Guía de procedementos e servizos

SA648A

Certificado técnico-sanitario de vehículos de transporte sanitario.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano
Sobre o procedemento

O obxecto do presente decreto é regular:

a) O transporte sanitario terrestre que transcorra integramente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As características técnicas, equipamento sanitario e dotación de persoal, dos vehículos de transporte sanitario por estrada.

c) As certificacións técnico-sanitarias dos vehículos de transporte sanitario por estrada.

d) Os requisitos mínimos de formación do persoal que preste servizos en vehículos de transporte sanitario.

e) O procedemento de expedición de certificacións nos supostos de habilitación por experiencia profesional acreditada.

f) O réxime xurídico do Rexistro de Transporte Sanitario.

Obrigatoriedade.

1. Os vehículos de transporte sanitario a que se refire o presente decreto deberán contar coa correspondente certificación técnico-sanitaria, expedida pola xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade, tendo en conta o lugar en que se domicilie a autorización de transporte sanitario na cal pretendan ampararse.

2. Para a expedición da citada certificación, os vehículos deberán reunir as características técnicas e as dotacións previstas neste decreto. As certificacións estarán referidas a un vehículo concreto, e deberán presentarse no momento da inspección do vehículo na entidade concesionaria da Inspección Técnica de Vehículos (ITV).

3. A citada certificación non exime nin substitúe a obtención doutras autorizacións ou permisos, para cuxo outorgamento sexan competentes outras consellerías da Xunta de Galicia, ou outras administracións, segundo o previsto na normativa vixente en materia de transporte.

Expedición das certificacións técnico-sanitarias.

1. As certificacións outorgadas documentaranse mediante a expedición dun certificado en que conste:

a) Titularidade e domicilio indicado no permiso de circulación do vehículo.

b) Matrícula.

c) Número de bastidor.

d) Clase e antigüidade do vehículo.

e) Data de expedición e renovación da certificación técnico-sanitaria.

2. A certificación técnico-sanitaria deberá ir, en todo momento, xunto coa documentación do vehículo.

3. O órgano concedente remitirá copia das certificacións técnico-sanitarias expedidas ao Rexistro de Transporte Sanitario.

Vixencia e renovación.

1. As certificacións técnico-sanitarias outorgaranse por un prazo de duración de dous anos para vehículos novos e anual a partires do segundo ano de antigüidade, ata os 10 anos que fixa como antigüidade máxima o artigo 32.a) da Orde PRE/1435/2013, do 23 de xullo, que desenvolve o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres en materia de transporte sanitario por estrada.

2. Con independencia da duración da certificación, o órgano competente para o seu outorgamento poderá, cando o considere oportuno, comprobar o cumprimento das condicións que o xustificaron e proceder ás inspeccións pertinentes.

3. Os/as titulares de vehículos de transporte sanitario deberán solicitar a renovación da certificación técnico-sanitaria correspondente a cada un destes con, polo menos, un mes de antelación ao remate do prazo de vixencia da anterior; para tal efecto presentará a documentación prevista para a solicitude de outorgamento da certificación.

A renovación poderase solicitar mentres o vehículo non cumpra o prazo de antigüidade máxima indicado no parágrafo 1 do artigo 12 deste decreto.

4. De non solicitarse a renovación en prazo, a certificación perderá a súa validez.

Os propietarios de vehículo destinado a realizar desprazamentos de  persoas enfermas, accidentadas, ou por outra razón sanitaria.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de A Coruña

R/ Durán Loriga, 3

15003  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155817/ 981155823

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Lugo

Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292107

Fax: 982292115

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Ourense

Avda. Zamora, 13

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066321

Fax: 988386302

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra

Fernández Ladrera, nº 43, 1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885880

Fax: 986814186

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra

Sección de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria (Vigo)

Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817624

Fax: 986817627

Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para a obtención da certificación técnico-sanitaria será necesario acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) O vehículo deberá estar matriculado e habilitado para circular e non poderá superar a antigüidade de 10 anos, contados desde a súa primeira matriculación.

b) Deberá estar vixente a última inspección técnica periódica que, segundo as normas vixentes en materia de industria, legalmente corresponda realizar en relación co vehículo.

c) O vehículo deberá cumprir as condicións técnico-sanitarias que para cada clase de vehículo se exixen no presente decreto e no Real decreto 836/2012, do 25 de maio.

d) A empresa certificará que dispón do persoal adecuado e coa cualificación ou habilitación que, segundo o especificado no Real decreto 836/2012, do 25 de maio, e no presente decreto ou normativa que o desenvolva, resulten necesarias para o servizo do tipo de vehículo de que se trate, para o cal presentará a documentación xustificativa destes requisitos.

  • Solicitude segundo o Anexo III.

Documentación que se presenta [ou xa presentada con anterioridade].

  • Escritura de constitución, no caso de persoas xurídicas

  • Documento acreditativo da representación que ostente, no caso de persoas xurídicas

  • Xustificación do pagamento da taxa

  • Permiso de circulación do vehículo ao que se pretenda refirir a certificación, no que conste como destino do vehículo a actividade de transporte sanitario

  • Ficha de inspección técnica do vehículo, na que figure atoparse vixente o recoñecemento periódico legalmente establecido.

  • Memoria referida ao vehículo.

  • No caso de dispor de humidificadores non desbotables, deberase acreditar o cumprimento das medidas de prevención da lexionelose.

  • No caso de dispor de desfibrilador semiautomático externo, achegarase certificación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 do cumprimento dos requisitos previstos.

  • No caso de ambulancias asistenciais, achegarase a documentación acreditativa da adaptación á normativa vixente en materia de xestión de resíduos, da dispoñibilidade de dotación de fármacos para a subministrar únicamente cando dispoñan de persoal sanitario capacitado, así como o protocolo de esterilización do material sanitario que o precise.

Documentación de entidades titulares de vehiculos de transporte sanitario público.

  • Licenza de apertura do local, se é o caso.

  • Relación do parque móbil dispoñible.

  • Xustificación da disposición dos medios que permitan a inmediata localización as 24 horas do día.

  • Ter un local aberto ao público con nome ou título rexistrado, en poboacións de máis de 20.000 habitantes.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

  • Alta no imposto de actividades económicas (IAE) que obran en poder da AEAT.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Orde PRE/1435/2013, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres en materia de transporte sanitario por estrada (BOE nº 180 do 29 de xullo de 2013).

    • Real Decreto 22/2014, do 17 de xaneiro, polo que se modifica o Real Decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada (BOE nº 22 do 25 de xaneiro de 2014).

  • Ámbito Autonómico
    • Real Decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada (BOE nº 137 do 8 de xuño de 2012).

    • Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 69 do 14 de abril de 2015).

    • Corrección de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 73 do 20 de abril de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano