Guía de procedementos e servizos

SA102A

Acreditación/Renovación de centros sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

A acreditación de centros sanitarios de carácter público ou privado, pertencentes ao Sistema de Saúde de Galicia. 

Os centros sanitarios privados que opten a realizar un concerto de servizos sanitarios co Servizo Galego de Saúde deberán estar en posesión da acreditación corresponden

Para os efectos  entenderase por acreditación, o proceso metodolóxico voluntario de mellora continua da calidade, e como centro sanitario o definido no artigo 3.9 da Lei 8/2008, do 10 de xullo.

Ámbito de aplicación.

1. Deberán ser acreditados, polo procedemento establecido neste decreto, os centros sanitarios pertencentes ao Sistema público de saúde de Galicia.

2. Os centros sanitarios privados que opten a realizar un contrato de servizos sanitarios co Servizo Galego de Saúde deberán estar en posesión da acreditación correspondente.

3. De acordo co previsto no artigo 74.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, mediante resolución da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade poderanse establecer excepcións ao requisito da acreditación sanitaria previa, motivadamente, por razóns de interese público, urxencia vital ou por necesidades urxentes de asistencia sanitaria.

Centros excluídos.

1. Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste decreto:

a) As oficinas de farmacia, boticas anexas e os establecementos dedicados á distribución, elaboración, importación ou fabricación, de ser o caso, de medicamentos e produtos sanitarios.

b) Os servizos ou unidades técnicas de protección radiolóxica.

c) As consultas médicas e consultas doutros profesionais sanitarios.

d) Os servizos de prevención de riscos laborais.

e) Centros especializados: clínicas dentais, centros de interrupción voluntaria do embarazo, centros de diagnóstico, centros móbiles de asistencia sanitaria e centros de recoñecemento.

2. Estes centros rexeranse pola súa normativa específica en materia de acreditación.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios

Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542702

Email: inspeccion.sscc@sergas.es

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 29 de febreiro de 2024.

Para poder solicitar o inicio do procedemento de acreditación, os centros sanitarios deberán dispoñer da autorización de funcionamento e estar inscritos no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Acreditacións de centros sanitarios. ( 31.16.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Inicio do procedemento.

1. O procedemento de acreditación dun centro sanitario ou, de ser o caso, da súa renovación iniciarase mediante a solicitude presentada pola persoa titular do centro ou por quen a represente legalmente.

No caso de tratarse dunha solicitude de renovación, esta deberá presentarse cunha antelación mínima de cinco meses á data de remate da vixencia da acreditación.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos e axustarase ao formulario normalizado que se establece no anexo I, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de acreditación a seguinte documentación:

a) Xustificante de pagamento da taxa (código da taxa: 31.16.00), agás que o pagamento se realice a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, caso en que non será necesario achegalo.

b) Unha memoria actualizada en que se xustifique o grao de cumprimento dos estándares establecidos no anexo II.

c) Documento acreditativo da representación da entidade.

2. No caso da solicitude de renovación, deberá achegarse:

a) Xustificante de pagamento da taxa (código da taxa: 31.16.00), agás que o pagamento se realice a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, caso en que non será necesario achegalo.

b) Unha declaración responsable en que a persoa interesada manifeste que se manteñen os mesmos requisitos que deron lugar á resolución da acreditación.

c) Documento acreditativo da representación da entidade.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non se lles requirirán ás persoas interesadas datos ou documentos que fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, e as administracións públicas deberanos obter electronicamente a través das súas redes corporativas ou dunha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa, e deberán ser informadas previamente dos seus dereitos en materia de protección de datos de carácter persoal. Excepcionalmente, se as administracións públicas non poden obter os citados documentos, poderán solicitarlle novamente á persoa interesada que os presente.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación con deficiencias ou incompleta.

Se a documentación presenta omisións ou deficiencias, requirirase a entidade ou persoa interesada para que a emende no prazo de dez días hábiles, coa indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da solicitude.

No caso de que non sexa emendada correctamente e en prazo a solicitude, a Administración ditará a correspondente resolución en que declare a desistencia da solicitude por parte da entidade ou persoa interesada.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa solicitante.

b) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa representante.

c) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 18/2024, do 11 de xaneiro, polo que se establece o procedemento para a acreditación de centros sanitarios e se crea e se regula o funcionamento do Consello Autonómico de Acreditación de Centros Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2024).

    • Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (BOE nº 202 do 21 agosto de 2008).

Outros procedementos relacionados

SA101J

Autorización de instalación de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Aberto todo o ano

SA101K

Autorización de funcionamento/renovación/modificación de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Aberto todo o ano

SA101L

Peche de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Aberto todo o ano

SA103B

Informe preceptivo para concertar cun centro privado os servizos sanitarios e recuperadores

Tramitar en liña

Aberto todo o ano