Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR948A
Recoñecemento da condición de alto nivel/alto rendemento deportivo/rendemento deportivo bases.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
1. O presente decreto ten por obxecto a regulación do deporte de alto nivel de Galicia, do alto rendemento deportivo e do rendemento deportivo de base.
2. Así mesmo, son obxecto de regulación neste decreto, pola súa relación coas materias citadas no número 1, os centros de alto nivel deportivo, os núcleos de adestramento deportivo especializado, a Oficina de Atención ao Deportista e a Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo e do rendemento deportivo de base.
1. A condición de alto nivel poderá ser recoñecida, consonte o procedemento e requisitos establecidos no presente capítulo, aos deportistas, aos técnicos e adestradores e aos xuíces-árbitros.
2. A condición de alto rendemento deportivo poderá ser recoñecida, consonte o procedemento e os requisitos establecidos no presente capítulo, aos deportistas.
Obrigas
1. As persoas deportistas de alto nivel, agás as de carácter vitalicio, e de alto rendemento deportivo, as persoas adestradoras, técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras de alto nivel deportivo deberán:
a) Formar parte das seleccións deportivas galegas cando sexan seleccionadas e participar nos campionatos galegos da súa especialidade deportiva.
b) Participar nas actividades de promoción do deporte que organice o órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte.
c) Participación da persoa recoñecida, sen compromiso dos dereitos á propia imaxe, en proxectos públicos de difusión e estímulo da práctica deportiva por requirimento da Administración xeral da Comunidade Autónoma e do sector público autonómico.
d) Promover a súa condición de persoa deportista de alto nivel ou alto rendemento, de persoa adestradora, técnica ou xuíz e xuíza e árbitro e árbitra de alto nivel deportivo.
e) Colaborar coa Administración xeral da Comunidade Autónoma e do sector público autonómico nos proxectos relacionados coa promoción da práctica deportiva, así como naquelas actividades que promovan estilos de vida saudable e a igualdade de xénero ou a integración de diversos colectivos.
f) Ser portadores dos valores do xogo limpo, de acordo cos principios do movemento olímpico.
g) Comunicarlle ao órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte a modificación de calquera circunstancia, tanto obxectiva como subxectiva, que afecte calquera dos requisitos exixidos para o dito recoñecemento, así como a concorrencia dalgún dos restantes supostos que impliquen a perda do recoñecemento, no prazo máximo dun mes desde que se produza ou, de ser o caso, adquira firmeza.
2. Os árbitros e árbitras e xuíces e xuízas de alto nivel e os e as deportistas de alto nivel de carácter vitalicio deberán cumprir o recollido no número anterior, agás o establecido na letra a).
3. As obrigas establecidas no presente artigo relativas á participación e colaboración non serán exixibles nos casos de coincidencia de datas con campionatos oficias estatais ou internacionais, ou ben que a súa participación con carácter obrigatorio puidese interferir de forma negativa na súa programación de adestramentos cara a unha competición concreta ou na actividade formativa ou laboral.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Plans e Programas
Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas) - 2ª andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996367/ 881996360
Fax: 881996368
Email: monica.carballo.miguez@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A solicitude poderase presentar en calquera momento desde a obtención dos méritos deportivos que a fundamentan. A data de presentación da solicitude incidirá, de ser o caso, no cómputo do período de vixencia do recoñecemento da condición de alto nivel ou de alto rendemento deportivo conforme o disposto no artigo 14.
1. Para a obtención das condicións de alto nivel e alto rendemento deportivo, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter nacido en Galicia ou ter a veciñanza administrativa nun municipio de Galicia ininterrompidamente desde, polo menos, un ano antes á obtención dos méritos deportivos en que se fundamente a solicitude. Excepcionalmente, non se exixirá a antigüidade na veciñanza administrativa a aquelas persoas que acrediten ter residido durante a súa etapa de formación deportiva en Galicia por un período de dous anos consecutivos ou tres alternos, e enténdese por etapa de formación deportiva o período comprendido entre os 8 e os 17 anos, ambos incluídos.
b) Ter 16 anos feitos na data de presentación da solicitude. Este requisito non será exixible nos supostos que se determinen por orde da persoa titular da consellería competente en materia de deporte en atención á modalidade e ás especiais características de determinadas prácticas deportivas.
c) Estar en posesión de licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva galega. Excepcionalmente, debido á inexistencia da federación ou da modalidade e/ou especialidade deportiva na Comunidade Autónoma, á imposibilidade xustificada de obter licenza na Comunidade Autónoma, así como a outras causas xustificadas, a persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte poderá aceptar, de forma motivada, que a licenza deportiva presentada para o recoñecemento estea expedida por unha federación deportiva española ou doutra comunidade autónoma.
d) Non estar cumprindo no momento da presentación da solicitude de recoñecemento:
1º. Sanción disciplinaria deportiva firme na vía administrativa pola comisión dunha infracción de carácter grave ou moi grave.
2º. Sanción administrativa firme en materia administrativa-deportiva pola comisión dunha infracción de carácter grave ou moi grave.
3º. Sanción administrativa firme na vía administrativa por dopaxe.
e) Ter domicilio fiscal en España.
f) Non estar cumprindo no momento de presentación da solicitude condena en virtude de sentenza xudicial firme pola comisión dun delito ou non ter sido condenado en virtude de sentenza xudicial firme pola comisión dun delito relacionado co ámbito deportivo ou coa violencia de xénero, así como por delitos contra a liberdade e a indemnidade sexuais.
g) No caso das persoas adestradoras e técnicas, deberán estar en posesión do título de grao ou licenciatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou equivalente ou técnico deportivo superior ou equivalente. A Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo e do rendemento deportivo de base poderá exceptuar motivadamente este requisito, tendo en conta a traxectoria deportiva de relevancia das persoas solicitantes.
2. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas solicitantes deberán acreditar os criterios técnico-deportivos que deberán ser aprobados, para os efectos do presente decreto, por orde da persoa titular da consellería competente en materia de deporte en función dos resultados deportivos e categorías, número de participantes nas probas e grao de participación da persoa solicitante, ránkings, proxección, nivel deportivo, expectativas de progreso e interese para o deporte galego, a través da obtención de recoñecementos similares estatais ou doutras comunidades autónomas, e polas participacións e a obtención de medallas olímpicas e paralímpicas.
3. Con relación ao disposto no número anterior, para o alto nivel deportivo valoraranse, no relativo aos resultados deportivos, as probas de máis alto nivel de cada modalidade/especialidade deportiva, como os campionatos de España, campionatos de Europa, campionatos do mundo, xogos olímpicos e paralímpicos, así como, de ser o caso, os ránkings oficiais, os elaborados polas federacións deportivas españolas ou polas federacións deportivas internacionais recoñecidas polo Comité Olímpico Internacional ou polo Comité Paralímpico Internacional.
1. O procedemento iniciarase por solicitude da persoa interesada dirixida ao órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo normalizado que figura como anexo I.
2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia da licenza federativa deportiva vixente.
b) Certificado expedido pola correspondente federación sobre os criterios técnico-deportivos, segundo os modelos normalizados que se inclúen como anexos II, III e IV.
c) Nos casos de resultados en deportes de equipo, deberá achegarse certificado federativo da pertenza da persoa solicitante ao equipo.
d) De ser o caso, copia do documento que acredite o recoñecemento como deportista de alto nivel ou de alto rendemento deportivo polo Consello Superior de Deportes.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente, agás que a persoa interesada manifeste a súa oposición á consulta, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante.
e) Certificado expedido pola Administración tributaria relativo ao domicilio fiscal.
f) Títulos das persoas adestradoras e técnicas, referidos na letra g) do artigo 5.1.
g) Certificado de antecedentes penais.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán realizarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia (DOG nº 197 do 29 de setembro de 2020).
-
Resolución do 23 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas de alto nivel de Galicia, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 222 do 3 de novembro de 2020).
-
Resolución do 26 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas de alto nivel de Galicia, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 66 do 9 de abril de 2021).
-
Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado (DOG nº 121 do 28 de xuño de 2021).
-
Resolución do 30 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 138 do 21 de xullo de 2021).
-
Resolución do 14 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 143 do 28 de xullo de 2021).
-
Resolución do 12 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia, así como as solicitudes desestimadas e a causa. (DOG nº 225 do 23 de novembro de 2021).
-
Resolución do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos recoñecementos dos núcleos de adestramento deportivo especializado no ano 2021.(DOG nº 242 do 20 de decembro de 2021).
-
Resolución do 10 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de persoas deportistas recoñecidas como deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia.(DOG nº 246 do 24 de decembro de 2021).
-
Resolución do 4 de abril de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 73 do 18 de abril de 2022).
-
Resolución do 9 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2022).
-
Resolucion do 17 de xuño de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2022).
-
Resolución do 2 de novembro de 2022 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 216 do 14 de novembro de 2022).
-
Resolución do 15 de novembro de 2022 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 223 do 23 de novembro de 2022).
-
Corrección de erros. Resolución do 15 de novembro de 2022 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 224 do 24 de novembro de 2022).
-
Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes rexeitadas e a causa. (DOG nº 8 do 12 de xaneiro de 2023).
-
Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2023).
-
Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 83 do 2 de maio de 2023).
-
Resolución do 26 de maio de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 106 do 6 de xuño de 2023).
-
Resolución do 22 de xuño de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 124 do 30 de xuño de 2023).
-
Resolución do 12 de xullo de 2023 pola que se publica a relación vixente de persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos (DOG nº 139 do 21 de xullo de 2023).
-
Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos.(DOG nº 145 do 1 de agosto de 2023).
-
Resolución do 20 de decembro de 2023 pola que se recoñece ás persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas e ás persoas xuízas-árbitras a condición deportiva de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa.(DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se lles recoñece ás persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas e ás persoas xuízas e árbitras a condición deportiva de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 51 do 12 de marzo de 2024).
-
Resolución do 15 de marzo de 2024 pola que se publica a relación vixente de persoas deportistas de alto nivel, alto nivel vitalicio, alto rendemento, rendemento deportivo de base, xuíces, árbitros e técnicos (DOG nº 60 do 25 de marzo de 2024).
-
Resolución do 10 de maio de 2024 pola que se recoñece ás persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas e ás persoas xuízas-árbitras a condición deportiva de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 97 do 21 de maio de 2024).
-
Resolución do 21 de xuño de 2024 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 128 do 3 de xullo de 2024).
-
Resolución do 26 de xullo de 2024 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento, e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas, persoas xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 150 do 5 de agosto de 2024).
-
Resolución do 17 de setembro de 2024 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, as persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes rexeitadas e a súa causa (DOG nº 183 do 23 de setembro de 2024).
-
Resolución do 27 de novembro de 2024 pola que sen recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, as persoas adestradoras ou técnicas, as xuízas e as árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a súa causa (DOG nº 235 do 5 de decembro de 2024).
-
Resolución do 20 de decembro de 2024 pola que se publica a relación vixente de persoas deportistas de alto nivel, de alto nivel vitalicio, alto rendemento, rendemento deportivo de base, xuíces, árbitros e técnicos (DOG nº 249 do 27 de decembro de 2024).
-
Resolución do 25 de febreiro de 2025 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.
Aberto todo o ano
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.
Aberto todo o ano