Guía de procedementos e servizos

SA462E

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva, ao amparo de programas de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no campo da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 19/04/2024 00:00 - 20/05/2024 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024 a 2027.

1. Poderán solicitar e ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro de Galicia, que debidamente inscritas no rexistro correspondente, inclúan no seu obxecto social ou nos seus fins o desenvolvemento de proxectos relacionados coa poboación de etnia xitana.

2. En relación co disposto no artigo 27 respecto do réxime de compatibilidade, poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades que reciban outras subvencións con finalidade diferente e que afecte a gastos diferentes aos financiados por esta operación.

3. As entidades beneficiarias non poden incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. As referidas entidades deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Actuar como empregadora e exercer de pagadora da nómina correspondente á promotora de saúde contratada para o desenvolvemento das accións establecidas na presente orde.

b) Dispoñer do alugueiro de locais e dos medios físicos e materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades deseñadas para a promoción da saúde na poboación xitana por parte da muller promotora da saúde no seu territorio.

c) Xestionar e coordinar todas as accións necesarias para o desenvolvemento do proxecto.

d) Deseñar e divulgar as actividades de comunicación en relación coas accións dos programas de promoción da saúde entre a poboación de etnia xitana.

e) Respectar a normativa vixente, especialmente, en materia de protección de datos de carácter persoal no desenvolvemento do proxecto subvencionado, segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables

Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde

Edificio Administrativo San Lázaro

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542962

Email: Vida.Saudable.eps@sergas.es

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

19/04/2024 00:00 - 20/05/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Referirse a unha das sete áreas sanitarias no campo da promoción da saúde na poboación de etnia xitana para os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, que inclúa a formación inicial.

2. O/os proxecto/s deberá/n realizarse integramente na Comunidade Autónoma de Galicia e deberá/n ter como área xeográfica de actuación unha das seguintes áreas sanitarias:

a) Área Sanitaria da Coruña e Cee.

b) Área Sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza.

c) Área Sanitaria de Ferrol.

d) Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

e) Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

f) Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

g) Área Sanitaria de Vigo.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado do anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das entidades presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A presentación da solicitude de subvención implicará a aceptación, por parte da entidade ou entidades solicitantes, das condicións, requisitos e obrigacións contidas nas presentes bases da convocatoria e no resto da normativa de pertinente e preceptiva aplicación, sen prexuízo do seu dereito para desistir da súa petición que os solicitantes puidesen exercitar antes da resolución de concesión, ou a renunciar á xa concedida.

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar, xunto co formulario de solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa do proxecto, debidamente asinada pola persoa que exerce a representación legal da entidade solicitante, que se axustará ás características de formato e contido definidas no anexo II desta orde.

b) Copia do temario para a formación das promotoras en saúde e das actividades que se van realizar.

c) Documento que acredite a representación de quen solicita a subvención.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola entidade a calquera Administración. Neste caso, a entidade deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a entidade se opoña á súa consulta:

a) NIF entidade solicitante.

b) NIF entidade representante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Tributaria de Galicia.

g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Concesión doutras subvencións ou axudas compatibles ou incompatibles.

i) Rexistro de asociacións, de fundacións ou de cooperativas da Comunidade Autónoma Galega na que figure inscrita a entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 de 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Orde do 1 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro de programas de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública no campo da promoción da saúde da poboación xitana por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024 ao 2027 (DOG nº 77 do 18 de abril de 2024).

    • Extracto da Orde do 1 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro de programas de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública no campo da promoción da saúde da poboación xitana por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024 ao 2027 (DOG nº 77 do 18 de abril de 2024).

    • Resolución do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro de programas de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no campo da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024 a 2027 (DOG nº 118 do 19 de xuño de 2024).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 276 de 18 de novembro de 2003)

    • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 de 25 de xullo de 2006).

    • Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, de 21 de xulio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 270 de 11 de noviembre de 2006).

Outros procedementos relacionados

MR505A

Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR513A

Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR514A

Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811B

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59