Guía de procedementos e servizos

SA462D

Compensación por gastos de desprazamento, aloxamento e manutención no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Solicitar a compensación dos gastos derivados dos traslados de persoas usuarias do Sistema Público de Saúde de Galicia por motivos diagnósticos ou terapéuticos, onde non está prescrito por un facultativo o transporte sanitario por ambulancia.

Terán dereito á compensación destes gastos as persoas usuarias que dispoñan de tarxeta sanitaria en vigor, emitida polo Servizo Galego de Saúde, que teñan autorizado o desprazamento a outro centro sanitario con fins asistenciais por criterio médico.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

Dirección de Recursos Económicos da EOXI de Santiago de Compostela e Barbanza

Servizo de Prestacións e Concertos da EOXI de Santiago de Compostela e Barbanza

Travesía da Choupana, s/n

15706  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981955479

Email: galrreeconc@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Ferrol

Dirección de Recursos Económicos de Ferrol

Avda. da Residencia, s/n

15405  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981334067

Email: prestacionseconcertos.ferrol@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Dirección de Recursos Económicos de Pontevedra

Unidade de Concertos de Pontevedra

Avda. de Vigo, nº 16

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986800000

Email: concertos.pontevedra@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos

Rúa Dr. Ulises Romero, nº 1

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982296920

Email: prestaciones.eoxi.lugo@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de A Coruña e Cee

Dirección de Recursos Económicos de A Coruña

Reintegro de Gastos de A Coruña

Paseo do Xeneral Sir John Moore

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981176634/ 981155677

Email: UPOrtoprotesis.XCO@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Vigo

Dirección de Recursos Económicos de Vigo

Unidade de Concertos e Prestacións de Vigo

Avda. Camelias, nº 109 (Hospital Nicolás Peña-Pavillón 8)

36211  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986219254

Email: gastos.dsprazamento.vigo@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Dirección de Recursos Económicos de Ourense

Calle Ramón Puga, nº 52-54 (Hospital Santa María Nai)

32005  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988385311

Email: xestion.prestacions.ourense@sergas.es

Xerencia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde  do 8 de febreiro de 2024 (DOG nº 34 do 16 de febreiro do 2024) entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.  

O prazo de presentación de solicitudes será dun ano, contado desde a data do desprazamento, e dirixirase á Xerencia da área sanitaria de referencia do/da paciente.

1. A necesidade do desprazamento, así como as súas condicións, será indicada polo/a médico/a do Sistema público de saúde de Galicia responsable do/da paciente ou autorizada polo órgano competente en materia de asistencia sanitaria no caso da segunda opinión.

2. O/a paciente poderá solicitar a compensación dos gastos no seguintes supostos:

a) Os gastos por desprazamentos que se produzan por diagnóstico ou tratamento dentro da área sanitaria, cando teñan a súa causa en:

1º. Tratamentos de diálise, rehabilitación, quimioterapia, radioterapia e outros tratamentos para o cancro.

2º. Outro tipo de tratamentos que precisen realizar un número igual ou superior a oito (8) asistencias en períodos de trinta (30) días.

b) Os gastos por desprazamento, manutención e aloxamento que se produzan por diagnóstico ou tratamento fóra da área sanitaria, fóra da Comunidade Autónoma ou fóra do territorio nacional, nos seguintes casos:

1º. Para diagnóstico, confirmación de diagnóstico ou tratamento dunha enfermidade rara, entendendo por tal aquela cuxa prevalencia é inferior a cinco (5) casos por cada 10.000 persoas na Unión Europea.

2º. Para o exercicio do dereito a unha segunda opinión médica.

3º. Para recibir algún tipo de tratamento que non se realice no hospital de orixe.

Deberán contar necesariamente coa autorización previa da Xerencia da referida área sanitaria ou do órgano competente en materia de asistencia sanitaria, de ser o caso.

Solicitudes.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderase presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para o caso de falecemento da persoa titular da axuda, poderá presentar a solicitude a persoa que acredite, segundo corresponda, o dereito á axuda ou o reintegro.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación de acreditación de representación.

b) Xustificante do centro sanitario de destino, en que consten as datas nas cales se prestou a asistencia sanitaria.

c) O centro sanitario de destino deberá acreditar a condición de persoa acompañante mediante informe xustificativo en que se especifique a data.

d) Facturas, ou documentos acreditativos que xustifiquen debidamente o pagamento, dos gastos do desprazamento, no caso de realizarse en transporte público, do/da paciente e, de ser o caso, da persoa acompañante, tras recibir a asistencia sanitaria.

e) Facturas, ou documentos acreditativos que xustifiquen debidamente o pagamento, dos gastos de aloxamento e manutención do/da paciente e, de ser o caso, do/da acompañante.

f) Certificado de discapacidade emitido por unha comunidade autónoma distinta da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Outros documentos acreditativos que sexan requiridos para esclarecer os feitos expostos na solicitude.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consultas ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. Esta documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Consulta do DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Consulta do DNI/NIE da persoa representante, se for o caso.

Consultarase, ademais, o seguinte dato cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente.

c) Consulta da certificación acreditativa do grao de discapacidade, emitida polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o caso de certificación emitida por outra comunidade autónoma, deberá ser achegada polo/a solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar copia compulsada ou electrónica auténtica de tales documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia ou incidencia técnica imposibilite a consulta dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de febreiro de 2024 pola que se regula o procedemento de compensación por gastos de desprazamento, aloxamento e manutención no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 34 do 16 de febreiro de 2024).

Outros procedementos relacionados

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561B

Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano