Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR946A - Rexistro de entidades deportivas.
O Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia ten por finalidade a inscrición das entidades deportivas reguladas na Lei 3/2012, do 2 de abril, así como dos actos e datos relativos a estas, nos termos establecidos na Lei do deporte de Galicia.
De conformidade co disposto na Lei 3/2012, do 2 de abril, poderán igualmente acceder ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, as entidades mercantís legalmente constituídas que teñan no seu obxecto social a práctica da actividade deportiva, coa finalidade da súa participación en competicións oficiais autonómicas, así como de ser beneficiarias das actuacións de fomento das administracións públicas galegas que aparecen recollidas no artigo 69 da Lei 3/2012, do 2 de abril.
Actos obxecto de asento e depósito
1. Asentaranse no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia os seguintes actos e datos:
a) As actas de constitución así como as de extinción ou disolución. No caso de ser necesario, as escrituras e documentos públicos de constitución e a súa inscrición no Rexistro Mercantil.
b) Os estatutos e as súas modificacións.
c) Os símbolos e elementos representativos da cada entidade deportiva.
d) O acordo de constitución de seccións deportivas de entidades públicas ou privadas.
e) O nomeamento, a suspensión e o cesamento dos membros do órgano de goberno das entidades deportivas, e das entidades mercantís previstas no artigo 2.2.
f) A legalización dos libros que, segundo a Lei do deporte de Galicia ou os regulamentos de desenvolvemento desta, deban levar obrigatoriamente as entidades deportivas. Respecto doutros libros cuxa levanza sexa obrigatoria para as federacións deportivas de conformidade con outras normas de aplicación, deberá constar igualmente no Rexistro de Entidades Deportivas a devandita levanza.
g) As medidas administrativas ou xudiciais de intervención de entidades deportivas, así como as sancións que fosen impostas ás entidades deportivas por resolución firme e, se é o caso, as medidas preventivas que se puidesen adoptar.
h) A declaración de utilidade pública, de interese cultural ou declaracións análogas, de entidades deportivas e a súa revogación.
i) As resolucións xudiciais que afecten actos susceptibles de inscrición no rexistro ou as propias entidades deportivas.
j) Os acordos de fusión, absorción ou escisión de entidades deportivas.
k) Nos supostos de disolución das entidades deportivas e das entidades mercantís, o nomeamento, a suspensión e o cesamento das persoas liquidadoras.
l) De existir, o destino do remanente en caso de liquidación.
m) A transformación dunha entidade deportiva en asociación de carácter xeral.
n) En xeral, todos aqueles actos cuxa inscrición sexa prevista pola normativa vixente.
2. Depositaranse no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia:
a) A acta de constitución e as actas nas que consten os acordos que modifiquen os actos rexistrais inscritos ou que pretendan introducir datos no Rexistro.
b) O acordo de constitución da sección deportiva e aquelas actas nas que consten os acordos que modifiquen os actos rexistrais inscritos ou que pretendan introducir datos no Rexistro.
c) Os estatutos das entidades deportivas e as súas modificacións, unha vez cualificados.
d) Os regulamentos de réxime interno das seccións deportivas e as súas modificacións.
e) Os estatutos das entidades mercantís.
f) Os regulamentos internos de actuación das federacións deportivas.
g) O orzamento e as contas anuais das federacións deportivas galegas.
h) O acordo de incorporación ou baixa das entidades deportivas, cando corresponda, en federacións deportivas de Galicia, unións deportivas de clubs ou entidades internacionais.
i) O acordo referido á disolución de entidades deportivas no que se recolla o destino dado ao patrimonio remanente.
j) Calquera outro documento que dea lugar á inscrición dos actos que constan no punto 1 do artigo 5 deste decreto.
- Entidades mercantís legalmente constituidas.
2. A inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia non convalidará os actos que sexan nulos nin os datos que sexan incorrectos de acordo coas leis.
3. A inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia das asociacións deportivas e entidades reguladas na Lei 3/2012, do 2 de abril, é un requisito indispensable para optar ás axudas, ás subvencións e asesoramento ou para a participación en competicións oficiais autonómicas.
4. As inscricións no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia producirán os seus efectos mentres non se inscriba a declaración derivada de resolución de autoridade xudicial, da súa inexactitude ou nulidade.
6. As federacións deportivas galegas exixiranlles aos clubs que desexen afiliarse a elas a súa inscrición previa no Rexistro de Entidades Deportivas, sen prexuízo dos demais requisitos que federativamente lle correspondan.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Subdirección Xeral de Xestión Deportiva
San Lázaro, s/n. Estadio Multiusos
15890 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542626
Fax: 981542638
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Deporte da Coruña
Praza de Agustín Díaz nº 1
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981132443
Fax: 981132527
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Deporte de Lugo
Rolda da Muralla nº 70-1º
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294559
Fax: 982294565
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Deporte de Ourense
Avda. da Habana, nº 79-4º andar
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386044
Fax: 988386051
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Deporte de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda nº 43-5º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986803926
Fax: 986803924
Subdirección Xeral de Xestión Deportiva
Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia (DOG nº 71 do 13 de abril de 2012).
Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2014).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no DOG. *Consultar o último parágrafo do apartado documentación.
- 1. A inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia dunha entidade deportiva exixe a presentación da correspondente instancia de solicitude da inscrición (Anexo I deste Decreto), acompañada da seguinte documentación:
- a) Acta de constitución asinada por todas as persoas promotoras.
- b) Certificación negativa da denominación.
- c) Acta de aprobación dos estatutos da entidade.
- d) Estatutos coas sinaturas de todos os/as promotores/as da entidade.
- e) As persoas promotoras, órganos estatutarios e representantes legais.
- 2. No suposto da inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia dunha sección deportiva, exixirase tamen a presentación de:
- a) Certificación do acordo expreso do órgano de goberno da entidade pública ou privada correspondente, que manifestará a súa intención de crear esta, a forma de organización, o rexime de administración e o resto dos requisitos previstos na normativa deportiva.
- b) Certificación do rexistro correspondente que acredite o desenvolvemento pola entidade promotora da sección deportiva, de actividades deportivas de carácter accesorio en relación co seu obxecto principal.
- c) Documentación acreditativa dos/das membros do órgano directivo da sección deportiva.
- d) Normas internas de funcionamento.
- 3. A inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia dunha federación deportiva galega exixe ademais dos documentos que se recollen no punto 1 do artigo 23 deste Decreto, a acreditación do cumprimento dos requisitos recollidos no artigo 54 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
- Documentos necesarios para a inscrición dunha entidade mercantil no rexistro.
A inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia dunha entidade mercantil legalmente constituída exixirá a presentación da correspondente instancia de solicitude, así como a seguinte documentación: - a) Certificación do Rexistro Mercantil.
- b) Escritura de constitución.
- c) Composición do órgano de administración.
- d) Estatutos.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e do 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. - * A inscrición dos actos que deban acceder ao rexistro debe solicitarse no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ao que se produce o acto, salvo que, por disposición legal ou regulamentaria, se estableza outro prazo.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"