Guía de procedementos e servizos

PR945A

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións derivados dos incendios.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 31/10/2017 00:00 - 30/11/2017 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Convócanse as axudas, tramitadas como anticipadas de gasto, en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións derivados dos incendios, no eido competencial da Secretaría Xeral para o Deporte.

As subvenciones reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos polos danos causados nas súas instalacións derivados dos incendios nos que incorresen os beneficiarios desde a data dos incendios.

Serán subvencionables con cargo á presente convocatoria os gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e, en particular, as reparacións dos danos causados polos incendios nos seguintes bens de titularidade privada dedicadas á práctica deportiva:

- Terreos de xogo e adestramento e edificacións que prestan servizo a estas instalacións (vestiarios, almacéns, oficinas...) e outras edificacións dedicadas a dar soporte á práctica deportiva.

- Material e equipamento deportivo depositado en instalacións deportivas afectadas polos incendios.

Poderán ser beneficiarios das subvencións convocadas as asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións pola vaga de incendios que se produciron en Galicia no mes de outubro de 2017.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996360

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: PECHADO

31/10/2017 00:00 - 30/11/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As asociacións, clubs e entidades deportivas deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Certificación do acordo polo cal se solicita a subvención. Anexo II

  • Memoria xustificativa da necesidade das actuacións.

  • Solicitudes para obras:

    • Memoria explicativa.

    • Orzamento detallado.

    • Planos a escala suficiente.

  • Solicitudes para equipamento:

    • Memoria explicativa dos equipamentos.

  • Solicitudes doutros gastos derivados:

    • Memoria explicativa dos gastos en que incorreu a asociación coa descrición e orzamento detallado.

  • Acreditación de ter axustados os estatutos da asociación, club e entidade deportiva ao disposto na Lei 3/2012 do 2 de abril, do deporte de Galicia.

  • Comprobación de datos:

    • NIF da entidade solicitante.

    • DNI ou NIE da persoa representante.

    • Estar ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT.

    • Estar ao corrente do cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.

    • Non ter pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

  • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).

    • Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).

    • Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).

    • Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).

    • Corrección de erros. Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).

    • Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano