o manifeste expresamente e por escrito no dito prazo.
b) Nomear a persoa titular dunha das alcaldías para a representación única, tanto na coordinación como na interlocución, ante a Secretaría Xeral da Igualdade, que será a que reciba e xustifique a subvención. No caso dos agrupamentos para a prestación do servizo CIM, a representación corresponderá á persoa titular da alcaldía dun concello que teña acreditado o CIM.
c) Reflectir os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades que forman parte da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha delas.
d) Os concellos agrupados ou asociados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta resolución, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.
3. As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar, xunto coa solicitude, unha certificación expedida pola súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio e os que participan no proxecto ou servizo para o cal se solicita subvención.
4. Procederá a exclusión ou inadmisión daquelas solicitudes de xestión compartida nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para a cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Sen prexuízo do anterior, considerarase que cumpren o requisito de xestión compartida os agrupamentos para a prestación do servizo de CIM. No Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, no de conciliación,mesmo de se realizaren actuacións independentes en cada concello, considerarase cumprido este requisito cando na memoria xustificativa se acrediten os beneficios da solicitude conxunta, tales como licitacións conxuntas, razóns de economía de escala, racionalización do gasto, criterios de eficiencia e eficacia e colaboración técnica e administrativa, entre outros.
Nos supostos de mancomunidades e consorcios, deberá acreditarse que a actuación e/ou servizo se presta de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación.
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I.3), a documentación común e a específica de cada programa que se relaciona a continuación:
a) Anexo II: certificación do órgano competente da entidade en que se faga constar, entre outros, o acordo de solicitar a subvención ao abeiro do correspondente programa e do compromiso do financiamento do custo da actuación ou medida obxecto de axuda naquela parte que exceda o importe da subvención para a súa completa realización. No caso de mancomunidades ou consorcios, deberán cubrir o último punto do anexo para facer constar a relación de concellos que a integran e os que participan na actuación ou medida para a cal se solicita a subvención.
b) Anexo II-bis (só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos): certificación do órgano competente do concello representante, en que se faga constar, con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados, as cuestións que se recollen no dito anexo en relación cos requisitos e condicións previstos no artigo 5 desta resolución.
c) Anexo III: memoria descritiva do programa/medida para que solicita a subvención (só para o Programa de conciliación-SI435B e para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero-SI435A): memoria descritiva da medida que se propón e das actuacións que se vaian realizar para desenvolvela, con indicación da duración e das datas de comezo e finalización estimadas, do importe dos custos directos de persoal, número estimado de persoas participantes, obxectivos e resultados esperados coa medida e actuacións para as cales se solicita subvención, así como a tipoloxía dos gastos directos que se van imputar á subvención acordes co establecido no artigo 9, debidamente asinada pola persoa que exerza a representación da entidade solicitante.
e) Anexo IV.1 e 2 (só para o Programa de apoio aos CIM-SI427B): memoria descritiva (IV.1) do funcionamento do CIM, do persoal adscrito ao CIM, gasto subvencionable dos custos directos de persoal para o cal se solicita a axuda e actividades levadas a cabo desde o CIM, debidamente asinada pola persoa que exerza a representación da entidade solicitante, así como as fichas individualizadas do persoal que presta ou que vaia prestar servizos no CIM (IV.2), que se numerarán correlativamente e se anexarán á memoria como parte integrante dela.
f) Copia do convenio de colaboración (só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos).
g) Memoria de aforro de custos respecto da realización do programa ou actividade de forma individualizada (só no caso de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades ou consorcios).
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderá consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 7 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 52 do 16 de marzo de 2022).
-
Extracto da Resolución do 7 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 52 do 16 de marzo de 2022).
-
Resolución do 22 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 7 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2022).
-
Corrección de erros. Resolución do 22 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 7 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano