Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR954A
Convenios coas federacións deportivas galegas para a realización de programas de promoción e desenvolvemento.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto da presente resolución é establecer o procedemento co código PR954A para a presentación da documentación requirida nos convenios de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e as federacións deportivas galegas para a realización dos programas de promoción e desenvolvemento das súas modalidades deportivas para o ano 2017.
Federacións deportivas galegas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Rúa de Madrid, 2-4, 2º andar (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996362
Fax: 881996368
Email: programas.deportes@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
22/04/2017 00:00 - 08/02/2018 23:59
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Os/as solicitantes deberán figurar inscritos no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia como federación deportiva galega, de acordo co establecido na sección 3ª do capítulo II, do título IV, da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas entrega a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Para a sinatura dos convenios obxecto da presente resolución as persoas representantes das federacións deportivas galegas non deberán presentar documentación adicional.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas entregan a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o formulario de presentación de documentación do procedemento dos convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización dos programas de promoción e desenvolvemento das súas modalidades deportivas para o ano 2017 (DOG nº 77 do 21 de abril de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de entidades deportivas
Aberto todo o ano